Crónica da Guerra de Independencia en Tui (III): A batalla de Mourentán e cando fican 3311 homes con 36 pezas de artilleria en Tui.

Na anterior crónica comentabamos como o mariscal Soult tralo fracaso do seu intento de cruzar a Portugal primeiro en Tui e logo no esteiro do Miño, decide que encamiñarse cara Ourense para cruzar o Miño naquela cidade e penetrar en Portugal pola “raia seca”.
O historiador Osuna Rey no seu magnífico libro “Los franceses en Galicia” relata as ordes de Soult: “ordena que la división de caballeria de Lahoussaye se ponga en marcha el 17 de febrero a lo largo de la orilla derecha del Miño hasta Ribadavia para continuar hasta Ourense. La caballeria de Lorges que estaba en O Porriño debía marchar hacia Ribadavia pasando por Ponteareas. La 4ª división (Heudelet), partir desde Vigo, con los zapadores (coronel Garbe) para llegar lo más pronto posible a Ribadavia. Las órdenes fueron también para que el Cuartel General y la 3ª división (Delaborde) partiesen el 17 por A Franqueira hacia Ourense; la 2ª división (Mermet) debia dejar Tui el día dieciocho.’La primera división (Merle), cuyo cuartel general aún estaba en A Guarda, y la caballería ligera (Franceschi) con el suyo en Baiona, debían comenzar sus movimientos el 18 y pasar por Tui el 19, recomendándose a Franchesi marchase de ta forma que pudiese que pudiese ocupar la vanguardia del ejército’”.
No seu percorrido a división de Heudelet e as tropas que acompañaban ao xefe dos servizos do exército, o coronel Lenoble, chegan o 17 á ponte das Achas, que cruzar ap día seguinte tras superar algunha pequena escaramuza, en Melón realizan un descanso no que consumen as reservas de viño daquel mosteiro benedictino e continúan a Ourense.
Namentras a 4ª división de dragóns do xeneral Lahoussaye chega o 17 á ponte de Mourentan, sobre o río Deva, e topan alí coas forzas de paisanos comandadas polo abade Mauricio Troncoso de Lira, que conseguiron frear avance frances durante toda a xornada, pero ao caer a tarde aos xinetes tomaron terra como forzas de infanteria vadearon o río, e ocuparon, en loita corpo a corpo, as aldeas inmediatas e mesmo Mourentán e logo Cequeliños queimandoas por completo, logo de saquealas.
Un oficial francés relata: Mas de 400 españoles perdieron allí la vida; a la vista de la carniceria y de las casas reducidas a cenizas, deploré la suerte de aquellos infortunados (...) los habitantes de Mourentán abandonaron su aldea, huyendo a la montaña hasta donde fueron perseguidos y se mató a un gran número de ellos. A cifra de vitimas esta en revisión pois non se corresponde cos rexistros dos libros de defuntos, probablemente un centenar de mortos nesta xornada será unha cifra máis axustada.
Este episodio de Mourentán ten un doble significado, por unha banda, é o primeiro combate serio que os paisanos de Galicia presentaron ao exército francés, logrando facerlle numerosas baixas aínda que resultaba imposible deter a unha maquinaria tan potente como eran as tropas napoleónicas. Dende ese dia as escaramuzas, os ataques por sorpresa, as guerrilas, espallanase por toda a provincia tudense e o Abada do Couto será recoñecido como a principal autoridade deste “exército” popular. Sus planteamientos tácticos sobre la utilización del terreno en primer lugar, su constancia en la lucha y sus dotes organizativas, hacen del Abad de O Couto, afirma Osuna Rey, una figura singular, quizás la primera de todas las que contribuyeron a la liberación de Galicia.
E tras a derrota de Mourentán o principal obxectivo de Troncoso de Lira será a liberacíón da cidade de Tui. Nestes combates os paisanos adquieren unha experiencian na loita que logo desenvolverán no cerco á cidade episcopal.
O mariscal Soult, que sairá de Tui posiblemento o 19 de febreiro, ao coñecer as moitas dificultades que atopan as súas tropas no camiño cara Ourense e comprobando como o movemento da artilleria retrasaba a todo o exército pois a orografia dificultaba o seu tránsito, determina unha reducción sustancial do parque de artilleria, ordeando que o resto retroceda á cidade tudense.
El mariscal juzgando que Tui era un punto importante, confió su mando al general Lamartinière, oficial con raro mérito –recollemos un escrito dun militar francés Lenoble citado por Osuna-, dejando en la ciudad una guarnición de más de 350 hombre de infantería que debían aumentarse con los que salieran de los hospitales –tenían 900 enfermos- y todo el personal de artilleria que se reuniese en Tui, además de 36 piezas de todos los calibres del parque, disponían allí de dos morteros, varios cañones y municiones llevadas desde Vigo.
Tras a chegada das forzas de artilleria, entre o 20 e 22 de febreiro, Tui tería unha guarnición de 3.311 homes, entre os que contabamos aos xa citados ingresados nos hospitais e tamén 300 ou 400 feridos e enfermos repartidos polas casas da localidade ao coidados dos propios tudenses. Os tudenses daquela hora tiñan que sufrir as consecuencias da ocupación militar francesa: aloxar as tropas, esixencias de impostos e contribucións, saqueo de víveres, incautación de armamento e munición, pois as tropas francesas, segundo testemuñas da época, estaba mal dotada e peor sumnistrada tendo que usar os recursos dunha terra, ben pobre daquela, pois nin os muiños abondaban para o sumnistro de fariña. Resulta evidente que diante dunha forza armada de tal envergadura os habitantes de Tui pouca resistencia poderían presentar e agardaban a oportunidade que chegaría nas vindeiras semanas cando as tropas do país poñan cerco á cidade.
Rafael Sánchez Bargiela

Moi ben, pero case sempre nos esquecemos dos portugueses, que pasaban o Miño para apoiar ós paisanos con xente, armamento e munición, subministrada polos barcos ingleses ó pairo na costa atántica. E que o exército portugués ó mando do Xral. Bernardim Freire non foi batido por Soult e recuperou Chaves, e logo, en apoio de Beresford que pasou o Douro pola Regoa obrigando ós franceses a saí da ratoeira do Porto por Monealegre-Allariz. Mentres Almeida pasaba o Miño, tomando o forte de Goiá,, A Gauadia e axudando reconquistar Tui e Vigo. Etc, etc.
ResponderEliminar