O Diario Oficial de Galicia de hoxe, lúns 16 de novembro, publica unha resolución da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia pola que se procede á adxudicación da redación do proxecto do novo centro de saude de Tui ao estudio de arquitectura "Díaz&Díaz Arquitectura" por 76.270 euros. Unha boa nova que encamiña a resolución do grave problema existente no actual centro de saude tudense. Dende Tudensia queremos recuperar un "post" que publicamos a finais de decembro do pasado ano 2008 reclamando que este novo edificio contribuia a crear patrimonio na nosa cidade, que este inmboble resulte axeitado ao contexto urbano dunha cidade declarada Ben de Interese Cultural.
A creación de novos elementos patrimoniais, nun caso coma Tui, ten a obriga de promover un sentido de continuidade entre o pasado e o presente, un elo condutor que garanta unha integración dos espazos públicos da nosa cidade, entre unha arquitectura de séculos anteriores, que conservamos polos seus valores históricos e artísticos, e estas novas obras, que realizadas nunha dimensión humana e cunha mínima sensibilidade artística e funcional, enlazan con esta tradición que en Tui, por sorte, custodiamos como o noso principal sinal de identidade.
Unha obra pública, como este novo Centro de Saúde que está a piques de comezar, está chamada a "crear" novo patrimonio que enriqueza, dende prantexamentos contemporáneos, o n oso acervo patrimonial e poidamos contar na nosa cidade cun edificio singular dende prantexamentos contemporaneos. A propia Consellería de Sanidade ten realizado importantes achegas á arquitectura contemporánea de Galicia na construcción doutros centros de saude, agardamos que o caso tudense se encamiñe nesta liña.
Dende Tudensia apostamos pola sensibilización da nosa sociedade nestes aspectos pois o progreso, o desenvolvemento da nosa cidade, non esta reñido coa sensibilidade para apostar pola incorporación de novas obras públicas que busquen un equilibrio coa identidade que singulariza a esta cidade de Tui.
Para os interesados achego o enlace para acceder ao post publicado no seu día:
Totalmente de acordo.
ResponderEliminarO que nos deixaron en Tui os nosos ancestros é maravilloso. Ata agora, non fomos capaces de corresponder, nin siquera de coidar esa herdanza(vease o estado do Casco Histórico Tudense)
Hai que poñer en valor esa herdanza do pasado y exixir calidade e patrimonio do que nos podamos sentir orugullosos no futuro...