Ir al contenido principal

Juan Domínguez Fontenla, precursor da investigación sobre os xudeus tudenses e descubridor do gravado da Menorá

A rica historia tudense, herdanza dunha vida común ao longo de mais de dous milenios, ofrece aos investigadores un amplo abano de elementos de interese que progresivamente son abordados e consecuentemente divulgados polos historiadores que pescudan neste rico legado.

A historia, como unha disciplina das ciencias sociais, reconstrúe o coñecemento do pasado a partir dos documentos e as evidencias (materiais e inmateriais) sometidas a unha análise critica para comprender e explicar as dinámicas sociais do pasado, respondendo ás preguntas que xorden dende o presente e as súas necesidades e inquedanzas. Por tanto, “a historiografía -que é a historia escrita dende a indagación e a reflexión do pasado- narra, describe e explica o pasado á luz do presente”, consecuentemente a historia é unha ciencia dinámica en constante evolución.

Veñen estas reflexións previas á conto dun traballo de investigación histórica que rescatamos neste post. Trátase dun artigo publicado, en tres entregas, no xornal “Faro de Vigo” no ano 1938, concretamente os días 30 de xaneiro e 5 e 6 de febreiro, asinado polo cóengo Juan Domínguez Fontenla. O titulo enormemente suxestivo “Los judios en Tuy: página histórica”.

Juan Dominguez Fontenla, no Museo de Ourense, 1923

Juan Domínguez Fontenla está inxustamente esquecido na actualidade a pesar de ser un notable investigador do pasado de Tui, da nosa comarca e de Galicia, durante varias décadas cunha ampla bibliografía. Natural da vila de A Guarda (1869), logo de cursar estudos no Colexio de Pasaxe dos PP. Jesuitas ingresa no Seminario de Tui no ano 1882, sendo ordenado presbítero en 1892 (sen cumprir a idade requirida). Desenvolve labores pastorais en A Guarda e tras obter o grado de Doutor en Teoloxía en Santiago será profesor no Seminario tudense entre 1895 e 1910. Dende 1900 está destinado en O Rosal, en 1910 asume a nova parroquia de San Francisco de Vigo (onde entre outras actividades foi director do xornal “Noticiero de Vigo” entre 1913 e 1917) retornando á súa vila natal como párroco en 1920. En 1922 logra ser nomeado cóengo da Catedral de Burgos pero aos dous meses, gracias a unha permuta, accede como Chantre ao Cabido da catedral de Ourense, onde dende o ano anterior era bispo o tudense Florencio Cerviño Cerviño, con quen colaborará intensamente.

Unha nova permuta posibilita que en 1936 tome posesión como cóengo da Catedral de Tui, onde ocupará a dignidade de “Arcipreste”. Falecerá nun hospital de Santiago en 1942 sendo soterrado no panteón familiar en Vigo.

Pero máis aló do seu labor pastoral, Domínguez Fontenla salienta pola súa condición de arqueólogo e historiador cunha ampla achega de investigación espallada en numerosos traballos en revistas e xornais, aínda que carece de libros editados. Salienta o seu labor como arqueólogo no castro de Santa Tegra e o seu papel na creación do Museo deste xacemento. En Ourense participa moi activamente na Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos, formando parte da redacción do seu Boletín ou como conservador do Museo e da Biblioteca. Foi membro da Real Academia Galega ou da Real Academia de Historia.

Un documentado artigo de Xoán Martínez Tamuxe no volume VIII da revista “Tui. Museo y Archivo Histórico Diocesano[i] nos exime dunha achega máis pormenorizada a súa bibliografía e traxectoria. Destacar unicamente dos feitos dignos de lembranza. Por unha parte o seu protagonismo no ano 1908 cando tras numerosas pescudas descubrió en la Santa Iglesia Catedral de Tui gran parte de la colección diplomática del Archivo Capitular escondida en una depedencia de la misma sala de aquel archivo desde los días de la invasión francesa en 1809. Conjunto formado, según el propio Fontenla, por 15 carpetas y múltiples libros manuscritos[ii]

En decembro de 1927 un incendio destruíu en Ourense gran parte del edificio de Instrucción Pública en el que estaba instalado el Instituto Nacional y el Museo Arqueológico. Fontenla, sin reparar en el peligro que le amanezaba, penetró en los salones de este, salvando toda la Biblioteca de la Comisión de Monumentos y la mayor parte de los objetos del Museo Arqueológico, hecho que fue elogiado por toda la prensa gallega y diferentes organismos[iii]

Domínguez Fontenla ao seu retorno a Tui, en 1936, continua realizando o seu labor de investigación sobre a cidade tudense e a súa contorna, que nunca abandonou por completo a pesar da súa dedicación á provincia de Ourense durante a súa estadía naquela cidade.

