Ir al contenido principal

Unha descoñecida procesión de San Telmo en Tui


A devoción ao “Corpo Santo” Pedro González Telmo é unha constante na cidade de Tui dende os tempos medievais, pois tras a súa morte xa temos documentada a pregraria dos nosos veciños diante seu intercesor. Mais de setecentos anos de continuidade no seu culto provocan que a figura de San Telmo estea firmemente asentada en múltiples realidades da nosa cidade.
As festas que vivimos estes días teñen o seu punto culminante na solemne procesión que percorre a nosa cidade na tardiña do vindeiro lúns, un desfile procesional que na súa actual configuración data da metade do século pasado, ao incorporarse á procesión de San Telmo boa parte do cerimonial e imaxes que desfilaban na procesión do Corpus Christi. Un traslado motivado polas reformas litúrxicas que realizaba a Igrexa naqueles anos, excluindo outros elementos da procesión fora de Cristo Sacramentado, para resaltar a centralidade deste culto eucarístico. Cómpre indicar que procesión do Corpus foi, sen dúbida, o principal desfile procesional tudense ao longo dos séculos.
Xunto a esta procesión de San Telmo conservamos outra, con máis percorrido histórico, a procesión coas reliquias, tanto de San Pedro González como doutros santos, pola “Coronilla”, ou ruas adxacentes á Catedral tudense, e que é prólogo da Misa solemne de San Telmo na nosa Catedral; un desfile que afortunadamente aínda hoxe se realiza con solemnidade na mañá da festividade.
Pero xunto a estes desfiles procesionais existe outra procesión de San Telmo, prácticamente descoñecida polos tudenses, pero que anualmente é cumprimentada polas Clarisas no seu Mosteiro de Nosa Señora da Concepción. As nosas “Encerradas” amosan deste xeito, nunha nova oportunidade, a súa identificación con esta cidade que as acolle dende hai cincocentos anos.
Na tarde do lúns da infraoctava de Pascoa, festividade de San Telmo, as monxas clarisas realizan polo interior do seu recinto monástico unha procesión na honra de San Telmo, na que participa toda a comunidade e na que xunto aos cantos elévanse pregarias ao noso patrón a prol da cidade de Tui e as súas xentes. A vocación contemplativa das nosa Clarisas e a súa función de intercesoras polas necesidades de todos os homes e mulleres e, nomeadamente, dos máis achegados, queda nunha nova oportunidade manifesta.
A procesión ten lugar logo da oración de nona, arredor das catro e media da tarde, e percorre as dependencias monásticas dende a Igrexa ata a horta conventual. Aínda que nalgunha oportunidade o santo foi transportado nunha andiña, decorada con flores, normalmente era levado pola monxa máis nova –na actualidade portao a abadesa- namentras a comunidade recita o santo Rosario, entoa salmos e antigamente cantaban os gozos de San Telmo. Ao chegar á horta é colocado nun pequeno altar alí levantado para o caso. Perante o percorrido procesional realizanse diversas pregarias polas necesidade da cidade tudense e se invoca a protección de San Telmo.
A imaxe de San Telmo, que porta un relicario e que acompaña a este traballiño, é unha fermosa obra barroca pintada polo mestre tudense Jacobo Paez de la Iglesia (Tui, 1803-1888), con numerosas obras espalladas polo bispado tudense: Santa María de Salceda, Riofrio, Morgadáns, Goián... e mesmo na propia cidade de Tui. Tanto a coroa, o barco e o relicario en prata foron, posiblemente, realizados polo ourive tudense Francisco Barreira.
O mosteiro das Clarisas tudenses posue, como corresponde a un convento de tan loga tradición, un amplo conxunto de reliquias, entre elas, tres do noso santo patrón. Un documento de 1900 conservado no arquivo monástico informa sobre a orixe dunha das reliquias: “La hermana lega Sor Rosario de San Telmo antes de tomar el dcho hábito estuvo sirviendo en casa de D. José Leandro Mendelo, canónigo en esta ciudad y encargado de las reliquias del glorioso santo, estando la cabeza del santo en casa de dicho señor para arreglarlo el pintor, la hermana Rosario estaba alumbrando con una vela de cera, cuando vio se le desprendían unos fragmentos de la frente y luego se los pidió al dicho Señor Mendelo, quien se los negó; pero luego de pensarlo un rato se los dio, la Sor Rosario mandó hacer de plata un reliquario que es el que tiene S. Telmo pendiente del cuello y deseando que se incluyesen en el referido relicario hasta que a ruegos de la Sor Rosario la Abadesa Sor María de la Concepción de Jesús, pidió al Capellán D. Jesús Fernández Costas las metiese en el relicario como así lo hizo en el año de mil ochocientos noventa y nueve cerrándose y sellándose con plata... Amáis desta reliquia o convento das Clarisas tudenses posue outras dúas tecas de prata con senllas reliquias san telminanas procedentes dunha casa tudense.
A xornada de San Telmo era, e segue sendo, unha data festiva no convento, case todos os anos –ata o presente- reciben nesa xornada a visita do bispo e lembran as monxas que ata o xantar era especial nesa xornada: ovos fritidos con chourizo e patacas, e, á sobremesa, marmelo.
Na actualidade a comunidade de Clarisas que segue conservando esta secular tardición con agarimo, anceia levantar na horta conventual unha pequena capeliña dedicada ao noso santo patrón aproveitando un antigo depósito de auga, e na que estarán tamen os santos da orde franciscana: santa Clara e san Antonio.

