A figura de San
Telmo é unha referencia esencial na historia e na identidade tudense, pois
dende hai mais de oito século acompaña á vida das xentes de Tui. Moito se ten
escrito sobre a súa figura, o seu culto e devoción, sobre a extensión
xeográfica desta advocación, a súa iconografia, o proceso de identificación
entre Frei Pedro Gonçalves, o Corpo Santo e San Telmo... por citar algunha das
múltiples perspectivas desde as que podemos achegarnos á figura do noso patrón.
Moitas das
biografias existentes sobre San Telmo non deixan de ser unha haxiografia, que
beben de fontes medievais (tanto dos seus miragres como da súa vida recollida
no Pasionario da Catedral tudense) e modernas (especialmente as obras de Frei
Fernando de Pineda do século XVIII) pero carecen dun achegamento ao seu
contexto histórico que permita comprender a permanencia do culto e a devoción a
un frade dominico que foi transformándose de Frei Pedro Gonçalves a Corpo Santo
e, desde o século XVI, a San Telmo ou San Pedro González Telmo. Un proceso
histórico onde non foi lograda a súa canonización oficial pero si o
recoñecemento do seu culto como santo, avalando a devoción popular que dende
primeira hora deulle este recoñecemento.
Os datos
históricos ou biográficos que posuímos sobre este frade dominico son escasos e
aínda máis reducidos os referidos a súa relación en vida con Tui. Basicamente
están recollidos, como apuntabamos anteriormente, na “Legenda Beati Petri Confessoris, Ordinis Praedicatorum” un
manuscrito anónimo do século XIII que se conserva na Catedral tudense e que
forma parte do chamado “Pasional Tudense” (unha das pezas codicolóxicas mais
importanrtes de Galicia). Esta Legenda
foi editada por E. Flórez na súa monumental “España Sagrada”. Como suliña
Lorenzo Galmés “el legendario tudense
contiene elementos cercanos a los acontecimientos que cuenta, ya que pudo
disponer de la síntesis biográfica que el obispo diocesano envio al Capítulo
General de Tolosa, doce años después de la muerte del Siervo de Dios,
acompañando una relación de milagros
atribuídos a sus intercesiones y proponiendo la causa de canonización
del mismo” (1)
Neste documento
non se emprega en momento algún a denominación de Telmo, senón que figura
sempre como Petrus Gundisalvi, Pedro
fillo de Gonzalo. Na documentación tudense a primeira mención que se conserva
ao nome de Telmo aparce en tempos do bispo Diego de Avellaneda que en 1529
decide o traslado dos seus restos, que estaban situados entre a entrada á
Catedral e o trascoro, á nova capela daquela chamada dos bispos (na actualidade
dedicado ao Santo Cristo da Agonía): “aqui
jaze el cuerpo del bienaventurado Sant Helmo que por otro nombre llaman fray
Pero Gonçalez é qual estava en la entrada de la puerta principal desta yglesia”
(2)
Cabería
preguntarse ás razóns que existen para esta dilatada relación entre os tudenses
e este frade dominico que, segundo a Legenda, dixo no seu leito de morte “te anuncio que el Señor que se acordó de mis
trabajos, remunerador espléndido de las pocas cosas buenas, llamándome a mi
ahora rapidamente para marchar de esta vida me entregó con esta especial disposición a la ciudad
para que por mis suplicas y méritos la propia ciudad y la región circundante
sean protegidos de los muchisimos peligros a los que se exponen por las faltas
de los hombres en el Tribunal del Dios justo”.
Pedro González,
natural de Frómista, acada, con unha idade temperá, o deanato da Catedral de
Palencia; é un dos primeiros discipulos hispanos de Domingos de Guzmán, que
viña de fundar a Orde dos Predicadores, tamen denominada dos dominicos polo seu
iniciador. Esta orde relixiosa xorde en torno a 1215 cando Domigo de Gúzman
establece en Tolosa/Toulouse a primeira casa. Cando morre en 1221 a Orde xa
está claramente estruturada e conta con máis de setenta comunidades en
funcionamento.
Pedro González
entra no convento dominico de San Pablo de Palencia en torno a 1220 logo do seu
fugaz paso polo deanato da Catedral daquela cidade de Castela. Súmase, por
tanto, a unha orde conventual que estaba a iniciar naqueles anos a súa
traxectoria pero que conectaba coas novas formas sociais que agromaban naquel
período histórico e as sensibilidades que suscitaba.