No libro das festas de San Telmo deste ano 2023 recuperouse un artigo seu publicado no xornal “Faro de Vigo” o 26 de xullo de 1937 titulado “Un gallego ilustre: Francisco Sánchez era natural de Tui”. Trátase posiblemente dunha das primeiras publicacións divulgativas sobre a condición de tudense do filósofo escéptico editado na prensa galega, logo do breve estudio co que Xan Aznar introduce a súa tradución parcial ao galego da principal obra de Sánchez: “Quod nihil scitur” publicado na revista “Nós” en 1922 da quen xa nos temos ocupado en Tudensia (http://tudensia.blogspot.com/2020/05/francisco-sanchez-traducido-ao-galego.html ).

Pero neste artigo, Juan Domínguez Fontenla omite calquera referencia á condición conversa ou de ascendencia xudía de Francisco Sánchez, que recollera Aznar no seu estudo. Aínda que a insistencia no final do artigo “en que se prueban y confirman que el notable filósofo y médico era cristiano católico, pues se cobijaban sus cenizas en la tierra sagrada de un templo de los hijos de San Francisco de Asís[iv] parece refutar calquera dúbida sobre as crenzas do filósofo tudense e a súa condición de “cristián novo”.

Continuando coa súa divulgación da historia tudense Fontenla publicou en tres entregas, nos meses de xaneiro e febreiro de 1938, un traballo titulado “Los judíos en Tui: página histórica” que resulta a primeira aproximación á presenza de xudeus e, por extensión, de cristián novos, na historia da nosa cidade. Esta referencia bibliográfica foi recollida tanto por Darío Álvarez Blázquez na súa tese sobre Francisco Sánchez, e por Ernesto Iglesias Almeida no seu traballo dobre a comunidade xudía tudense publicado na revista “Sefarad” en 1987. Pero ambos recollen unicamente a primeira das entregas, a correspondente ao 30 de xaneiro de 1938, omitindo a cita das achegas de 5 e 6 de febreiro do mesmo ano.


Anteriormente a estes autores unicamente Francisco Avila y Lacueva na súa monumental obra “Historia civil y eclesiástica de la ciudad de Tuy y su obispado” recolle diversas noticias sobre a presenza dos xudeus na nosa cidade e da instauración do estatuto de limpeza de sangue no Cabido da Catedral tudense. Na actualidade os traballos de María Gloria de Antonio Rubio e Suso Vila teñen enriquecido substancialmente o noso coñecemento sobre a comunidade xudía e criptoxudía tudense ou, no caso específico dos sambenitos, non podemos esquecer o libro de Jesús Casás.

Unha advertencia previa aos nosos lectores. A linguaxe empregada nalgúns parágrafos deste artigo de Domínguez Fontenla, con afirmacións antisemitas ou denigrantes para o xudeus cómpre enmarcalas naquel momento histórico, en plena guerra civil contra os pretendidos inimigos de España concretizados nas conspiracións marxistas e xudeomasónicas. Unhas afirmacións e expresións ofensivas, mesmo racistas, completamente inxustificables. Pero que estimamos non deben omitirse polo rigor necesario ao estudar o noso pasado. Dominguez Fontela, nesta liña, recolle unha referencia á obra do Abatte Bouis sobre unhas cartas dos xudeus de Arlés á comunidade de Constantinopla, un texto que ten ocupado un destacado papel na tradición antixudía europea. En realidade son cartas orixinarias de España, recollidas nun manuscrito publicado por vez primeira por Julián de Medrano, en “La silva curiosa” que sae do prelo en París en 1583. A mediados del siglo XVII, las cartas tuvieron la fortuna –por lo que concierne a su difusión y pervivencia posterior– de aparecer en la obra del abate Bouis, “La  royalle couronne des roys d’Arles”, donde además sufrieron una transformación importante. La primera de las cartas, la supuestamente dirigida a los judíos de Constantinopla por los de España, pasó a llamarse «Carta de los judíos de Arlés a los de Constantinopla»; y de estar escrita en castellano, pasó a estarlo en provenzal. La segunda de las cartas, en consecuencia, pasó a ser la «Carta de los judíos de Constantinopla a los judíos de Arlés», aunque no dejó de estar escrita en castellano.[v] Estas cartas foron publicadas en diversas revistas francesas a finais do século XIX o que posibilitou o seu uso e popularización polos grupos antisemitas ao longo do século XX. A investigación sobre estas carta debátese entre unha orixe de falsificación das mesmas en apoio aos “Estatutos de limpeza de sangue”, especialmente en Toledo, ou como un exemplo de literatura satírica logo empregado cunha finalidade diversa, como elemento de propaganda antixudía no contexto das polémicas sociais sobre o papel dos cristiáns novos.