Rafael Sánchez Bargiela

Publicado no suplemento das "Festas de San Telmo" en Faro de Vigo, 18 de abril de 2009

Comentarios

Publicación populares

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall...

A lenda do túnel baixo o MIño

As lendas ou narracións populares, transmitidas oralmente, relatan xeralmente acontecementos ficticios que se teñen por reais, en moitas ocasións mesturados con feitos históricos. Pola súa capacidade de evocación, pola súa transmisión xeracional as lendas conforman un acervo do que chamamos patrimonio inmaterial que cómpre recoller e preservar. Na nosa cidade conservamos varias lendas vencelladas ao caracter histórico da nosa localidade, ao seu caracter fronteirizo e consecuentemente a súa fortificación fronte aos posibles invasores. A máis asentada no imaxinario colectivo tudense é a relativa ao “túnel” que comunica Tui coa outra beira do Miño, coas terras de Valença. Resulta moi significativa esta lenda pois testemuña como na mentalidade dos tudenses a fronteira e a súa condición de limite, de aillamento fronte ao estranxeiro era superada polas nosas xentes que a través do túnel escapaban destas “imposicións” e mantiñan a comunicación coas terras irmáns que as estructuras políticas ...

Agrarios tudenses en "El Agrario" de Buenos Aires de 1923

Fundadores da "Sociedad Agraria" de Paramos (en pose para El Agrario) De esquerza a dereita b(en pé), cidadáns Hermenegildo Gándara Estévez e Manuel Alem; sentados Simplicio Fernández Rivas, Hermenegildo Alem Rocha e Jesús Fernández Rivas Temos comentado en numerosas oportunidades neste blog o escaso coñecemento que posuímos sobre a historia mais recente do noso concello. Entre os episodios que conforman este período histórico máis recente está o movemento agrarista que na última década do século XIX e nas primeiras do pasado século mobilizou aos labregos de Galicia na procura do acceso á propiedade da terra (ata daquela os nosos campesiños eras foreiros, tiñan o usufructo inmemorial dunhas leiras que non eran súas) e consecuentemente a mellora das condicións de vida destas masas populares. Será o movemento agrarista o que adquira neste anos un progresivo protagonismo fronte ao caciquismo conservador que dominaba a vida política da comarca de Tui coa figura ...

