Ir al contenido principal

O sistema amurallado tudense (II): a falsa braga ou barbacana do século XV-XVI


Continuamos publicando en “Tudensia” os artigos que publico na sección “Porta das Trabancas” no diario dixital “Comarcas na rede”. Na primeira entrega  falabamos da muralla tudense en época medieval e como este sistema fortificado aínda está presente na configuración urbana de Tui e podemos ollalo en diversos lugares da nosa cidade.


Como sinala Iglesias Almeida “parece que la muralla tudense quedó, a lo menos en su principio, bajo el dominio real. De esta manera se entiende que los judíos tuviesen su Sinagoga junto a la misma en la antigua zona de A Oliveira, circunstancia que de una manera general se daba en la mayoría de las ciudades españolas como acogimiento de este colectivo humano bajo el directo poder real, fruto de substanciosos tributos”.

Ao longo da Idade Media o mantemento da muralla foi obxecto de múltiples polémicas ao estar compartido entre o Cabido da catedral e o Concello. O 2 de agosto de 1419 o bispo Juan Fernández de Soutomaior II convoca ao Cabido da Catedral e ao Concello pata tratar sobre a reparación da muralla e as súas portas e as quendas de vixilancia; aínda que os responsables municipais argumentaban que os responsable eran o Bispo e Cabido ao ser unha cidade de señorío episcopal, sen embargo se acada un acordo de reparto dos custes das reparacións alternativamente. Será un tema constante de conflitos e mesmo o Cabido apela a Roma contra as esixencias de mantemento e vixilancia da muralla pero sen conseguir cambiar o establecido.

Os continuos episodios bélicos co reino de Portugal e as loitas nobiliares do século XV, que teñen como principais expoñentes a ocupación da cidade polos irmandiños en 1467 e o prolongado enfrontamento entre Pedro Álvarez de Soutomaior (“Pedro Madruga”) e o bispo Diego de Muros que chegará ata 1482 coa derrota do Conde de Camiña, provocan unha grande crise na cidade e nos seus equipamentos, entre eles a muralla. Como di o propio bispo Diego de Muros tras recuperar o control da cidade: "esta padeció muchos males e dannos, robos e muerte de vezinos, de manera que ha venido casi en despoblación e tan grande disminución de lo que solía ser que non tiene semblante nin apariencia de cibdad”.

No século XV asistimos a aparición de novas técnicas militares que provocan novas necesidades defensivas que modificaran substancialmente a fisionomía do sistema amurallado tudense. A aparición da pólvora e por tanto da artillería e o uso de canóns nos ataques militares deixan obsoleto o sistema amurallado medieval e obrigan a unha remodelación do mesmo.

Ao redor de 1443 se inicia a transformación destas murallas coa edificación dunha serie de fortes e baterías para aumentar a defensa da Porta do Carballo (ou dos Ferreiros na  documentación medieval) que era a máis próxima á fortaleza de Valença. Pero a modificación máis significativa e que muda o aspecto da muralla tudense  é a construción da “falsa braga”, barbacana ou antemuro baixo que rodea o recinto fortificado medieval. A “falsa braga” tudense rodea por completo á muralla medieval converténdose na primeira liña defensiva da cidade fronte ao fogo da artillería. Este trazado paralelo á muralla medieval permite contar cun amplo paseo de rolda para mobilizar con máis facilidade ás tropas. Agora o importante xa non é a altura dos muros, o principal recurso defensivo nos séculos anteriores; ao contrario os paramentos son baixos, substituíndo o tipo de muralla alta e estreita, con dous paramentos (interior e exterior) incapaz de resistir ao embate da artillería, por un único paramento exterior que en realidade funciona como muro de contención dunha masa de terra que absorbe sen problema os embates dos proxectís.

Temos a sorte de contar cunha imaxe desta “falsa braga” tudense. Trátase do debuxo da cidade de Tui realizado polo portugués Duarte D’Armas arredor de 1510. A imaxe máis antiga que conservamos de Tui. Este debuxo forma parte do denominado “Livro das fortalezas” encargado polo rei portugués Manuel I ao seu escudeiro Duarte D’Armas. O monarca, no seu proxecto centralizador e reformador, encárgalle a Duarte D’Armas inspeccionar todas as fortalezas da fronteira do reino de Portugal e o seu estado de conservación. O escudeiro percorre toda a fronteira e realiza esbozos en papel e debuxos así como a planta dos castelos, informando das necesidades de cada fortaleza. Visitou 59 poboacións/fortaleza e rematou a súa obra no ano 1510.