O recurso a este texto por parte de Domínguez Fontela se enmarca, como xa sinalamos, nun momento histórico en Europa onde se intensificaba propaganda antisemita especialmente nos sectores próximos ao nacionalsocialismo alemá, como era o caso dos primeiros momentos do réxime franquista.

Pero máis aló destes aspectos, este traballo xornalístico de Domínguez Fontenla convértese no primeiro estudo sobre a presenza xudía na nosa cidade, centrada especialmente na problemática dos cristiáns novos, ou xudaizantes, que viven en Tui e na súa contorna no século XVI e inicios do XVII. O coñecemento da documentación capitular e da obra manuscrita de Avila y Lacueva estimo que son as fontes documentais das que se nutre o historiador guardés.

Esta novidosa información, de hai máis de oitenta anos, xa testemuñaba a presenza dunha comunidade xudía na nosa cidade, establecendo claramente as dúas épocas da mesma, antes da expulsión de 1492 e nos anos posteriores coa crecente presenza de familias cristiáns novas que ocupan relevantes posicións sociais.


Pero este traballo de Domínguez Fontenla recolle outras dúas relevantes novidades. Podemos afirmar que é o descubridor do gravado da menorá, ou candeeiro de sete brazos, do claustro da Catedral de Tui: Como recuerdo de la intromisión de los judíos en la Catedral, dejaron en el claustro de la misma un testimonio epigráfico que da a conocer la audacia de aquellos y que hemos hallado buscando signos lapidarios de obreros. Es una representación esculpida groseramente como hecha de prisa y a escondidas, del candelabro de siete brazos de la Sinagoga. Está en el ángulo del basamento de la arcada del claustro debajo del machón-pilastra fronteriza a la puerta del cuarto de música, al lado de la puerta que del templo va al Claustro. Publica un debuxo deste gravado xudeu e da inscrición que o acompaña. Haberá que agardar ata 1977 cando Ernesto Iglesias publique de novo este gravado que, na súa opinión, parece aludir a canteros judios[vi]


Este gravado da menorá, descuberta por Juan Domínguez Fontenla, é na actualidade un dos mais afamados símbolos da presenza dos xudeus en Tui e mesmo en Galicia, pois, fronte ás numerosas evidencias documentais, son moi escasos os bens materiais que podemos contemplar na nosa terra como testemuño da presenza destas comunidades xudías e o gravado da menorá da catedral de Tui é unha peza sen parangón.

Pero o artigo apunta a outro significativo elemento deste patrimonio xudeu tudense: Dentro de la catedral de Tuy existían antiguamente unos grandes lienzos apaisados, encuadrados o montados sobre sendos marcos de madera, en que constaban pintados al óleo los nombres de muchas de las personas pertenecientes a las referidas familias de judíos que fueron reconciliados por la Iglesia o castigados en el año 1614 y especialmente en el 1617. Conservábanse allí hasta hace pocos años al público, como testimonio perenne de su judaísmo y para los efectos del “Estatuto de limpieza de sangre”. Está falando da presenza dos “Sambenitos” -sin citalos polo seu nome- nas paredes da catedral de Tui. Estamos diante da primeira noticia sobre estes lenzos cos condenados pola Inquisición, perdidos tanto na súa memoria como na súa localización, ata o seu “resdecubrimento” no ano 1986. Parece que Domínguez Fontenla coñecía a súa existencia pero non a súa localización. Andando os anos incluso esta referencia de Domínguez Fontenla ficou perdida e descoñecida polos investigadores destes sambenitos.

Neste contexto se inxire a noticia que ofrece Domínguez Fontenla sobre a inscrición conservada, ata os nosos dias, na igrexa parroquial de Torroso (Mos) data en 1617 cando se reconstrúe este templo. Dita inscrición sinala: “Esta iglesia se hizo año de 1617 en que la iglesia de Tui fue libre de judíos y publicó el Estatuto de Roma por Paulo V. Obispo Don Juan Garcia Valdemora”. Aínda que está pendente unha visita a esta igrexa para a revisión deste documento epigráfico, o contido do mesmo resulta de gran interese por canto sinala como os procesos inquisitoriais realizados na segunda década do século XVII na cidade de Tui e na diocese se enmarcan nun proceso de unificación relixiosa, de represión das prácticas heterodoxas polos bautizados que centra a súa atención nas familias de cristiáns novos. A implantación do “Estatuto de limpeza de sangue” para o Cabido da Catedral resulta pois a expresión dun proceso máis amplo a nivel social no territorio da diocese tudense. Estra inscrición abre novas liñas de traballo e investigación ata agora non contempladas.