A Semana Santa tudense e as súas posibilidades

Xa na noite do Venres Santo xorde de novo unha reflexión sobre a Semana Santa tudense, pois quizais na nosa cidade non chegamos albiscar as súas potencialidades como elemento que forma parte do noso acervo patrimonial que temos a responsabilidade de conservar, sen privala da súa dimensión relixiosa, e dende esta valorización é tamén un posible recurso turístico para Tui, pois poucos lugares de Galicia teñen unha riqueza similar nestas xornadas. Neste mesmo blogue temos sinalado que inmediata celebración das festas patronais de San Telmo distorsiona a visión destas xornadas de celebración do misterio pascual de Xesús, configuradas como un preludio das festas e, consecuentemente, infravaloradas non xa na súa dimensión espiritual senón na súa significación cultural. Cómpre valorizar as actividades litúrxicas ou para-litúrxicas destas datas, pois, independentemente da súa significación relixiosa ou espiritual, conservan requintadas expresións da nosa historia colectiva da que somos...

"A Trapa" a segunda cova granítica máis grande de Europa descoberta en Ribadelouro

O pasado sábado 9 de abril nunha conferencia pronunciada en Tui Clube Espeleolóxico “Maúxo” presentou un descubrimento certamente importante: “A Trapa” a segunda cova granítica máis grande de Europa, que se atopa na parroquia de Ribadelouro nas abas do Monte Aloia. Un descubrimento de especial relevancia para a xeoloxia e para a arqueoloxia da nosa terra, e que incrementa o valor que sa posuía esta zona inmediata ao Parque Natural do Monte Aloia. Cómpre agora impulsar o proxecto de ampliación territorial deste Parque abranguendo a Serra do Galiñeiro –por certo, ameazada na actualidade pola prevista instalación dun parque eólico-. Felicitamos ao Clube Espeleolóxico “Maúxo” polo seu labor e por aportarnos este relevante descobrimento. Achegamos un artigo publicado no día de onte na edición Galicia de “El País” como información sobre este achado. Una trampa de 1.200 metros Expertos descubren la segunda cueva más grande de Europa en O Galiñeiro SARA VILA - Santiago - 21/04/2011...

Ricardo Blanco Cicerón

O pasado martes 15 de decembro foi inaugurada no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, unha exposicion que co titulo de “Olladas dunha época” recolle unha escolma das fotografias do chamado “Fondo Blanco-Cicerón” que se custodia no devandito Museo. Como podemos comprobar na portada do catálogo que acompaña a este “post” a cidade de Tui é unha das protagonistas desta mostra que amosa unha selección das fotografías que conformaban a colección de Ricardo Blanco-Cicerón (Tui 1844 – Santiago 1926). Son na súa meiranda parte instantáneas da época do cambio de século, entre 1890-1910, e que respostan ao interese coleccionista de D. Ricardo que conformou ao longo da súa vida a, posiblemente, a máis ampla colección de caracter cultural que teña existido en Galicia: obxectos prehistóricos, artísticos, etc. que nutren hoxe en boa medida os museos da nosa terra. Esta mostra organizada conxuntamente polo Museo do Pobo Galego e o Centro Galego de Artes da Imaxe poderá ser visitada ...

Yzquierdo Durán, ilustrador tudense. Breve noticia.

Jose Yzquierdo Durán foi un popular ilustrador que radicado en Madrid realizou, nas primeiras décadas do século XX unha prolífica producción en todo tipo de publicacións, tanto periódicas como en libros. Son moi escasas as noticias sobre a súa traxectoria que poidemos acadar non así imaxes da súas obras, que ocupan as portadas de numerosas edicións das segunda e terceira décadas do pasado século. O erudito Manuel Fernández-Valdés no seu excepcional libro “Familias antiguas de Tuy” nos informa que Jose Izquierdo Durán era fillo do avogado tudense José Izquierdo Sarmiento, que foi secretario do Concello tudense, e de Concepción Durán Mera, dunha familia de longa tradición na cidade. Tiveron tres fillos, Celso, que foi crego ocupando, entre outras, a parroquia de Piñeiro, Pilar, que foi directora moitos anos do “Hogar Rosendo Salvado” dependente do Auxilio Social nos anos da ditadura, e José, de quen hoxe nos ocupamos. José Izquierdo Durán naceu en Tui no anos 1890 e desenvolveu en Madrid...