Ir al contenido principal

Tui en Nova Zelanda

Este xoves publicaban os xornais La Voz de Galicia e El Pais, edición Galicia, senllos artigos sobre unha organización daquela illa das nosa antípodas, Underwater Heritage, que tenta xustificar a súa hipótese de que foron os galegos os primeiros en chegar ata aquelas terras posiblemente no século XVI moito antes que Tasman, que chega en 1624, ou Cook cuxa expedición data de 1769.
Un dos elementos cos que traballan esta agrupación, cunha delegación que nestes días visitou Galicia, ten relación coa nosa cidade de Tui. Otro nombre de la geografía gallega que también tiene eco en el otro lado del mundo es el de Tui, que en Nueva Zelanda es como se conoce en lengua maorí a un pájaro de la especie Prosthemadera novaeseelandiae. El pasado martes, la expedeción neozelandesa se desplazo a la localidad fronteriza con Portugal para buscar más conexiones, aunque sin demasiado éxito
A súa teoría é que un dos barcos da expedición que dirixia García Jofre de Loaísa que partiu da Coruña en 1525 para explorar as illas das Molucas e da que formaban parte Juan Sebastián Elcano ou Andres de Urdenta chegou ata Nova Zeanda. Daquela expedición, na que morreron tanto Loaísa coma Elcano, so unha nave, Santa María da Victoria chegou ata as Molucas e tras loitar cos portugueses case un ano, retornaron nunha durisima viaxe na que só ficaron con vida 24 homes. Segundo os amigos de Underwater Heritage houbo unha nao, San Lesmes, que chegou ata Nova Zelanda e mesmo está afundido na súa costa. Boa parte da expedición do San Lesmes era galega, e xustificaría que unha localidade de costa oeste chámese Aranga, nome sen tradución en maorí, ou que este paxáro endémico naquelas illas, reciba o nome de Tui.



Estes paxaros, o Tui, caracterízanse por unha boliña de plumas brancas que portan no seu pescozo e por seren capaces de imitar e repetir con grande claridade palabras e frases humanas, a semellanza dos loros. O interesado en coñecer máis deste paxaro pode consultar, por exemplo, a entrada da Wiki: http://es.wikipedia.org/wiki/Prosthemadera_novaeseelandiae. Interesante aportación sobre o noso toponimo agora identificado cun termo maori referido a un paxaro.
Curiosa esta teoría que recollemos nas paxinas de Tudensia, agardando a opinión dos nosos lectores. Por mágoa non coñecimos na súa visita a Tui ao investigadorr Winston Cowie e os seus acompañantes pois a súa hopotese, aínda que arriscada, non deixa de ter o seu aquel de interese e de verosimilitude e cómpre profundizar nesta liña. Ao fin e ao cabo este mundo, aínda con distancias tan enormes coma os que nos afastan de Nova Zelanda non deixa de ser pequeno de máis para a capacidade de iniciativa de tantos homes e mulleres, abonde con citar, a xeito de exemplo e por continuar polas terras dos nosos antípodas, a Rosendo Salvado.
Os enlaces aos artigos periodísticos por se alguen estivese interesado son:
La Voz de Galicia:
http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2009/07/02/0003_7822254.htm
El Pais:
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Nueva/Zelanda/Cook/elpepiautgal/20090702elpgal_17/Tes

Comentarios

Publicación populares

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall...

A lenda do túnel baixo o MIño

As lendas ou narracións populares, transmitidas oralmente, relatan xeralmente acontecementos ficticios que se teñen por reais, en moitas ocasións mesturados con feitos históricos. Pola súa capacidade de evocación, pola súa transmisión xeracional as lendas conforman un acervo do que chamamos patrimonio inmaterial que cómpre recoller e preservar. Na nosa cidade conservamos varias lendas vencelladas ao caracter histórico da nosa localidade, ao seu caracter fronteirizo e consecuentemente a súa fortificación fronte aos posibles invasores. A máis asentada no imaxinario colectivo tudense é a relativa ao “túnel” que comunica Tui coa outra beira do Miño, coas terras de Valença. Resulta moi significativa esta lenda pois testemuña como na mentalidade dos tudenses a fronteira e a súa condición de limite, de aillamento fronte ao estranxeiro era superada polas nosas xentes que a través do túnel escapaban destas “imposicións” e mantiñan a comunicación coas terras irmáns que as estructuras políticas ...

