Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2022

Feliz día de San Telmo, co pregón das festas de 1963 por José Casal Aboy

  Dende “Tudensia” queremos facer chegar aos nosos lectores e a todos os tudenses os nosos votos por unha feliz xornada de San Telmo, o patrono da nosa cidade e diocese. San Telmo, retablo no Alcazar de Sevilla. Autor: Alejo Fernández, sec. XVI A celebración desta festividade é, xunto á devota celebración do patrocinio e intercesión que sobre a nosa cidade e persoas exerce con agarimo Frei Pedro González, unha rememoración do noso espírito colectivo que dende hai case oito séculos ten nestas festas a súa expresión máis requintada, nestas datas pascuais revitalizamos anualmente as xentes de Tui as nosas esencias comúns que, como fíos dunha urda, nos entrelazan e ligan, coa historia e co presente, creando un fermoso tapiz, que entre tecemos e que envolve a nosa existencia colectiva. Recuperamos, neste ano 2022, un vello texto do pregón das festas de 1963 realizado polo médico José Casal Aboy e que foi publicamos no Boletín Informativo do Centro de Iniciativas e Turismo de Tui (ano II

Un artigo de Alvaro Cunqueiro sobre Tui, ano 1951

A figura de Alvaro Cunqueiro suscita entre todos o recoñecemento a un egrexio escritor e xornalista que nos ten legado algunha das paxinas mais fermosas e creativas da nosa literatura contemporánea. O seu amplo coñecemento humanístico e o seu estilo fabulador están sempre na base dos seus escritos. Achegamos hoxe un breve artigo de Alvaro Cunqueiro sobre a nosa cidade publicado no xornal “Faro de Vigo”, no que comeza a colaborar en 1948, se traslada dende o seu Mondoñedo natal a Vigo no ano 1960 pasando a ser redactor de plantilla do xorrnal vigués en 1961, subdirector de 1964 a 1965 e director entre 1965 e 1970. Alvaro Cunqueiro estaba ligado por lazos familiares á cidade de Tui pois unha irmá da súa muller, Elvira González-Seco Seoane, residía en Tui. Falamos de Paulina González-Seco Seoane que chega a Tui xunto ao seu esposo o médico compostelán, José Casal Aboy, que dende 1960 ocupa a praza de médico titular na nosa cidade. Casal Aboy desenvolverá na nosa cidade, xunto á súa de