O futuro San
Telmo se suma así a unha corrente relixiosa que procura unha alternativa aos
vellos mosterios e monxes, de orixe benedictina, cuxos valores relixiosos e
concepcións eclesiolóxicas, caracetrizados por “una concepción claramenrte aristocrática de la existencia, que se venía
manifestando desde comienzos del siglo XI de una forma palmaria, en el
desprecio radical del mundo -irremisiblemente sometido a la sordidez del
trabajo y a la tiranía del pecado-, posición que se renueva, frente a los
progresos de la urbanización y a los avances en la división social del trabajo,
con la condena de los valores subyacentes a los fenómenos señalados -afán de
mejora económica y cultural, agilización mercantil y monetaria, desarrollo
técnico- y sus secuelas de claro gusto antiaristocrático -individualismo,
promiscuidad, asociacionismo, anonimato- y que, en toda lógica, les permite
disfrutar de un confortable distanciamiento en relación con los problemas
religiosos, éticos, morales y políticos en que se va a debatir la sociedad que
les rodea” (3)
En definitiva as
grandes ordenes monásticas, nacidas da herdanza de San Bieito, non son capaces
de conectar e, consecuentemente, respostar ás novas dinámicas sociais do século
XIII onde o desenvolvemento das cidades, en toda Europa, implica a aparición de
novos valores sociais. Xorden asi nos inicios do século XIII dúas novas ordenes
relixiosas de enorme repercursión na historia da Igrexa e da sociedade:
franciscanos e dominicos. A mensaxe e a praxis de Francisco de Asis e de
Domingos de Guzman tenta harmonizar a doctrina e a practica da vida cristián,
procurando o retorno á orixinalidade evanxélica, coas novidosas situacións da
sociedade do século XIII
Desde sus propios centros, desde las escuelas
catedralicias o desde las cátedras universitarias, los frailes contribuyeron
decisivamente a la liberación de la razón como cualidad específicamente humana.
La fe busca apoyo en la razón, dando lugar a la teología, en tanto que la moral
intenta una reconciliación entre la fe y las actuaciones humanas de cuyo
sentido la razón da suficiente cuenta. Esta aproximación entre fe y razón va a
hacer posible una rehabilitación moral de actividades y actitudes
tradicionalmente sumidas en el desprecio, tales como el ejercicio del comercio,
el préstamo con interés o el profesionalismo liberal, con sus inevitables
secuelas lucrativas, fenómenos radicados fundamentalmente en las ciudades cuya
pujanza es coherentemente celebrada por los frailes. De la experiencia urbana
de éstos surge también una nueva doctrina en torno a las nociones de pecado,
delito, culpabilidad y pena, cuyas repercusiones van a afectar, incluso, a las
concepciones del más allá vigentes hasta entonces. El mundo de las ciudades es
el mundo de la libertad individual. Pues bien, corresponde en gran manera a los
frailes del siglo XIII el mérito de haber llevado, en el ámbito espiritual, los
presupuestos de la libertad hasta sus últimas consecuencias. En el tribunal de
la penitencia, el pecador, lejos de todo miedo a la pérdida de la libertad,
conserva el protagonismo que se le supone en la comisión del pecado. La confesión
-relato de situaciones más que enumeración de pecados-, el arrepentimiento
-factor vinculado al perdón-, y el cumplimiento de la penitencia -privada y
adaptada a cada caso- representan un importante reforzamiento de la experiencia
de la libertad, al vincular a la misma el borrado de la culpa y la expiación de
la pena merecida por las transgresiones cometidas en su nombre. En fin, en el
orden pastoral, los franciscanos y dominicos manifiestan un especial interés,
de acuerdo con su compromiso de lucha contra la herejía y defensa de la
Iglesia, y en consonancia con sus inquietudes intelectuales, en acercarse a las
necesidades de los laicos mediante la predicación, la elaboración de manuales,
el fomento del asociacionismo caritativo y de prácticas paralitúrgicas, el
reconocimiento de la vida interior o el ejemplo de la pobreza y humildad (3).
Este papel dos
frades mendicantes estará reforzado polo seu xeito de vida, baseado nunha
radicalidade evanxélica: viven das esmolas das xentes, teñen unha dedicación
prioritaria á predicación itinerante, tantas veces alonxados do seus conventos,
que os achega ao pobo pero compatible, especialmente, no caso dos dominicos,
cunha formación intelectual moi sólida. Aparece así a figura do home santo, o
frade, que hereda o papel principal na vida relixiosa que anteriormente tiña o
monxe.