Deste Livro conservamos un debuxo da cidade de Tui e especialmente das súas defensas. Por unha banda a muralla medieval con todas as torres que posuía ao Norte, visible dende a perspectiva do debuxante. Salientan ademais dous elementos. A denominada coraça, coiraza ou coracha. No caso tudense esta estrutura medieval estaba formada por dobre muro con parapetos e almeas rematando nunha torre circular. Esta coiraza permitía o abastecemento de auga da cidade dende o río Miño. Se accedía á mesma dende unha pequena porta inmediata ao Postigo da Ribeira, situado na praza do Pexigo.


No debuxo de Duarte D’Armas comprobamos como esta ante-muralla, ou barbacana, estaba xa completada no lado sur e este da cidade, lugares onde as defensas debían estar en óptimas condicións para repeler os ataques dende as terras do reino de Portugal; descoñecemos se nos outros flancos estaría tamén rematada esta falsa-braga aínda que o lóxico sería que asi fose.

A falsa-braga e o espazo inmediato conservouse practicamente ata o século XIX, a pesar da edificación do sistema amurallado do século XVII (do que nos ocuparemos na seguinte entrega). Así o podemos observan nun plano de 1892 de Josef Lafuente que describe integramente esta barbacana dende a Porta do Carballo ata a zona de San Domingos (redebuxado por Jaime Garrido, a quen lembramos con agarimo)


No século XIX a inexistencia de conflitos militares e o progreso das cidades implica a desaparición das murallas e os sistemas defensivos que permiten a ampliación do recinto urbanizado, a creación de novos espazos e servizo públicos e ingresos á Facenda pública ao realizar, en moitos casos, procesos de poxa pública por estes terreos defensivos.

No caso tudense a reforma e apertura da Praza do Comestible, que comunicaba a Porta da Pía coa Corredeira polo norte, foi realizada sobre os espazos da falsa-braga; sobre o espazo que ocupaba esta barbacana se constrúe un novo acceso á cidade como será a rúa Nova, paralela á muralla medieval e construída sobre a mesma  colmatando parcialmente o foxo da muralla medieval.


Hoxe esta barbacana ou falsa-braga aínda é posible recoñecela parcialmente na zona do Paseo fluvial e nalgúns tramos do sur, na zona do Piñeiro e actual Rúa Martínez Padín, reutilizada moi facilmente como bancal ou socalco como podemos observas nas fotografías. Estas imaxes evidencian tamén a necesidade dunha intervención non xa para a limpeza destas áreas históricas (algo urxente pois oculta completamente a visión das mesmas) senón para garantir a conservación destes elementos históricos do noso sistema amurallado hoxe moi alterados pero que unha intervención axeitada, eliminando materiais que degradan estes espazos posibilitaría unha visión máis axustada á historia e evolución da fortificación tudense.






Comentarios

Publicación populares

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall...

A lenda do túnel baixo o MIño

As lendas ou narracións populares, transmitidas oralmente, relatan xeralmente acontecementos ficticios que se teñen por reais, en moitas ocasións mesturados con feitos históricos. Pola súa capacidade de evocación, pola súa transmisión xeracional as lendas conforman un acervo do que chamamos patrimonio inmaterial que cómpre recoller e preservar. Na nosa cidade conservamos varias lendas vencelladas ao caracter histórico da nosa localidade, ao seu caracter fronteirizo e consecuentemente a súa fortificación fronte aos posibles invasores. A máis asentada no imaxinario colectivo tudense é a relativa ao “túnel” que comunica Tui coa outra beira do Miño, coas terras de Valença. Resulta moi significativa esta lenda pois testemuña como na mentalidade dos tudenses a fronteira e a súa condición de limite, de aillamento fronte ao estranxeiro era superada polas nosas xentes que a través do túnel escapaban destas “imposicións” e mantiñan a comunicación coas terras irmáns que as estructuras políticas ...

Agrarios tudenses en "El Agrario" de Buenos Aires de 1923

Fundadores da "Sociedad Agraria" de Paramos (en pose para El Agrario) De esquerza a dereita b(en pé), cidadáns Hermenegildo Gándara Estévez e Manuel Alem; sentados Simplicio Fernández Rivas, Hermenegildo Alem Rocha e Jesús Fernández Rivas Temos comentado en numerosas oportunidades neste blog o escaso coñecemento que posuímos sobre a historia mais recente do noso concello. Entre os episodios que conforman este período histórico máis recente está o movemento agrarista que na última década do século XIX e nas primeiras do pasado século mobilizou aos labregos de Galicia na procura do acceso á propiedade da terra (ata daquela os nosos campesiños eras foreiros, tiñan o usufructo inmemorial dunhas leiras que non eran súas) e consecuentemente a mellora das condicións de vida destas masas populares. Será o movemento agrarista o que adquira neste anos un progresivo protagonismo fronte ao caciquismo conservador que dominaba a vida política da comarca de Tui coa figura ...

