Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2009

Encol da fundación de Tui por Diomedes de Etolia

Diomedes de Etolia (Glyptothek de Munich)

Hai algunhas datas un lector deste blogue solicitaba que abordasemos nestas liñas dous temas de interese para a historia tudense: a fundación mítica da cidade polo heroe grego Diomedes e a autoria de G. Eiffel da nosa ponte internacional. Dous temas certamente de trascendencia e onde funciona unha transmisión acrítica da nosa historia.
Abordaremos hoxe o tema da fundación grega da nosa cidade por Diomedes un heroe grego que xeralmente é admitido como fundador na nosa cidade, á que designou co nome do seu pai, o rei Tydeo. Conservamos na actualidade no rueiro tudense o “Cantón de Diomedes” ou a rúa “Tide” e o noso equipo de fútbol máis representativo leva o mesmo nome de Tyde. Pero cómpre non trabucarse, pois non por repetida ou reiterada unha afirmación é correcta ou corresponde coa realidade histórica. Pero tamén é certo que esta atribución fundacional está realizada nun contexto histórico concreto que debemos recoñecer para comprendela e valo…

Tui en Nova Zelanda

Este xoves publicaban os xornais La Voz de Galicia e El Pais, edición Galicia, senllos artigos sobre unha organización daquela illa das nosa antípodas, Underwater Heritage, que tenta xustificar a súa hipótese de que foron os galegos os primeiros en chegar ata aquelas terras posiblemente no século XVI moito antes que Tasman, que chega en 1624, ou Cook cuxa expedición data de 1769.
Un dos elementos cos que traballan esta agrupación, cunha delegación que nestes días visitou Galicia, ten relación coa nosa cidade de Tui. Otro nombre de la geografía gallega que también tiene eco en el otro lado del mundo es el de Tui, que en Nueva Zelanda es como se conoce en lengua maorí a un pájaro de la especie Prosthemadera novaeseelandiae. El pasado martes, la expedeción neozelandesa se desplazo a la localidad fronteriza con Portugal para buscar más conexiones, aunque sin demasiado éxito
A súa teoría é que un dos barcos da expedición que dirixia García Jofre de Loaísa que partiu da Coruña en 1525 para …