Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2009

Aires de Outono

Nestas últimas datas “Tudensia” ten espaciado amplamente as suas achegas, polo que pedimos disculpas e comprensión aos nosos lectores. Por mágoa non é posible dedicarlle a este blog o tempo que precisa. Pero afortunadamente este motivo ofrece a posibilidade de editar textos que poden resultar de máis interese que as nosas entradas. Hoxe publicamos un pequeno, pero sustancioso, texto sobre esta época do ano na que estamos da autoria de Manuel Fernández Valdés, cronista oficial de Tui e unha das máis egrexias personalidades da na cultura tudense no século XX. Nalgun momento, dun futuro non lonxano, temos de dedicarlle a Fernández Valdés a atención que precisa en “Tudensia” pois estamos diante dun prolífico investigador, especialmente da prehistoria tudense e galega, incansable divulgador da nosa historia e divulgador do noso patrimonio. O texto de Fernández-Valdés recupera as vellas costumes tudense desta época do ano, que conforman o noso folclore tradicional e que compre non esquecer

O esencieiro tudense

Hoxe lúns, 12 de outubro de 2009, unha solemne Eucarista de acción de gracias, presidida polo Ministro Xeral da Orde Franciscana, Fr. Xosé Rodríguez Carballo, pechará os actos conmemorativos do V Centenario das Clarisas Tudenses, iniciados hai agora un ano coa entrega ás “Encerradas” da Medalla de Ouro da Cidade. Dende Tudensia queremos sumarnos a este feliz acontecemento con este artigo publicado, hai agora un ano, no xornal electrónico “Vigo Matropolitano”. O ESENCIEIRO TUDENSE A histórica cidade de Tui asentada nas ribeiras do Miño posúe unha rexa personalidade forxada no percorrido dos séculos, das conquistas, dos avatares da fronteira.... No alto da colina de pedra, coma dicía o lembrado Eliseo Alonso, xunto da Catedral, a paisaxe petrea da acrópole tudense énchese coa presenza do mosteiro das Clarisas que descansa sobre o solar da Torre Vella e de Santa María da Oliveira na que tiveron morada os bispos tudenses polo século XII. Ollar este convento que fala do traballo do tudense

Hai 125 anos que finalizaron as obras da ponte internacional de Pelayo Mancebo

Publica hoxe "LaVoz de Galicia", alomenos nas edicóns de Vigo e Pontevedra un amplo traballo dedicado a conmemorar que o 10 de outubro de 1874 remataron as obras de construcción da ponte internacional de Tui. Con esta ocasión se publica unha columna de opinión sobre o autor deste emblemático punto de unión de tudenses e valencianos, que a voz popular atribuie a Gustave Eiffel, pero que en realidade é unha obra do enxeñeiro calagurritano Pelayo Mancebo e Agreda. Deste xeito damos conta dunha vella petición dun dos seguidores de "Tudensia" UNHA PONTE DE PELAYO MANCEBO A vella ponte internacional tudense, que hoxe lembramos ao cumprírense 125 anos da finalización das súas obras, é un dos símbolos máis recurridos de Galicia, sobre todo para referírmonos ás relacións transfronteirizas cos nosos veciños das terras portuguesas, ao longo de máis dun século esta ponte metálica ten sido a imaxe da comunicación entre dous pobos e entre duas culturas. No rueiro de Tui lembramos

Leandro de Saralegui, un mariño e historiador tudense esquecido

Hai agora un ano ao ler o libro de Xavier Añoveros e Loli Martínez sobre os alcaldes de Tui no século XX chamara xa a miña atención un acordo da Xestora Municipal tudense de 1939, penso que nunca executado, de colocar unha praca na casa natal do “ilustre mariño Leandro de Saralegui, fillo desta cidade co gallo do centenario do seu nacemento”. Aquela referencia suscitou a miña curiosidade pois era un nome do que prácticamente non tiña escoitado falar, agás algunha referenca lonxana a obras de carácter histórico sobre as comarcas do norte de Galicia. A miña sopresa é grande cando pescudando un pouco sobre este autor, atópome que tanto a Gran Enciclopedia Gallega como a “histórica” Enciclopedia Espasa dedicánlle case unha páxina á biografia deste personaxe. Mariño de profesión, no que chega a alcanzar importantes responsabilidades, tralo seu retiro instálase en Ferrol e comeza unha prolífica obra de investigación histórica sobre Galicia e a bisbarra de Ferrol, que aínda na actualidade seg