Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2009

"Un conto de Natal" de Emilio Álvarez Blázquez

Dende "Tudensia" queremos felicitar a todos os nosos seguidores nestas inmediatas festas do Nadal pois, sen dúbida, que o seu alento e participacion neste blog supoñen os mellores azos para continuar nesta andaina de ofrecer esta fiestra aberta á historia de Tui e ás súas tradicións. Para celebrar estas datas ofrecemos de seguido un conto navideño da autoria de Emilio Álvarez Blázquez, posiblemente menos coñecido que os seus irmáns Darío e Xosé María, pero que era un fino escritor e un estupendo poeta aínda que cunha obra máis curta pero non por eso carente de interese. Noutra altura falaremos de Emilio Álvarez Blázquez neste blog, sirva agora este petisco como proba do seu quefacer literario. Que a luz do Enmanuel que celebramos nestas datas alumee na vida de todos. ¡Bo Nadal! Medallón do retábulo de Nosa Señora do Rosario na Igrexa de San Domingos, sec. XVIII CONTO DE NATAL Por Emilio Álvarez Blázquez A mula tíralle o couce, A vaca bótalle o alento; Maldita señas

Ricardo Blanco Cicerón

O pasado martes 15 de decembro foi inaugurada no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, unha exposicion que co titulo de “Olladas dunha época” recolle unha escolma das fotografias do chamado “Fondo Blanco-Cicerón” que se custodia no devandito Museo. Como podemos comprobar na portada do catálogo que acompaña a este “post” a cidade de Tui é unha das protagonistas desta mostra que amosa unha selección das fotografías que conformaban a colección de Ricardo Blanco-Cicerón (Tui 1844 – Santiago 1926). Son na súa meiranda parte instantáneas da época do cambio de século, entre 1890-1910, e que respostan ao interese coleccionista de D. Ricardo que conformou ao longo da súa vida a, posiblemente, a máis ampla colección de caracter cultural que teña existido en Galicia: obxectos prehistóricos, artísticos, etc. que nutren hoxe en boa medida os museos da nosa terra. Esta mostra organizada conxuntamente polo Museo do Pobo Galego e o Centro Galego de Artes da Imaxe poderá ser visitada

Suso Vila e Ernesto Iglesias, dous tudenses logran os Premios de Historia Medieval de Galicia e Portugal 2009

Parabéns dende Tudensia a dous historiadores tudenses que en días pasados teñen resultado gañador e finalista da nova edición dos "Premio de Historia Medieval de Galicia e Portugal" que convoca anualmente a editorial Toxosoutos xunto ás Fundacións Comarcais de Muros e Noia. Desta volta foi Suso Vila que logrou a primeiro premio coa súa obra "A mecánica do linaxe no espazo medieval galego, a casa de Soutomaior (1147-1532)". Nesta obra Vila Botanes aniliza o percorrido histórico desta casa nobiliar que tivo tan grande influencia, especialmente, no dous últimos séculos da Idade Media na nosa zona. Nomes como o popular Pedro Madruga, sobrenome de Pedro Álvarez de Soutomaior -conde de Caminha e Vizconde de Tui-, Paio Sorreda de Soutomaior, os bispos tudenses Juan Fernández de Soutomaior... son representantes desta linaxe que marca unha época na vida da zona tudense, coas suas luces e moitas sombras... agardamos que esta obra se Suso Vila nos ofreza unha nova perspectiva

Un camiño sen pegadas

Publica hoxe, venres 11 de decembro, o "Faro de Vigo" no seu suplemento "Entre ríos, Baixo Miño / Louriña" unha columna de opinión sobre o chamado camiño portugués "da costa" que reproducimos, aínda que sentimos non poder ofrecer una enlace directo ao xornal, pois este suplmento non se publica na rede. UN CAMIÑO SEN PEGADAS Ponte medieval en Ribadelouro - camiño portugués A Lei Lei 3/1996, de 10 de maio, de protección dos camiños de Santiago, establece que reciben o nome de Camiño de Santiago de todas as rutas históricas recoñecidas documentalmente . A historicidade do camiño é un elemento consustancial á propia existencia do Camiño, pois a peregrinación é un elemento inherente a súa identidade. O importante pulo acadado pola peregrinación a Santiago nos últimos anos basease, en boa medida, na recuperación dunha tradición histórica, na revitalización deste legado histórico do que se conservan testemuños documentais. Por tanto, resulta impre