Imaxe tomada de www.patrimoniogalego.net 

Resulta por conseguinte unha interesante achega a que nos ofrece Domínguez Fontenla converténdose deste xeito no primeiro historiador que aborda á comunidade xudía e criptoxudía tudense, dando noticia pioneira dos dous elementos materiais (o gravado da menorá e os sambenitos) que testemuñan a presenza dos xudeus na nosa cidade.

Reproducimos de seguidos as tres entregas deste traballo de Juan Domínguez Fontenla


LOS JUDIOS EN TUY: PÁGINA HISTÓRICA 

Las circunstancias por las que actualmente atraviesa nuestra patria, víctima del marxismo judaico, ponen de nuevo sobre el tapete la cuestión histórica de los judíos muy justamente expulsados de España en 1492 por los Reyes Católicos y posteriormente a finales del siglo XVI y principios del XVII.

No hubo tranquilidad en España hasta que se cumplieron definitivamente las disposiciones legales que los alejaban de nuestro suelo, mal que pese a ciertos escritores que, haciéndose olvidadizos de los males que nos acarrearon los pérfidos hijos de la Sinagoga, tratan de defenderlos, y aún hacerlos volver a España.

No voy a relatar los crímenes internacionales que muchos escritores, como L. Rupert en “La Iglesia y la Sinagoga” y otros innumerables autores les atribuyen, ni su actuación actual plenamente demostrada en la masonería universal y en la organización y gobierno de la Rusia soviética, ni a recordar las revueltas y conspiraciones antiespañolas por ellos impulsadas y que todo lector puede comprobar leyendo a Modesto Lafuente, Padre Mariana, Vicente Lafuente, Menéndez Pelayo y en otros muchos historiadores de irrebatible autoridad.

Solo quiero presentar unas notas relativas a la existencia de judíos en Tuy en los años anteriores y posteriores a 1600, que demuestran la audacia de estos y la pérfida habilidad con que esquivaban las leyes más sagradas y burlaban las sabias disposiciones que los alejaban de España y Portugal.

Situada la ciudad de Tuy en el confín de Galicia y en la raya de Portugal acudieron a refugiarse en esta ciudad, así como a otras poblaciones de Galicia, muchas familias de cristianos nuevos de raza hebrea expulsados de Portugal en 1595, y para no llamar la atención se distribuyeron por las villas de Ribadavia, Salvatierra, La Guardia, Bayona, Redondela, Vigo, etc, domiciliándose otras en aldeas como Padrenda, Parada de Miñor y otros puntos.

En Tuy vivían casi todas estas familias en el barrio de la Saravia, el cual, por estar situado en la antigua estrada que va a Bayona, les facilitaba la comunicación con sus correligionarios de aquella villa y el paso a su puerto. Otros, los más pudientes, se establecieron en calles céntricas de la ciudad donde se dedicaban al comercio y negocios de banca.

Todas estas familias perseguidas por las autoridades portuguesas, y especialmente por la Inquisición de Coimbra, se habían hecho cristianas y bautizaban a sus hijos, pero pronto se sospechó fundadamente que eran ficticias sus conversiones, pues continuaban sus relaciones religiosas con otras familias hebreas que habían quedado emboscadas en Portugal, y se comunicaban también con los judíos de Francia, Salónica, Corfú, Roma y otras partes, y lo que es peor se dedicaban a practicar el proselitismo y a “judaizar”, como se decía entonces, aludiendo y repitiendo estas palabras del Apóstol San Pablo a los Gálatas.

Tuvieron la audacia algunos miembros de estas familias, de hacer estudios eclesiásticos llegando a recibir el Sagrado Orden Sacerdotal, obteniendo algunos como Domingo Coronel, Tomás Coronel y Francisco Coronel sendas Canonjías en la Catedral de Tuy, merced a nombramientos directos de la Santa Sede. El Tomás Coronel la obtuvo por vacante de su pariente Domingo Coronel, y el Francisco Coronel por defunción de Juan Rodríguez.

Estos nombramientos ocasionaron en Tuy una gran efervescencia, pero sobre todo por los rumores públicos y constantes acerca de las reuniones clandestinas que estas familias celebraban para “judaizar”, por lo cual comenzaron a hacerse protestas públicas y ruidosas, viéndose la autoridad eclesiástica a hacer informaciones jurídicas en Tuy y otros pueblos de la diócesis para depurar los hechos. Es de notar que, por la preponderancia que estas familias habían alcanzado por sus riquezas y negocios, personas muy significadas por su posición social, se negaron a acudir a declarar, por lo cual hubo necesidad de conminarlas con severas penas canónicas para compelirlas a hacerlo.

