Ir al contenido principal

Suso Vila e Ernesto Iglesias, dous tudenses logran os Premios de Historia Medieval de Galicia e Portugal 2009



Parabéns dende Tudensia a dous historiadores tudenses que en días pasados teñen resultado gañador e finalista da nova edición dos "Premio de Historia Medieval de Galicia e Portugal" que convoca anualmente a editorial Toxosoutos xunto ás Fundacións Comarcais de Muros e Noia.
Desta volta foi Suso Vila que logrou a primeiro premio coa súa obra "A mecánica do linaxe no espazo medieval galego, a casa de Soutomaior (1147-1532)".
Nesta obra Vila Botanes aniliza o percorrido histórico desta casa nobiliar que tivo tan grande influencia, especialmente, no dous últimos séculos da Idade Media na nosa zona. Nomes como o popular Pedro Madruga, sobrenome de Pedro Álvarez de Soutomaior -conde de Caminha e Vizconde de Tui-, Paio Sorreda de Soutomaior, os bispos tudenses Juan Fernández de Soutomaior... son representantes desta linaxe que marca unha época na vida da zona tudense, coas suas luces e moitas sombras... agardamos que esta obra se Suso Vila nos ofreza unha nova perspectiva de análise desta familia que -como bos miñotos- soubo manter unha importante actividade e influencia na corte de Portugal e, posiblemente algo menor, na de Castela. Pero este xogo e coidado equilibro entre ambos reinos é un dos aspectos de máis interese. Logo foron unha linaxe que, pola súas dificultades económicas tivo de recurrir a encomenda para manter o seu estatuto de poderosos.

Curiosamente o segundo premio foi parar a outro historiador tudense, Ernesto Iglesias Alemida -cronista oficial da nosa cidade- que coa súa obra "As moedas medievais galegas: a circulación monetaria en Galicia ata o século XV" anuncia otra singular aportación ao coñecemento da nosa historia por medio das acuñacións monetarias realizadas na nosa terra.
Ambos os dous historiadores tiñan xa logrado o segundo premio neste certame nas súas edicións de 2008 e 2007 respectivamente.
Parabéns a ambos!!!!


Comentarios

Entradas populares de este blog

Un poema en galego de D. Basilio do ano 1957

A figura de D. Basilio, cóengo maxistral na catedral tudense e profesor durante varias décadas no Instituto San Paio, continua a ser lembrada por moitos tudenses pola súa erudición, especialmente no que atinxía á historia da nosa cidade como pola súa singular personalidade. Neste blog conmemoramos hai algúns anos o centenario do seu nacemento, o 14 de abril de 1911, ( https://tudensia.blogspot.com/2011/04/hoxe-centenario-do-nacemento-de-don.html ) reproducindo un breve artigo publicado no libro das festas de San Telmo dese mesmo ano  2011. Sinalabamos daquela que era unha persoa sumamente austera, todos o lembramos coa “teja” cubrindo a súa cabeza, a súa faciana morena, sempre vestindo unha raída sotana, fumando os “bisonte” sen boquilla que ofrecía a cantos a él se achegaban, a súa conversa sempre mesturada con referencias teolóxicas. Case todas as tardes, primeiro pedaleando na súa bicicleta, e anos máis tarde sobre a súa vella mobilette (algún día tivo de ser nova pero a miñ...

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall...

Emma Álvarez Besada a primeira tudense doutora en medicina

O legado dunha comunidade está conformado por un conxunto de bens materiais, que adoitamos denominar patrimonio, xunto cun amplo abano de elementos inmateriais que definen o seu carácter e a súa pervivencia no tempo. Entre estes bens intanxibles ou inmateriais ocupan un lugar non menor aquelas personalidades que ao longo do tempo teñen deixado unha pegada perdurable na memoria colectiva ou aquelas outras que, ás veces esquecidas ou non recoñecidas, expresan na súa traxectoria fitos senlleiros para a vida colectiva. Hoxe queremos recuperar dende Tudensia unha desas figuras olvidadas pero que no seu momento histórico tiveron unha pegada significativa na vida social e colectiva da nosa cidade e de alén dos seus termos xeográficos. As novas demandas sociais se expresan tamén na historiografía que investiga aos grupos sociais discriminados ou marxinados nos diferentes momentos do pasado. Retrato de Emma Álvarez Besada, foto da orla da Facultade de Medicina de Madrid, 1931 Unha revis...