Agrarios tudenses en "El Agrario" de Buenos Aires de 1923

Fundadores da "Sociedad Agraria" de Paramos (en pose para El Agrario) De esquerza a dereita b(en pé), cidadáns Hermenegildo Gándara Estévez e Manuel Alem; sentados Simplicio Fernández Rivas, Hermenegildo Alem Rocha e Jesús Fernández Rivas Temos comentado en numerosas oportunidades neste blog o escaso coñecemento que posuímos sobre a historia mais recente do noso concello. Entre os episodios que conforman este período histórico máis recente está o movemento agrarista que na última década do século XIX e nas primeiras do pasado século mobilizou aos labregos de Galicia na procura do acceso á propiedade da terra (ata daquela os nosos campesiños eras foreiros, tiñan o usufructo inmemorial dunhas leiras que non eran súas) e consecuentemente a mellora das condicións de vida destas masas populares. Será o movemento agrarista o que adquira neste anos un progresivo protagonismo fronte ao caciquismo conservador que dominaba a vida política da comarca de Tui coa figura ...

A Semana Santa tudense e as súas posibilidades

Xa na noite do Venres Santo xorde de novo unha reflexión sobre a Semana Santa tudense, pois quizais na nosa cidade non chegamos albiscar as súas potencialidades como elemento que forma parte do noso acervo patrimonial que temos a responsabilidade de conservar, sen privala da súa dimensión relixiosa, e dende esta valorización é tamén un posible recurso turístico para Tui, pois poucos lugares de Galicia teñen unha riqueza similar nestas xornadas. Neste mesmo blogue temos sinalado que inmediata celebración das festas patronais de San Telmo distorsiona a visión destas xornadas de celebración do misterio pascual de Xesús, configuradas como un preludio das festas e, consecuentemente, infravaloradas non xa na súa dimensión espiritual senón na súa significación cultural. Cómpre valorizar as actividades litúrxicas ou para-litúrxicas destas datas, pois, independentemente da súa significación relixiosa ou espiritual, conservan requintadas expresións da nosa historia colectiva da que somos...

"A Trapa" a segunda cova granítica máis grande de Europa descoberta en Ribadelouro

O pasado sábado 9 de abril nunha conferencia pronunciada en Tui Clube Espeleolóxico “Maúxo” presentou un descubrimento certamente importante: “A Trapa” a segunda cova granítica máis grande de Europa, que se atopa na parroquia de Ribadelouro nas abas do Monte Aloia. Un descubrimento de especial relevancia para a xeoloxia e para a arqueoloxia da nosa terra, e que incrementa o valor que sa posuía esta zona inmediata ao Parque Natural do Monte Aloia. Cómpre agora impulsar o proxecto de ampliación territorial deste Parque abranguendo a Serra do Galiñeiro –por certo, ameazada na actualidade pola prevista instalación dun parque eólico-. Felicitamos ao Clube Espeleolóxico “Maúxo” polo seu labor e por aportarnos este relevante descobrimento. Achegamos un artigo publicado no día de onte na edición Galicia de “El País” como información sobre este achado. Una trampa de 1.200 metros Expertos descubren la segunda cueva más grande de Europa en O Galiñeiro SARA VILA - Santiago - 21/04/2011...

Ricardo Blanco Cicerón

O pasado martes 15 de decembro foi inaugurada no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, unha exposicion que co titulo de “Olladas dunha época” recolle unha escolma das fotografias do chamado “Fondo Blanco-Cicerón” que se custodia no devandito Museo. Como podemos comprobar na portada do catálogo que acompaña a este “post” a cidade de Tui é unha das protagonistas desta mostra que amosa unha selección das fotografías que conformaban a colección de Ricardo Blanco-Cicerón (Tui 1844 – Santiago 1926). Son na súa meiranda parte instantáneas da época do cambio de século, entre 1890-1910, e que respostan ao interese coleccionista de D. Ricardo que conformou ao longo da súa vida a, posiblemente, a máis ampla colección de caracter cultural que teña existido en Galicia: obxectos prehistóricos, artísticos, etc. que nutren hoxe en boa medida os museos da nosa terra. Esta mostra organizada conxuntamente polo Museo do Pobo Galego e o Centro Galego de Artes da Imaxe poderá ser visitada ...

Yzquierdo Durán, ilustrador tudense. Breve noticia.

Jose Yzquierdo Durán foi un popular ilustrador que radicado en Madrid realizou, nas primeiras décadas do século XX unha prolífica producción en todo tipo de publicacións, tanto periódicas como en libros. Son moi escasas as noticias sobre a súa traxectoria que poidemos acadar non así imaxes da súas obras, que ocupan as portadas de numerosas edicións das segunda e terceira décadas do pasado século. O erudito Manuel Fernández-Valdés no seu excepcional libro “Familias antiguas de Tuy” nos informa que Jose Izquierdo Durán era fillo do avogado tudense José Izquierdo Sarmiento, que foi secretario do Concello tudense, e de Concepción Durán Mera, dunha familia de longa tradición na cidade. Tiveron tres fillos, Celso, que foi crego ocupando, entre outras, a parroquia de Piñeiro, Pilar, que foi directora moitos anos do “Hogar Rosendo Salvado” dependente do Auxilio Social nos anos da ditadura, e José, de quen hoxe nos ocupamos. José Izquierdo Durán naceu en Tui no anos 1890 e desenvolveu en Madrid...