Resultó de esta información que eran ciertas las reuniones secretas con fines “judaizantes” y sus relaciones con los cristianos nuevos de Portugal y con los judíos de la misma nación, y los de La Rochela, Salónica, Corfú, etcétera. Uno de los cristianos nuevos, Rodrigo Álvarez, que había sido Notario en Salvatierra, después de haber “judaizado” aquí, huyó a Ginebra donde se hizo Rabino, usando en sus funciones un sombrero o mitra de la cual pendían tres fajas o bandas, y vistiendo además en las solemnidades una capa magna, cuya orla sostenían doce israelitas en nombre de las doce tribus hebreas. Cuando vivía en Salvatierra en su profesión de Notario, acudía frecuentemente a las referidas reuniones con sus parientes San Juan Coronel, Marcial Tomás, Antonia Gómez, mujer de Diego Falcón, médica en Vigo, Enrique Gómez, Sebastián Rodríguez, Beatriz Álvarez, Catalina Coronel, Margarita Vázquez, viuda de Miguel Coronel, hermano del canónigo Tomé Coronel, con su esposa Antonia Saravia, hijos de Enrique Méndez, Antonia Enríquez, madre de Andrés Coronel, el Bachiller en Derecho Paz y otros, no faltando a las reuniones los canónigos hermanos Francisco y Tomás Coronel.

De Antonio Pereira, primo de Antonia Saravia, se supo que había ido a la ciudad de Pisa a recibir solemnemente la circuncisión y que al huir había llevado consigo cenizas de judíos quemados en Santiago en un auto de fe, que ellos consideraban como mártires.

Probados estos hechos, y sabiendo los judíos que de estas informaciones y procesos que se tramitaban no había de resultarles nada agradable, resolvieron huir para el extranjero, lo cual efectuaron hacia el año 1608.

En este año apareció un día en Bayona un navío que pretextaba traer mercancías, las cuales por lo exiguo de su cantidad hicieron sospechar que no era este el objeto de su viaje. Los tripulantes temerosos de alguna visita desagradable y para evitar requisas inconvenientes, levaron anclas y anduvieron con su nave unas veces frente a Bayona, otras delante de Monteferro, y otras detrás de las Cíes, pero siempre sin alejarse de la costa.

Sebastián Rodríguez, Beatriz Álvarez y otros fueron poco a poco vendiendo sus haciendas, entre ellas la segunda una casa con hacienda de campo que poseía en Parada de Miñor, vendiendo también los otros sus muebles, ropas, animales, etc. y una noche el misterioso navío se acercó a la playa de Sanxurxo al lado de Monteferro, y toda aquella gente se embarcó silenciosamente dirigiéndose a lugares extranjeros donde tendrían libertad para practicar su religión, o vivir al menos sin ser molestados por sus antecedentes. Muchas de las caballerías en que habían venido aquella noche desde Tuy, Redondela, Vigo y otros puntos, la dejaron abandonas en la misma playa.

 

Faro de Vigo, domingo 30 de enero de 1938.


II

No todos los “judaizantes” de Tuy y su diócesis huyeron. Algunos se quedaron haciendo hipócritas y más ostensibles manifestaciones de cristianismo, pero no debieron ser estas muy sinceras ni convincentes cuando en un auto de fe celebrado en 1614 en Santiago, fue penitenciada por la Inquisición de Santiago, Catalina Coronel, vecina de Tuy, con otras doce o trece mujeres, entre ellas, Margarita Vázquez, viuda de Miguel Coronel, también de Tuy, hermano de los canónigos Coronel y de Antonio Coronel, y unas hijas de Enrique Méndez.

Esta familia Coronel, avecindada en Tuy, era muy adinerada merced a su profesión de mercaderes.

Cuando huyó Antonia Saravia llevó consigo unos 60.000 ducados en moneda. Catalina de León tenía unos 2.500 ducados. Tomás Coronel poseía unos 233.000 reales y Marcial Pereira Saravia dejó en créditos a su favor por valor de 363 mil reales, cantidades todas muy respetables, dado el numerario que circulaba en aquella época.

Dentro de la catedral de Tuy existían antiguamente unos grandes lienzos apaisados, encuadrados o montados sobre sendos marcos de madera, en que constaban pintados al óleo los nombres de muchas de las personas arriba nombradas pertenecientes a las referidas familias de judíos que fueron reconciliados por la Iglesia o castigados en el año 1614 y especialmente en el 1617. Conservábanse allí hasta hace pocos años al público, como testimonio perenne de su judaísmo y para los efectos del “Estatuto de limpieza de sangre” en que nos ocuparemos a continuación.

De los citados canónigos no tenemos más noticias, ni sabemos el rumbo que habrán tomado después de la aprobación del “Estatuto” en agosto de 1617.