Neste contexto
histórico temos de situar a presenza da predicación do dominico Frei Pedro
González nas terras de Galicia e o Norte de Portugal. O Noroeste hispánico
asiste ao nacemento dunha nova realidade política como é o reino de Portugal. A
cidade de Tui é un lugar estratéxico neste proceso pois a súa posesión é un
factor esencial para a consolidación da nova monarquia portuguesa. Estas
continuas alternativas comezan o seu ocaso cando unha nova ocupación
lusa de D. Sancho I en 1169 foi rexeitada por Fernando II de León que en 1170
conceda á cidade de Tui os seus foros e ordea levantar unha muralla e mesmo a
concentración de toda a poboación, tratando de crear un núcleo fortificado e
fiel fronte ás pretensións portuguesas ao que decide chamarlle “Buenaventura”
aínda que con escaso éxito.
De novo en 1186, D. Sancho I toma a cidade de
Tui, á que concédelle importantes doazóns. Aos dez anos estallan novas las
hostilidades entre D. Sancho y Afonso IX. Así se xustifica que, en 1200 o Rei
D. Sancho I mandase construír os primeiros muros defensivos en Valença, chamada
daquela Contrasta –cuxa fundación sitúase arredor de 1198/99-, dotandoa dun
foral entregándolla ao fidalgo D. Paio Carramondo, para que este a poboase e
edificase unha igrexa. En 1212, a recen fundada Contrasta é arrasada polo
exército de Afonso IX. En 1217, D. Afonso II mandou repoboala, reconstruír as
súas murallas e outorgoulle un foro ou “foral”. Será en 1262, por diploma de 2
de Agosto, cando D. Afonso III confirme o foral outorgado, a favor de
Contrasta, polo seu pai, pero cambiándolle o nome por Valença. Estas
denominación traducen xa as dúas principais funcións desta cidade ao longo dos
séculos: militar e comercial.
O territorio da diocese abrangue terras tanto
do reino portugués como do castelán e os propioa bispos oscilarán na súa
fidelidade a ambos monarcas, pero esta ambigüidade logrará importantes doazóns
de ambos monarcas que consolidad a súa preminencia na cidade fronte á dinámica
buguesia tudense.
Aínda que as ocupacións da cidade continúan
nas primeiras décadas do século XIII, Tui se consolida como un importante
núcleo urbano e centro económico e comercial cun dinámico porto fluvial. Os
burgueses tudenses se rebelaran en varias ocasións contra o poder temporal de
bispo: xa no propio ano 1170 houbo conflitos, en 1211 e finalmente en 1248 que
resolve o rei Fernando III en 1250 cunha sentenza que condena ambas partes,
tanto o bispo como os lideres burgueses, e restablece os foros de 1170 dándolle
certo pulo ao papel dos burgueses tudenses fronte o señorio episcopal da cidade
e o seu couto que non é cuestionado pola monarquia e que dificulta o
desenvolvemento máis amplo desta feble burguesía local. Outras localidades
galegas si lograrán substraerse do señorío eclesiástico e reforzarán asi o seu
dinamismo social e económico.
A presenza dos
dominicos en Galicia comeza na cidade de Santiago en torno a 1220-1222, nos
mesmos anos en que asistimos á fundación de conventos en Segovia, Madrid,
Santarém, Coimbra, Toledo ou Burgos, aínda que a primeira cita documental data
de 1228 en que os frades de San Domingos de Bonaval reciben un legado. A
seguinte fundación dominicana en Galicia terá lugar ao cabo de tres décadas en
Ribadavía, na diocese de Tui, e na mesma tiveron protagonismo os compañeiros de
Frei Pedro González, especialmente Frei Pedro das Mariñas e Frei Miguel
González.
Pola súa banda,
Frei Pedro González fora confesor e predicador do rei Fernando III, a quen
acompañou na campaña de Andalucía e na conquista de Córdoba. Hacia 1237 foi
asignado ao convento de Bonaval en Compostela para exercer como predicador
itinerante en Galicia e Norte de Portugal. Aínda que non estamos xa nos
períodos máis álxidos das loitas entre os reinos, que unha figura relevante da
corte do rei de León e Castela se instale neste ámbito fronteirizo non deixa de
ter a súa significación, aínda que non teñamos base para formular calquera
hispótese ao respecto.
Os frades das
ordenes mendicantes desenvolvían a súa actividades vivindo das esmolas e da
acollida das xentes. Esto explica o feito que de en Tui Frei Pedro Gonzalez
estivese aloxado nunha casa particular e non na Canónica ou no Pazo episcopal
do seu amigo e admirador o bispo Lucas.
