A celebración dos “maios” xorde como unha festa que manifesta a ledicia pola chegada da primavera, do novo agromar do mundo vexetal. Por eso estas celebracións son propias das sociedades agrarias onde estes ritos posúen un carácter propiciatorio, para garantir a colleita que asegura a propia vida. En Galicia tamén existen numerosas manifestacións do que se deu en chamar o “ciclo do maio” que, por mágoa, en moitos casos desparecen a medida que avanza a transformación da nosa sociedade. Moitas destas manifestacións evolucionaron e foron cristianizadas. Velaí o caso da nosa cidade. Na nosa bisbarra conservamos algunha tradicións vencelladas ao ciclo do maio como o monumental arco que por San Brais erguen os veciños de Tabagón ou os ramos procesionais de Budiño, ou a tradición de colocar nos coches nesta xornada unha ponliñas de xesta.
Carecemos de noticias sobre os maios na nosa cidade, agás as relativas a súa derradeira etapa, nos primeiros anos da década dos sesenta do pasado século; de seguro que era unha festa tradicional que fora decaindo cos anos, e así o Centro de Iniciativas e Turismo tudense dirixido daquela por Manuel Fernández-Valdés Costas, con Julio Bugarín Montes como secretario, comezaron a convocatoria dun concurso de maios, “velando por la conservación de nuestras tradiciones”, en colaboración coa Delegación Local do Frente de Juventudes. Iniciativa que proseguiu nos anos seguintes a nova directiva do CIT presidida por José Casal Aboy e, entre outros, con José Aparicio Fernández como Vicepresidente e con José Durán Sierpe, o lembrado “Che Durán”, como delegado de festexos e excursións.
Os últimos anos de celebración na nosa cidade da festa dos maios, foron pois os anos 1960 ao 1963. A data de celebración era nos primeiros días do mes, algún ano o 2 de maio e outros o propio dia 1. Tamén variou o seu horario, primeiro na tardiña e xa no 1963 foron de mañá, pero sempre no mesmo lugar: o paseo da Corredeira.
Dada a época as bases do certamen regulan o aspecto máis trangresor da festa, as coplas: “los grupos que deseen tomar parte en este simpático concurso, pueden realizar su inscripción en este centro de iniciativas a la mayor brevedad, debiendo presentar las coplas autorizadas por la Delegación Provincial del Ministerio de Información y Turismo”.
Os premios eran en dúas categorías, para os “maios” de 150, 100 e 50 pesetas e con similares cantidades premiábanse as mellores coplas.
No ano 1961 resultou gañador o maio presentado polo grupo “D’os Coreanos” do Fogar Padre Salvado, esta mesma agrupación cantaba as súas coplas tituladas “Criticando, criticando”, moi propias do espírito da festa, con letras como as seguintes:

Este noso maio
e mui bonitiño
pois temolo feito
con moito cariño
Feito pra animar
a esta boa xente
qu solten perriña
e Dios a conserve.
Se tiramos do novelo
moito podemos falar
c’as cousas do Municipio
que sacamos a airerar.
moito podemos falar
c’as cousas do Municipio
que sacamos a airerar.
Falaremos suave
pra non molestar
daremos unha d’area
de despois outra de cal
Estamos muy contentiños
cos proyeutos d’este Alcalde
imos ver si será un feito
ou será falar de balde.
pra non molestar
daremos unha d’area
de despois outra de cal
Estamos muy contentiños
cos proyeutos d’este Alcalde
imos ver si será un feito
ou será falar de balde.
A os que o rodean
sacúdeos ben
teñen qu’andar dereitiños
e depresa como un tren
Nosas comunicacións
funcionan como lle cadra
o teléfono e correos
e os coches que son tartanas
sacúdeos ben
teñen qu’andar dereitiños
e depresa como un tren
Nosas comunicacións
funcionan como lle cadra
o teléfono e correos
e os coches que son tartanas
Si queres viaxar
hasta Pontevedra
tes que facer máis trasbordos
que para ir a Venezuela.
hasta Pontevedra
tes que facer máis trasbordos
que para ir a Venezuela.