Hacia el año 1595 habían comenzado a acudir a Tuy, huyendo de Portugal, varias familias judías que se decían convertidas al cristianismo, las cuales estaban amenazadas por el Tribunal de la Inquisición que funcionaba en Coimbra. En Tuy se sospechó pronto que había sido ficticia su conversión, merced a su conducta ambigua que parecía obedecer al siguiente hecho histórico:

Cuando en Francia tuvo lugar la expulsión de los judíos durante la minoría de Carlos VI, los que residían en Arlés, angustiados por la persecución de que eran objeto, se dirigieron al Gran Exilarca de aquel entonces residente en Constantinopla, al que expusieron su situación. Y aquel magnate les contestó lo que puntualmente traducimos:

“Decís que el Rey de Francia quiere que seáis cristianos. Haceos cristianos ya que otra cosa no podéis, pero guardad la Ley de Moisés en vuestro corazón.”

“Decís que van a quitaros vuestros bienes. Haced a vuestros hijos comerciantes y por medio del tráfico apoderaos poco a poco de los bienes de ellos.”

“Os quejáis que se atenta contra vuestra vida. Haced a vuestro hijos médicos y boticarios, que les quiten a ellos la vida impunemente.”

“En cuanto a los que decís que destruyen vuestras Sinagogas, haced a vuestros hijos canónigos y curas que destruyan sus iglesias.”

“Respecto a las grandes vejaciones que sufrís, haced a vuestros hijos abogados y notarios, personajes de los que ordinariamente influyen en los negocios públicos y así dominaréis a los cristianos, ganaréis sus tierras y os vengaréis de ellos.”

“No os apartéis un punto de este camino que os trazamos y veréis por experiencia que tanto más lograréis encumbraros cuanto más os abatáis”.

“V.S.V.S.F.F. Príncipe de los Judíos de Constantinopla a XXI de diciembre de 1496.”

Este importante documento está tomado del libro del Abate Bouis “Le Royale Touronne del Bous d’Arlés”, Avignon, 1641, tomo I, pág 474-479.

Documento es este que parece fue la norma de los judíos en España y particularmente en Galicia. Por de pronto nos consta que en los días que estamos estudiando existían pudientes mercaderes en Tuy, una médica en Vigo, un notario en Salvatierra y tres canónigos en la catedral de Tuy. Prescindo de los judíos que vivían en Ribadavia, próximos a los de Orense.

En vista de las sospechas que recaían sobre la conducta religiosa de estas familias, comenzaron los miembros más destacados del Cabildo Catedral a tratar de impedir que se infiltrasen en estado eclesiásticos y, especialmente, en el Cuerpo Catedralicio. Después de varios proyectos, en 12 de enero de 1601, en una reunión capitular, se aprobaron unas constituciones, muy sabiamente meditadas, en virtud de las cuales debían hacer informaciones públicas y juradas no solo acerca de los antecedentes personales sino también de los ascendientes director y colaterales hasta la cuarta generación de cuantos aspirasen a los cargos de Dignidades, Canónigos, Racioneros, Capellanes, Sacristanes y demás clero, a fin de impedir que pudiesen obtenerlos quienes no estuviesen limpios y exentos de manchas familiares de judíos, herejes o penitenciados por la Inquisición.

Tropezó este “Estatuto” con grandes dificultades durante varios años para impedir que tuviese carácter legal obligatorio, merced a influencias desplegadas contra él, por lo cual el Cabildo tuvo necesidad de enviar a Roma, en enero de 1615, al Canónigo Penitenciario, Dr. Martín Padilla, con cartas de recomendación del Obispo D. Juan de Valdemora y el Rey Felipe III para su embajador en Roma y para varios Cardenales, a fin de obtener la aprobación pontificia del “Estatuto”. También en Roma se hallaron tropiezos en un principio para esta aprobación, pero al fin en 22 de marzo de 1617 otorgó Su Santidad Paulo V la Bula de su aprobación para la Catedral y toda la Diócesis de Tuy, la cual se conserva en el Archivo Capitular.

 

Faro de Vigo, sábado 5 de febrero de 1938.

III
Al regresar a esta ciudad a principios de agosto del mismo año el Dr. Padilla, trayendo la referida Bula, fue recibido con gran regocijo, haciéndose manifestaciones públicas de entusiasmo y alegría, la cuales alcanzaron gran apogeo el día 15 del mismo mes con motivo de ser aquella promulgada y jurado solemnemente el Estatuto.

