Ir al contenido principal

Nova desidia co patrimonio tudense: Os materiais históricos do Viveiro Forestal de Areas son retirados do noso municipio



A través da prensa teño seguido, nos últimos anos, o litixio xudicial emprendido pola Comunidade de Montes en Man Común de Areas para a recuperación da titularidade do monte “Seixos Albos” quen ten desembocado nunha sentenza que anula a cesión realizada no ano 1926 polo Concello de Tui ao Estado desde monte para o funcionamento do Viveiro Forestal de Areas.



Aínda que o viveiro, promovido polo enxeñeiro tudense Rafael Areses Vidal, estaba xa en funcionamento dende o ano 1906, será o 16 de maio de 1926 cando o Pleno da Corporación Municipal acorde á cesión ao Estado destes terreos teniendo en cuenta la grandisima importancia que para la región gallega y, especialmente, para este municipio, tiene la conservación y mejora de dicho vivero, a propuesta del Sr. Alcalde, se acuerda por unanimidad, prestar mayor el apoyo para que el Vivero de Areas alcance el grado de desarrollo que exigue el cultivo del arbol y la repoblación de los montes. (...) acuerda además, ya que su situacion económica no le permite por hoy prestar un auxilio más eficaz, ceder al Estado el terreno que hoy ocupa el mencionado Vivero forestal y una superficie más de dieciseis hectáreas en los montes "Seixos Albos" número quinientos treinta y dos bis del catálogo y "Montiño" número ochocientos treinta y cinco de la relación de Hacienda, pertenecientes a la parroquia de Areas.


Nun post publicado no ano 2008 neste mesmo blog dedicado ao Viveiro de Areas comentaba que  foi aló polo 1906 cando Rafael Areses Vidal encetou esta obra, o Viveiro forestal, destiñado a fornecer arbores para a repoboación dos nosos montes e en especial do Aloia. Rafael Areses nacera en Tui en 1878, ingresando no Corpo de Enxeñeiros de Montes no ano 1902, a súa preocupación pola reforestación dos nosos montes levouno a promover, como membro do Distrito Forestal de Pontevedra-Coruña, a repoboación do Monte Aloia, creando o Viveiro Forestal de Areas, no monte de Seixos Albos, o primeiro das súas características de Galicia. En 1909 encetou as primeiras prantacións oficiais en Oia, Tui, A Guarda (no monte de Santa Tegra), Baiona ou Ponteareas contando cunha importante oposición veciñal pois os campesiños veían recortadas as zonas dedicadas ao pasto, pero os subministros dende este viveiro forestal de Areas impulsaron a estensión dos piñeiros polos montes de Galicia.

Rafael Areses, fotografia de G. Gutierrez en "Vida Gallega"

En 1917  Areses foi trasladado ao Distrito de Ourense-Lugo e continuou o seu labor de promoción da repoboación, creou viveiros, casas forestais, etc. Logo da Guerra Civil ocupou diversos cargos en Madrid e Valencia e no 1945 foi nomeado Presidente de Sección do Consejo Superior de Montes. Finou no ano 1953.

Rafael Areses salientou polo seu compromiso polo estudio e divulgación da riqueza forestal de Galicia, promoveu as repoboacións en base ás especies de crecemento rápido e turnos de corta curtos, especialmente cos diversos tipos de piñeiros. Pero a súa concepción dun monte que ofrece un espazo de disfrute público vencellado a un aproveitamento forestal e o desenvolvemento económico conseguinte é unha idea moi próxima aos actuais conceptos de sostenibilidade

Neste Viveiro de Areas o enxeñeiro Areses levou adiante outra empresa hoxe esquecida polos tudenses: un museo sobre a nosa cultura agrícola e forestal, pois o enxeñeiro tudense salientaba polo seu carácter pedagóxico e divulgador. Neste marco de difusión científica impulsa a creación no recinto forestal de Areas dun museo forestal, un museo relacionado co mundo das arbores, da madeira, da economía e da vida no ámbito rural.

Imaxes do Museo Forestal de Areas

Poden os interesados acceder a este post no seguinte enlace: http://tudensia.blogspot.com/2008/09/o-museo-forestal-de-areas.html

O Viveiro Forestal de Areas pasou no ano 1983 co traspaso de competencias en materia de agricultura á Xunta de Galicia que dende aquela xestionaba este recinto. No mesmo se conservan tanto as antigas dependencias de traballo como o edificio principal, no que a Consellería de Medio Rural instalará, no seu momento, un Aula Forestal que ofrecía un achegamento didáctico ao monte de Galicia e onde se conservaban elementos e materiais do Museo Forestal creado por Rafael Areses como era a súa colección de sementes e diverso instrumental de serra. Un espazo singular bastante descoñecido polos propios tudenses, pero que enriquecía a oferta sociocultural tudense e apostaba pola educación medioambiental.