Cen anos dos Maristas en Tui

O pasado sábado, 5 de decembro, o Concello de Tui fixo entrega ao Instituto dos “Irmáns Maristas” ao cumprirense os cen anos da presenza deste instituto na nosa cidade da medalla de ouro do Concello nun acto institucional. Aproveitamos esta circunstancia para rememorar brevemente o itinerio percorrido por estes relixiosos na súa xa centenaria estadia na nosa cidade. A Congregación dos Irmáns Maristas foi fundada en Francia en 1817 polo presbítero Marcelino de Champagnat (1789-1840), canonizado no ano 1999, coa finalidade de dedicarse á alfabetización e a educación de mozos e nenos das áreas rurais. A experiencia do propio Champagnat no ensino rural, na Francia post-revolucionara, con profesores incompetentes, onde a violencia física estaba xeralizada (él memos deixo a escola logo do castigo dun dos seus compañeiros) e que promovia o laicismo, levouno a fundar en 1818 unha escola no seu pobo natal que foi xérmolo da orde dos Maristas, integrada exclusivamente por laicos que acadou o

"Australia remata a catedral que iniciou Rosendo Salvado" hoxe en La Voz de Galicia

Publica hoxe "La Voz de Galicia" na súa edición de Vigo un artigo que non podemos deixar de recoller en Tudensia. Noraboa ao amigo Jorge Lamas polo seu traballo. Australia concluye la catedral que inició Rosendo Salvado El benedictino tudense puso la primera piedra del templo en el año 1863 Autor: Jorge Lamas El 8 de febrero del año 1863, el sacerdote benedictino Rosendo Salvado ponía la primera piedra de la catedral católica de Perth, en el oeste de Australia. El próximo 8 de diciembre, el arzobispo Barry J. Hickey presidirá la inauguración de la catedral iniciada hace 146 años. Ese día, un grupo de sacerdotes gallegos acudirán a los actos de celebración. Rosendo Salvado nació en Tui en 1814, pero su afán evangelizador le llevó hasta el occidente australiano, donde dejó una profunda huella al ser el primer europeo que consideró los derechos de la población aborigen, entonces despreciada. Su presencia en Australia tuvo también una importante consecuencia med

Nova biografia de San Telmo de Guillermo Juan Morado

Recollemos unha noticia sobre a recente edición dunha nova biografia sobre o Beato Pedro González, San Telmo, padroeiro da nosa cidade e diocese, da autoria do coengo Guillermo Juan Morado e editada polo Centro de Pastoral Litúrxica de Barcelona. A figura do frade dominico de Frómista dos inicios do século XIII segue suscitando interese e por conseguinte publicacións, hai uns meses o historiador tudense Suso Vila publicaba un amplo e documentado traballo titulado "Corpo Santo, Sal Telmo" e agora estoutra obra de caracter divulgativo sobre a biografia do beato tudense, refleciten a actualidade do noso "San Telmo". Falaremos noutro "post" destes traballos. Agardamos a lectura desta obra pero para introducirnos poden os interesados achegarse a unha entrevista ao autor na seguinte páxina. http://infocatolica.com/?t=noticia&cod=4801

Crear novo patrimonio co novo centro de saude de Tui (II)

O Diario Oficial de Galicia de hoxe, lúns 16 de novembro, publica unha resolución da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia pola que se procede á adxudicación da redación do proxecto do novo centro de saude de Tui ao estudio de arquitectura "Díaz&Díaz Arquitectura" por 76.270 euros. Unha boa nova que encamiña a resolución do grave problema existente no actual centro de saude tudense. Dende Tudensia queremos recuperar un "post" que publicamos a finais de decembro do pasado ano 2008 reclamando que este novo edificio contribuia a crear patrimonio na nosa cidade, que este inmboble resulte axeitado ao contexto urbano dunha cidade declarada Ben de Interese Cultural. A creación de novos elementos patrimoniais, nun caso coma Tui, ten a obriga de promover un sentido de continuidade entre o pasado e o presente, un elo condutor que garanta unha integración dos espazos públicos da nosa cidade, entre unha arquitectura de séculos anteriores, que conservamos polos seus va

De cando Tui chegou aos Oscar de Hollywood

O pasamento nestes pasados días do actor José Luis López Vázquez lémbranos que foi o protagonista dunha película rodada nos seus exteriores en Tui, “Mi querida señorita” no ano 1971. Con ese filme o director Jaime Armiñán conseguiu chegar como candidato ao Oscar á mellor película extranxeira, sendo a primeira e, ata o momento, única oportunidade en que Tui estivo presente na festa do cine, nos Oscar de Hollywood. Por mágoa tivo de competir, e finalmente perder, diante, nada menos, que de “El discreto encanto de la burguesia” de Luis Buñuel que logrou a apreciada estatuiña dos Oscar. Deste xeito Armiñan foi o primeiro creador que levou a imaxe de Galicia e máis concretamente de Tui a Hollywood promovendo o coñecemento da nosa terra dun xeito digno, lonxe dos tópicos cos que case sempre era representada Galicia. “Mi querida señorita” é unha película de Jaime de Armiñán, que foi un filme transgresor naquela altura dos anos finais da ditadura franquista tratando o tema da transe