En este día, después de la Misa Coral de la Asunción de la Santísima Virgen se celebró otra solemnidad. El Obispo con todo el Cabildo y demás clero catedralicio se dirigió al Archivo Capitular donde el Deán recogió el documento pontificio y se organizó una procesión acompañada con la música de la Catedral y las chirimías por las naves. Cantose al llegar al Altar un solemne Te Deum e inmediatamente otra Misa conventual. Al llegar al Evangelio acercose el Prelado al altar y tomando la Bula pontificia, la puso sobre su cabeza y puesto de rodillas juró sobre los Santos Evangelios por sí y en nombre de todos sus sucesores observar y hacer observar dicho “Estatuto”. Hicieron después lo mismo individualmente todas las dignidades, canónigos, racioneros y demás clero. Seguidamente subió al púlpito en P. F. Juan Galindo, predicador del convento de Santo Domingo, y habló acerca del acto que se celebraba, continuando después la Misa.

Durante tres días consecutivos se celebraron fiestas y regocijos populares con fuego artificiales, máscaras, paseos públicos, iluminaciones en todas las casas, etc.

Tanta importancia se dio a este acto en toda la diócesis a la aprobación del Estatuto que se consideró su fecha como signo de una nueva era en la vida diocesana.

Tenemos testimonio de ello en la lápida de granito que se esculpió en la antigua iglesia de san Nicolás de Torroso en el partido de Mos-Porriño, con motivo de la construcción de la antigua iglesia de Cerdedelo, hoy agregada a la actual de San Mamed de Torroso.

En la pared exterior del templo se grabó la inscripción siguiente, escrita con varios nexos, abreviaturas y letras mayúsculas y minúsculas, muy irregulares que nosotros regularizamos para mayor claridad. Dice así:

ESTA IGLESIA SE HIZO AÑO DE 1617 EN QUE LA

IGLESIA DE TUY FUE LIBRE DE JUDIOS Y PUBLICO EL

ESTATUTO DE ROMA POR PAULO V: OBISPO DON JUAN

GARCIA DE VALDEMORA: LUIS PEREIRA ABAD QUE HIZO A

SU COSTA CON LICENCIA DE D. GABRIELQUIROS SOTOMAYOR

Como recuerdo de la intromisión de los judíos en la Catedral, dejaron en el claustro de la misma un testimonio epigráfico que da a conocer la audacia de aquellos y que hemos hallado buscando signos lapidarios de obreros. Es una representación esculpida groseramente como hecha de prisa y a escondidas, del candelabro se siete brazos de la Sinagoga. Está en el ángulo del basamento de la arcada del claustro debajo del machón-pilastra fronteriza a la puerta del cuarto de música, al lado de la puerta que del templo va al Claustro. Hela aquí:

Al reproducirla en FARO DE VIGO como curiosidad histórica, publicamos también las letras inmediatas situadas a los lados del candelabro, las cuales no acertamos a interpretar. Solo aparece clara la palabra ARIE, pero nada nos dicen los demás signos epigráficos que la acompañan. El signo anterior a esta palabra es la letra hebrea Dhaleth equivalente fonéticamente a Dh, que significa “puerta”, e ideológicamente “seguridad” y “justicia”. Son dignos de estudio los signos que acompañan a estas letras. ¿Qué objeto se propuso el grabador de este candelabro sinagógico? Es algo simbólico y misterioso.

Terminaré este ya largo artículo con una anécdota histórica acaecida recientemente.

Visitando hace pocos años un ingeniero judío que vivía en Lisboa, una aldea del Norte de Portugal, y hallándose en su cementerio estudiando una lápida sepulcral con caracteres hebreos se le acercó un labrador y preguntándole que hacía, le contestó que copiaba aquellas palabras para recoger notas de familias antiguamente expulsadas de Portugal, que eran judías. El labrador oyendo que era judío el caballero aquel pronunció una palabra convencional en hebreo y levantándose aquel le contestó con otra palabra también hebrea y se abrazaron como correligionarios. El paisano manifestó entonces que era judía toda su familia emboscada en el país desde siglos pasados, que en su casa todos los varones estaban circuncidados y que practicaban todos los ritos judaicos, sin perjuicio de bautizarse todos y asistir a los actos de culto cristiano por temor a los padres (sacerdotes) y a sus convecinos.

Esta noticia publicada en un trabajo en el Tomo I de la revista de Lisboa “Arqueología e Historia”, nos da a conocer la habilidad y perfidia judaicas en los pueblos donde viven encubiertos o conocidos. Esta misma era la conducta de los que vivían en Tuy y de las personas que actualmente militan en las sociedades secretas, especialmente en la Masonería, que hija directa del judaísmo. Conviven hipócritamente con los buenos españoles y con los católicos de pura cepa y hasta toman parte en los actos de patriotismo y de religión, mientras que secretamente asisten a las LOGIAS y asociaciones de las TRAS LOGIAS cooperando con su labor e influencia en la guerra contra la Religión y la Madre Patria.

