Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2020

Parlamentarios tudenses (e XII): José Calvo Sotelo e Rosendo Bugarín Domínguez

Rematamos hoxe este longa serie de artigos sobre os tudenses que acadaron unha cadeira nas Cortes Españolas cunha referencia a outro político natural de Tui que comeza a súa traxectoria política, curta pero intensa, en 1919 resultando electo deputado polo distrito de O Carballiño, tratase de José Calvo Sotelo. Caricatura do José Calvo Sotelo de Eduardo Padín, publicada en "Faro de Vigo" 15.05.1929 Calvo Sotelo nace en Tui o 6 de maio de 1893,   na Corredoira número 59, fillo do xuíz Pedro Calvo. A súa casa atópase actualmente en ruínas e apuntalada. Viviu en Tui ata os sete anos pois os traslados profesionais do seu pai o levan a estudiar bacharelato en Coruña e Lugo e cursar de seguido Dereito nas universidades de Zaragoza e Madrid. En 1914 entrou como oficial de Administración no Ministerio de Gracia e Xustiza e en 1916 gaña as oposicións á avogacía do Estado e no ano seguinte foi nomeado profesor auxiliar na Facultade de Dereito da Universidade madrileña. Casa natal de J