Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2019

Nova desidia co patrimonio tudense: Os materiais históricos do Viveiro Forestal de Areas son retirados do noso municipio

A través da prensa teño seguido, nos últimos anos, o litixio xudicial emprendido pola Comunidade de Montes en Man Común de Areas para a recuperación da titularidade do monte “Seixos Albos” quen ten desembocado nunha sentenza que anula a cesión realizada no ano 1926 polo Concello de Tui ao Estado desde monte para o funcionamento do Viveiro Forestal de Areas. Aínda que o viveiro, promovido polo enxeñeiro tudense Rafael Areses Vidal, estaba xa en funcionamento dende o ano 1906, será o 16 de maio de 1926 cando o Pleno da Corporación Municipal acorde á cesión ao Estado destes terreos teniendo en cuenta la grandisima importancia que para la región gallega y, especialmente, para este municipio, tiene la conservación y mejora de dicho vivero, a propuesta del Sr. Alcalde, se acuerda por unanimidad, prestar mayor el apoyo para que el Vivero de Areas alcance el grado de desarrollo que exigue el cultivo del arbol y la repoblación de los montes. (...) acuerda además, ya que su situac

As feiras e os mercados de Tui, unha continuidade de máis 750 e 387 anos respectivamente

A función comercial da cidade de Tui é unha das súas principais características ao longo dos sécuos e a expresión máis sinalada da súa base económica, aínda na actualidade. A documentación medieval ofrece noticias diversas que inciden nesta dedicación da cidade ao comercio. Xa no ano 1125 a infanta Dona Tereixa de Portugal concédelle á sede tudense o monopolio do tráfico de barcos no porto da cidade. O apoio rexio a esta dinámica comercial queda ratificado pola concesión do Emperador, Alfonso VIII, en 1142 do portádego (imposto que se cobraba   por entrar na cidade para vender ou transitar mercancías) á catedral tudense.   Testemuños da actividade de intercambios comerciais, tanto por vía fluvial como terrestre, que protagonizaba a cidade. Aínda que a documentación non cita expresamente a celebración dunha feira en Tui, haberá que agardar máis dun século, resulta verosímil que este acontecemento comercial existise como lugar privilexiado do comercio. Posteriormente, en 117