Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2019

O sistema amurallado tudense (II): a falsa braga ou barbacana do século XV-XVI

Continuamos publicando en “Tudensia” os artigos que publico na sección “Porta das Trabancas” no diario dixital “Comarcas na rede”. Na primeira entrega falabamos da muralla tudense en época medieval e como este sistema fortificado aínda está presente na configuración urbana de Tui e podemos ollalo en diversos lugares da nosa cidade.

Como sinala Iglesias Almeida “parece que la muralla tudense quedó, a lo menos en su principio, bajo el dominio real. De esta manera se entiende que los judíos tuviesen su Sinagoga junto a la misma en la antigua zona de A Oliveira, circunstancia que de una manera general se daba en la mayoría de las ciudades españolas como acogimiento de este colectivo humano bajo el directo poder real, fruto de substanciosos tributos”.
Ao longo da Idade Media o mantemento da muralla foi obxecto de múltiples polémicas ao estar compartido entre o Cabido da catedral e o Concello. O 2 de agosto de 1419 o bispo Juan Fernández de Soutomaior II convoca ao Cabido da Catedral e ao Con…