Juan Domínguez Fontenla

De la Real Academia Española de Historia

Faro de Vigo, domingo 6 de febrero de 1938 



[i] Martínez Tamuxe, Juan: “Don Juan Domínguez Fontenla, notable historiador e ilustre guardés” en Tui. Museo y Archivo Histórico Diocesano VIII (1998), pp. 47-87.

[ii] Martínez Tamuxe, Juan: Op. Cit. Pp. 53-54.

[iii] Martínez Tamuxe, Juan: Op. Cit. P. 58.

[iv] Domínguez Fontenla, Juan: “Un gallego ilustre: Francisco Sánchez era natural de Tuy” en Faro de Vigo de 26 de xullo de 1937. Reproducido en Festas San Telmo 2023 – Ano Francisco Sánchez”, Tui, 2023

[v] Bravo López, Fernando: “La historiografía ante la correspondencia apócrifa entre los judíos de España y los de Constantinopla: una revisión crítica” en Studia histórica, Historia Moderna, 38, n. 2. Universidad de Salamanca (2016), pp. 467-502

[vi] Iglesias Almeida., Ernesto: “Los signos lapidarios de la Catedral de Tuy en los siglos XII y XII” en Tuy. Museo y Archivo Histórico Diocesano, vol II (1977), p. 145.

Comentarios

Entradas populares de este blog

O antigo Hospital e Inclusa (actual Edificio "Francisco Sánchez") cumpre hoxe cen anos

Neste ano 2023 a cidade de Tui vive diversos aniversarios de interese, especialmente o referente ao cuarto centenario do falecemento do egrexio médico e filósofo tudense, Francisco Sánchez, sobre o que nos ocuparemos en datas próximas. https://www.facebook.com/fotosantiguastuy/photos Centrará hoxe a nosa atención outra significativa efeméride, o centenario da inauguración do Hospital e Inclusa de Tui celebrado o 1 de maio de 1923, hai hoxe cen anos, que culminaba un longo proceso de construción deste edificio. Na actualidade este antigo hospital é o Edificio “Francisco Sánchez” coñecido popularmente como Área Panorámica de Tui. É pois unha feliz oportunidade para realizar unha aproximación a historia deste edificio emblemático da nosa cidade. Un edificio creado para acoller as instalación do hospital e da casa de expósitos, ou inclusa. A historiografía ten abordado nas últimas décadas aspectos da historia social pouco atendidos tradicionalmente. O tema da marxinación social é un de

Unha nova entelequia: un Camiño Portugués de Nossa Senhora do Norte por Tomiño e Gondomar

Vivimos nun mundo mediático onde cada vez temos acceso a un maior abano de información de todo tipo, o que en principio resulta altamente positivo e enriquecedor pero paralelamente existe o evidente risco de carecer de elementos de discernimento e valorización para recoñecer o rigor e a falsidade, a veracidade e os falseamentos. Ven a conto esta obviedade para abordar unha breve reflexión sobre a noticia que en días pasados publicaron os medios de comunicación con este titular: Tras un año de investigación, la alcaldesa de Tomiño, Sandra González; el presidente de la Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, junto al alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, y la concejala de turismo de Redondela, María Castro; y el arquitecto e investigador Antonio Soliño, presentaron el «Camiño da Nosa Señora do Norte a Santiago», una variante del Camino de Santiago que pasa por el territorio que recogen ya los archivos históricos. No texto da noticia se afirma o seguinte: La invest

Un poema en galego de D. Basilio do ano 1957

A figura de D. Basilio, cóengo maxistral na catedral tudense e profesor durante varias décadas no Instituto San Paio, continua a ser lembrada por moitos tudenses pola súa erudición, especialmente no que atinxía á historia da nosa cidade como pola súa singular personalidade. Neste blog conmemoramos hai algúns anos o centenario do seu nacemento, o 14 de abril de 1911, ( https://tudensia.blogspot.com/2011/04/hoxe-centenario-do-nacemento-de-don.html ) reproducindo un breve artigo publicado no libro das festas de San Telmo dese mesmo ano  2011. Sinalabamos daquela que era unha persoa sumamente austera, todos o lembramos coa “teja” cubrindo a súa cabeza, a súa faciana morena, sempre vestindo unha raída sotana, fumando os “bisonte” sen boquilla que ofrecía a cantos a él se achegaban, a súa conversa sempre mesturada con referencias teolóxicas. Case todas as tardes, primeiro pedaleando na súa bicicleta, e anos máis tarde sobre a súa vella mobilette (algún día tivo de ser nova pero a miña le