Colección de sementes de R, Areses exposta ata agora na Aula Forestal de Areas

Tras a sentenza firme que devolve este monte á CMMC de Areas, abriuse un período de negociación entre esta entidade e a Consellería de Medio Rural sen que ao parecer se teña chegado a un acordo e consecuentemente estes días está a ser desaloxado o edificio do Viveiro e a Aula Forestal existente levando lonxe de Tui o material alí conservado, tamén os materiais históricos procedentes do antigo Museo Forestal de Areas creado por Areses.

Nunha nova ocasión lamentablemente os tudenses temos que contemplar como un material de grande interese histórico para a memoria local como é o conservado no Viveiro de Areas é levado fóra da nosa cidade, descontextualizado do seu lugar, perdendo o noso municipio un testemuño da súa historia contemporánea. Resulta decepcionante que ninguén teña adoptado as medidas oportunas para evitar este desleixo que priva a Tui deste importante recurso histórico.

Cómpre ademais que a Comunidade de Montes en Man Común de Areas, como titulares deste Viveiro, garanta a conservación destas instalacións que testemuñan o labor desenvolvido por Rafael Areses Vidal que fixo de Tui nas primeira décadas do século XX un lugar pioneiro na conciencia medioambiental e na protección do monte e os seus recursos.


Dende este blogue reclamamos das entidades directamente implicadas e mesmo do Concello de Tui, que xa está sensibilizado ao respecto, que adopten as medidas oportunas para a conservación e posta en valor deste conxunto patrimonial que conforma o Viveiro Forestal de Areas con máis dun século de traxectoria e actividade, asi como a permanencia en Tui do material histórico ali conservado e cuxa desaparición suporía una novo exemplo de incuria e desidia sobre o amplo conxunto patrimonial tudense que non se cingue exclusivamente ao casco histórico e a Catedral senón que posúe fitos senlleiros como este Viveiro Forestal de Areas e os materias do antigo Museo Forestal de Rafael Areses, que reclaman tamén a nosa atención

Comentarios

Publicación populares

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall...

A lenda do túnel baixo o MIño

As lendas ou narracións populares, transmitidas oralmente, relatan xeralmente acontecementos ficticios que se teñen por reais, en moitas ocasións mesturados con feitos históricos. Pola súa capacidade de evocación, pola súa transmisión xeracional as lendas conforman un acervo do que chamamos patrimonio inmaterial que cómpre recoller e preservar. Na nosa cidade conservamos varias lendas vencelladas ao caracter histórico da nosa localidade, ao seu caracter fronteirizo e consecuentemente a súa fortificación fronte aos posibles invasores. A máis asentada no imaxinario colectivo tudense é a relativa ao “túnel” que comunica Tui coa outra beira do Miño, coas terras de Valença. Resulta moi significativa esta lenda pois testemuña como na mentalidade dos tudenses a fronteira e a súa condición de limite, de aillamento fronte ao estranxeiro era superada polas nosas xentes que a través do túnel escapaban destas “imposicións” e mantiñan a comunicación coas terras irmáns que as estructuras políticas ...

Agrarios tudenses en "El Agrario" de Buenos Aires de 1923

Fundadores da "Sociedad Agraria" de Paramos (en pose para El Agrario) De esquerza a dereita b(en pé), cidadáns Hermenegildo Gándara Estévez e Manuel Alem; sentados Simplicio Fernández Rivas, Hermenegildo Alem Rocha e Jesús Fernández Rivas Temos comentado en numerosas oportunidades neste blog o escaso coñecemento que posuímos sobre a historia mais recente do noso concello. Entre os episodios que conforman este período histórico máis recente está o movemento agrarista que na última década do século XIX e nas primeiras do pasado século mobilizou aos labregos de Galicia na procura do acceso á propiedade da terra (ata daquela os nosos campesiños eras foreiros, tiñan o usufructo inmemorial dunhas leiras que non eran súas) e consecuentemente a mellora das condicións de vida destas masas populares. Será o movemento agrarista o que adquira neste anos un progresivo protagonismo fronte ao caciquismo conservador que dominaba a vida política da comarca de Tui coa figura ...