Mesmo o xornal “Faro de Vigo”, patentizando o seu importante papel na vida local, non escapaba da crítica dos componentes do “maio”:
O corresponsal do “Faro”
que non sea mentideiro
que cando mande as noticias
non lle chame o blanco, negro.
que non sea mentideiro
que cando mande as noticias
non lle chame o blanco, negro.
Estamos doídos
porque o ano pasado
non nombrou os nosos versos
e puxo outros cambeados
porque o ano pasado
non nombrou os nosos versos
e puxo outros cambeados
Elementos propios desta festa eran a crítica da vida local e a petición de cartos que facían os compoñentes do “maio” cando percorrían a cidade amosando o seu maio, con figuras xeométricas, sobre todo cónicas, ou mesmo cruces floridas, cantando as súas coplas, e así o relatan
Inda que nos propuxemos
non cair nada pesados,
van salindo muitas cousas
que son a salsa d’os “mayos”.
non cair nada pesados,
van salindo muitas cousas
que son a salsa d’os “mayos”.
Hasta outro ano,
que o pasen ben,
que teñan moita sorte
inda que nada nos den.
que o pasen ben,
que teñan moita sorte
inda que nada nos den.
Nese mesmo ano 1961 foi a agrupación “Os rebeldes” quen acadou o primeiro premio en coplas, namentres que no seguinte ano foron os membros do grupo “Os cativos”, que cantaban coplas como as seguintes:
Ánimo, señores,
empuxemos todos
para que Tui non morra
e conserve os seus tesouros.
Tui está enfermo
e hai que curalo,
e ver si nos damos
algunha no cravo
Para criticar cousas
hai un gran filón
solo con meterse
coa Corporación
empuxemos todos
para que Tui non morra
e conserve os seus tesouros.
Tui está enfermo
e hai que curalo,
e ver si nos damos
algunha no cravo
Para criticar cousas
hai un gran filón
solo con meterse
coa Corporación
Visiten señores
nos Catedral,
e ó chegar á porta
volvan para atrás.
A ver quen encarga
de que estea abert
porque o letreiro
e tan solo leria.
Isto vai para aqueles
a quen lle compita
a Cámara de Comercio
diganos qué pinta
a quen lle compita
a Cámara de Comercio
diganos qué pinta
Neste ano 1962 de novo "Os Coreanos" participan no certame e as súas copla versarán encol das obras da nova Casa do Concello:
Xa que discorriron pouco
na feitura do axuntamento
que lle dean fin a esta obra
anque teñ pouco xeito.
Xa non ten remedio
¡que se vai facer!
as cousas tan descompostas
non se poden compoñer.
Os maios tudenses tiñan, segund Clodio González Pérez, como figura tradicional unha cruz de madeira, recuberta con fiuncho e adobiada con flores, que portaba un neno que, coma os seus acompañantes, ía con coroa e bandas florais (similar posiblemente ao que acompaña esta entrada).
Tamén era tradicional en Tui a presenza das “maias”, como as describía o estudoso tudense Manuel Fernández Valdés: “un niño adornado con corona y banda de margaritas silvestres –“maravillas”- lleva la cruz (de madera cubierta de hinojo y de flores) y le rodean otros niños adornados con maravillas, las estrofas son en gallego y castellano y empiezan:
Sal mes de mayo,
Sal primavera,
Sal luz y encanto
Que alegras la tierra
Sal primavera,
Sal luz y encanto
Que alegras la tierra
Esta é unha tradición máis urbana e soían pedir para “Felipe Santiago”, pois a festa relixiosa do día un de maio estaba adicada, ata a reforma litúrxica, aos apóstolos Felipe e Santiago, o Menor. Eran “maias” xa cristianizadas e que, as veces, ían acompañadas de arcos enfeitados con flores, fitas de cores, etc.
Dende o ano 1963 os maios deixaron de percorrer as rúas de Tui e achegar a súa irónica visión da vida colectiva. Nos últimos anos, de novo realízanse algúns maios na cidade tudense cinguidos agora a actividade docente dos nosos colexios. Sería boa cousa recuperar estas vellas tradicións que afondan no patrimonio inmaterial tudense.
Rafael Sánchez Bargiela
Edición correxida e aumentada do publicado en Faro de Vigo, suplemento Baixo Miño - Louriña o 27 de maio de 2006
Comentarios
Publicar un comentario