A Semana Santa tudense e as súas posibilidades

Xa na noite do Venres Santo xorde de novo unha reflexión sobre a Semana Santa tudense, pois quizais na nosa cidade non chegamos albiscar as súas potencialidades como elemento que forma parte do noso acervo patrimonial que temos a responsabilidade de conservar, sen privala da súa dimensión relixiosa, e dende esta valorización é tamén un posible recurso turístico para Tui, pois poucos lugares de Galicia teñen unha riqueza similar nestas xornadas. Neste mesmo blogue temos sinalado que inmediata celebración das festas patronais de San Telmo distorsiona a visión destas xornadas de celebración do misterio pascual de Xesús, configuradas como un preludio das festas e, consecuentemente, infravaloradas non xa na súa dimensión espiritual senón na súa significación cultural. Cómpre valorizar as actividades litúrxicas ou para-litúrxicas destas datas, pois, independentemente da súa significación relixiosa ou espiritual, conservan requintadas expresións da nosa historia colectiva da que somos...

"A Trapa" a segunda cova granítica máis grande de Europa descoberta en Ribadelouro

O pasado sábado 9 de abril nunha conferencia pronunciada en Tui Clube Espeleolóxico “Maúxo” presentou un descubrimento certamente importante: “A Trapa” a segunda cova granítica máis grande de Europa, que se atopa na parroquia de Ribadelouro nas abas do Monte Aloia. Un descubrimento de especial relevancia para a xeoloxia e para a arqueoloxia da nosa terra, e que incrementa o valor que sa posuía esta zona inmediata ao Parque Natural do Monte Aloia. Cómpre agora impulsar o proxecto de ampliación territorial deste Parque abranguendo a Serra do Galiñeiro –por certo, ameazada na actualidade pola prevista instalación dun parque eólico-. Felicitamos ao Clube Espeleolóxico “Maúxo” polo seu labor e por aportarnos este relevante descobrimento. Achegamos un artigo publicado no día de onte na edición Galicia de “El País” como información sobre este achado. Una trampa de 1.200 metros Expertos descubren la segunda cueva más grande de Europa en O Galiñeiro SARA VILA - Santiago - 21/04/2011...

Ricardo Blanco Cicerón

O pasado martes 15 de decembro foi inaugurada no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, unha exposicion que co titulo de “Olladas dunha época” recolle unha escolma das fotografias do chamado “Fondo Blanco-Cicerón” que se custodia no devandito Museo. Como podemos comprobar na portada do catálogo que acompaña a este “post” a cidade de Tui é unha das protagonistas desta mostra que amosa unha selección das fotografías que conformaban a colección de Ricardo Blanco-Cicerón (Tui 1844 – Santiago 1926). Son na súa meiranda parte instantáneas da época do cambio de século, entre 1890-1910, e que respostan ao interese coleccionista de D. Ricardo que conformou ao longo da súa vida a, posiblemente, a máis ampla colección de caracter cultural que teña existido en Galicia: obxectos prehistóricos, artísticos, etc. que nutren hoxe en boa medida os museos da nosa terra. Esta mostra organizada conxuntamente polo Museo do Pobo Galego e o Centro Galego de Artes da Imaxe poderá ser visitada ...

Yzquierdo Durán, ilustrador tudense. Breve noticia.

Jose Yzquierdo Durán foi un popular ilustrador que radicado en Madrid realizou, nas primeiras décadas do século XX unha prolífica producción en todo tipo de publicacións, tanto periódicas como en libros. Son moi escasas as noticias sobre a súa traxectoria que poidemos acadar non así imaxes da súas obras, que ocupan as portadas de numerosas edicións das segunda e terceira décadas do pasado século. O erudito Manuel Fernández-Valdés no seu excepcional libro “Familias antiguas de Tuy” nos informa que Jose Izquierdo Durán era fillo do avogado tudense José Izquierdo Sarmiento, que foi secretario do Concello tudense, e de Concepción Durán Mera, dunha familia de longa tradición na cidade. Tiveron tres fillos, Celso, que foi crego ocupando, entre outras, a parroquia de Piñeiro, Pilar, que foi directora moitos anos do “Hogar Rosendo Salvado” dependente do Auxilio Social nos anos da ditadura, e José, de quen hoxe nos ocupamos. José Izquierdo Durán naceu en Tui no anos 1890 e desenvolveu en Madrid...