A Semana Santa tudense e as súas posibilidades

Xa na noite do Venres Santo xorde de novo unha reflexión sobre a Semana Santa tudense, pois quizais na nosa cidade non chegamos albiscar as súas potencialidades como elemento que forma parte do noso acervo patrimonial que temos a responsabilidade de conservar, sen privala da súa dimensión relixiosa, e dende esta valorización é tamén un posible recurso turístico para Tui, pois poucos lugares de Galicia teñen unha riqueza similar nestas xornadas. Neste mesmo blogue temos sinalado que inmediata celebración das festas patronais de San Telmo distorsiona a visión destas xornadas de celebración do misterio pascual de Xesús, configuradas como un preludio das festas e, consecuentemente, infravaloradas non xa na súa dimensión espiritual senón na súa significación cultural. Cómpre valorizar as actividades litúrxicas ou para-litúrxicas destas datas, pois, independentemente da súa significación relixiosa ou espiritual, conservan requintadas expresións da nosa historia colectiva da que somos...

"A Trapa" a segunda cova granítica máis grande de Europa descoberta en Ribadelouro

O pasado sábado 9 de abril nunha conferencia pronunciada en Tui Clube Espeleolóxico “Maúxo” presentou un descubrimento certamente importante: “A Trapa” a segunda cova granítica máis grande de Europa, que se atopa na parroquia de Ribadelouro nas abas do Monte Aloia. Un descubrimento de especial relevancia para a xeoloxia e para a arqueoloxia da nosa terra, e que incrementa o valor que sa posuía esta zona inmediata ao Parque Natural do Monte Aloia. Cómpre agora impulsar o proxecto de ampliación territorial deste Parque abranguendo a Serra do Galiñeiro –por certo, ameazada na actualidade pola prevista instalación dun parque eólico-. Felicitamos ao Clube Espeleolóxico “Maúxo” polo seu labor e por aportarnos este relevante descobrimento. Achegamos un artigo publicado no día de onte na edición Galicia de “El País” como información sobre este achado. Una trampa de 1.200 metros Expertos descubren la segunda cueva más grande de Europa en O Galiñeiro SARA VILA - Santiago - 21/04/2011...

Ricardo Blanco Cicerón

O pasado martes 15 de decembro foi inaugurada no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, unha exposicion que co titulo de “Olladas dunha época” recolle unha escolma das fotografias do chamado “Fondo Blanco-Cicerón” que se custodia no devandito Museo. Como podemos comprobar na portada do catálogo que acompaña a este “post” a cidade de Tui é unha das protagonistas desta mostra que amosa unha selección das fotografías que conformaban a colección de Ricardo Blanco-Cicerón (Tui 1844 – Santiago 1926). Son na súa meiranda parte instantáneas da época do cambio de século, entre 1890-1910, e que respostan ao interese coleccionista de D. Ricardo que conformou ao longo da súa vida a, posiblemente, a máis ampla colección de caracter cultural que teña existido en Galicia: obxectos prehistóricos, artísticos, etc. que nutren hoxe en boa medida os museos da nosa terra. Esta mostra organizada conxuntamente polo Museo do Pobo Galego e o Centro Galego de Artes da Imaxe poderá ser visitada ...

Yzquierdo Durán, ilustrador tudense. Breve noticia.

Jose Yzquierdo Durán foi un popular ilustrador que radicado en Madrid realizou, nas primeiras décadas do século XX unha prolífica producción en todo tipo de publicacións, tanto periódicas como en libros. Son moi escasas as noticias sobre a súa traxectoria que poidemos acadar non así imaxes da súas obras, que ocupan as portadas de numerosas edicións das segunda e terceira décadas do pasado século. O erudito Manuel Fernández-Valdés no seu excepcional libro “Familias antiguas de Tuy” nos informa que Jose Izquierdo Durán era fillo do avogado tudense José Izquierdo Sarmiento, que foi secretario do Concello tudense, e de Concepción Durán Mera, dunha familia de longa tradición na cidade. Tiveron tres fillos, Celso, que foi crego ocupando, entre outras, a parroquia de Piñeiro, Pilar, que foi directora moitos anos do “Hogar Rosendo Salvado” dependente do Auxilio Social nos anos da ditadura, e José, de quen hoxe nos ocupamos. José Izquierdo Durán naceu en Tui no anos 1890 e desenvolveu en Madrid...