Aires de Outono

Nestas últimas datas “Tudensia” ten espaciado amplamente as suas achegas, polo que pedimos disculpas e comprensión aos nosos lectores. Por mágoa non é posible dedicarlle a este blog o tempo que precisa. Pero afortunadamente este motivo ofrece a posibilidade de editar textos que poden resultar de máis interese que as nosas entradas. Hoxe publicamos un pequeno, pero sustancioso, texto sobre esta época do ano na que estamos da autoria de Manuel Fernández Valdés, cronista oficial de Tui e unha das máis egrexias personalidades da na cultura tudense no século XX. Nalgun momento, dun futuro non lonxano, temos de dedicarlle a Fernández Valdés a atención que precisa en “Tudensia” pois estamos diante dun prolífico investigador, especialmente da prehistoria tudense e galega, incansable divulgador da nosa historia e divulgador do noso patrimonio. O texto de Fernández-Valdés recupera as vellas costumes tudense desta época do ano, que conforman o noso folclore tradicional e que compre non esquecer

O esencieiro tudense

Hoxe lúns, 12 de outubro de 2009, unha solemne Eucarista de acción de gracias, presidida polo Ministro Xeral da Orde Franciscana, Fr. Xosé Rodríguez Carballo, pechará os actos conmemorativos do V Centenario das Clarisas Tudenses, iniciados hai agora un ano coa entrega ás “Encerradas” da Medalla de Ouro da Cidade. Dende Tudensia queremos sumarnos a este feliz acontecemento con este artigo publicado, hai agora un ano, no xornal electrónico “Vigo Matropolitano”. O ESENCIEIRO TUDENSE A histórica cidade de Tui asentada nas ribeiras do Miño posúe unha rexa personalidade forxada no percorrido dos séculos, das conquistas, dos avatares da fronteira.... No alto da colina de pedra, coma dicía o lembrado Eliseo Alonso, xunto da Catedral, a paisaxe petrea da acrópole tudense énchese coa presenza do mosteiro das Clarisas que descansa sobre o solar da Torre Vella e de Santa María da Oliveira na que tiveron morada os bispos tudenses polo século XII. Ollar este convento que fala do traballo do tudense

Hai 125 anos que finalizaron as obras da ponte internacional de Pelayo Mancebo

Publica hoxe "LaVoz de Galicia", alomenos nas edicóns de Vigo e Pontevedra un amplo traballo dedicado a conmemorar que o 10 de outubro de 1874 remataron as obras de construcción da ponte internacional de Tui. Con esta ocasión se publica unha columna de opinión sobre o autor deste emblemático punto de unión de tudenses e valencianos, que a voz popular atribuie a Gustave Eiffel, pero que en realidade é unha obra do enxeñeiro calagurritano Pelayo Mancebo e Agreda. Deste xeito damos conta dunha vella petición dun dos seguidores de "Tudensia" UNHA PONTE DE PELAYO MANCEBO A vella ponte internacional tudense, que hoxe lembramos ao cumprírense 125 anos da finalización das súas obras, é un dos símbolos máis recurridos de Galicia, sobre todo para referírmonos ás relacións transfronteirizas cos nosos veciños das terras portuguesas, ao longo de máis dun século esta ponte metálica ten sido a imaxe da comunicación entre dous pobos e entre duas culturas. No rueiro de Tui lembramos

Leandro de Saralegui, un mariño e historiador tudense esquecido

Hai agora un ano ao ler o libro de Xavier Añoveros e Loli Martínez sobre os alcaldes de Tui no século XX chamara xa a miña atención un acordo da Xestora Municipal tudense de 1939, penso que nunca executado, de colocar unha praca na casa natal do “ilustre mariño Leandro de Saralegui, fillo desta cidade co gallo do centenario do seu nacemento”. Aquela referencia suscitou a miña curiosidade pois era un nome do que prácticamente non tiña escoitado falar, agás algunha referenca lonxana a obras de carácter histórico sobre as comarcas do norte de Galicia. A miña sopresa é grande cando pescudando un pouco sobre este autor, atópome que tanto a Gran Enciclopedia Gallega como a “histórica” Enciclopedia Espasa dedicánlle case unha páxina á biografia deste personaxe. Mariño de profesión, no que chega a alcanzar importantes responsabilidades, tralo seu retiro instálase en Ferrol e comeza unha prolífica obra de investigación histórica sobre Galicia e a bisbarra de Ferrol, que aínda na actualidade seg