Percorrerá as terras entre Douro e Miño exercendo o seu apostolado ata o
seu falecemento que algunhas crónicas datan no 14 de abril de 1246 na cidade
tudense. Esta, como xa comentabamos, recoñece inmediatamnente a súa
singularidade e santidade, decidindo o seu soterramento nun sarcófago de marmol
–de posible orixe romana- na entrada da Catedral (un sárcofago, por certo, que
no lamentablemente pechado Museo Diocesano, carece de indicación algunha desta
circunstancia, da súa condición de auténtica reliquia santelmiana) nun lugar de
privilexio e que axiña adquire sona polos miragres que alí se producen
promovendo o inicio dun movemento peregrinatorio que se alongará no tempo.
Aínda conservamos
algunha imaxe do noso Corpo Santo cunha representación como evanxelizador,
concretamente a situada sobre á porta da súa cripta na Capela de San Telmo,
figura portando un libro, o Evanxeo /dóctrina nunha mán, e a outra un bastón,
como axuda no seu itinerario. Tamén San Domingos de Guzmán aparece con
similares caracteres iconográficos como na propia igrexa dominicana de Tui.
Oración, estudio e predicación figuran pois nestas imaxes que expresan os
principios da Orde dominica. Outro bastón, neste caso en tau, que é unha das
senlleira reliquias que a Catedral tudense conserva de San Telmo e que, como
apunta Carmen Manso (4) constituye otro
recuerdo dominicano casi tan antiguo y valioso como el del propio fundador de
la Orden de Predicadores
A presenza en Tui
e na súa contorna deste frade dominico, da primeira xeración desta orde
mendicante, achega ata Tui as novas tendencias da espiritualidade que naquel
momento bulian por Europa, nun momento en que a sede tudense está ocupada polo
bispo Lucas, clérigo leonés que era un dos principais intelectuais naquela
altura na Península e que en 1236 tiña redactado o seu afamado Chronicon Mundi, unha primeira
aportación á historia dende as orixes do mundo ata a conquista de Códoba polo
rei Fernando III nese mesmo ano. Lucas posuía un amplo bagaxe intelectual e de
coñecemento, tiña peregrinado a Roma e Terra Santa e percorrido numerosos
países, ata o seu nomeamento como bispo de Tui en 1239, posto no que continuará
ata a súa morte en 1249.
Paralelamente a
burguesía tudense, vive un proceso de consolidación e asentamento ata o punto
que ten capacidade para retar ao propio poder episcopal e mesmo da monarquía
como o testemuñan as revoltas de 1170 e 1248, onde os grupos comercias e
producrtivos tudenses se sinten con forza para cuestionar o poder señorial do
bispo sobre a cidade e reclamar o seu peso político na vida local.
Velaí como as
novas prédicas que impulsa a Orde de San Domingos nos que o papel do individuo
e a súa libertade ocupan un papel maís relevante atopan nestes grupos sociais
de Tui unha complicidade que reforza as súas aspiracións. Unha complicidade que
continúa en 1272 cando o Concello chama aos dominicos para que se implanten na cidade
ofrecédolles un terreo para o seu convento e oratorio nas inmediacións da
Catedral. Un auténtico reto que o Cabido asume paralizando esta iniciativa que
abría a posibilidade dunha “cura de almas” e unha recepción de esmolas e
doazóns fora do seu control. Un conflito que chegará ata Roma pero que non
impedirá a implantación da Orde dos Predicadores extramuros da cidade.
A importancia da
dimensión humana e espiritual de Frei Pero Gonçalves, a quen andando os anos
chamaremos San Telmo, foi recoñecida dende primeira hora polos tudenses, sendo
soterrdo na entrada da súa Catedral, converténdose no “Corpo Santo” que atraía
a numerosísimos peregrinos chamados pola sua sona de santidade e a súa
condición de taumaturgo. Aos poucos anos, en 1258, o bispo tudense envía ao
Capítulo Xeral da Orde dos Predicarores celebrado en Toulouse una relación de
cento oitenta mirages de Frei Pedro González para iniciar o seu proceso de
canonización.
Pero xunto a esta
dimensión, a figura do noso frade dominico asentouse, dende primeira hora, ao
achegar á sociedade tudense unha nova espiritualidada e valores que expresan os
anceios da burguesía local inxerindose nas novas dinámicas sociais que naqueles
momentos agromaban por Europa.
(1): Galmés, Lorenzo: “El bienaventurado Fray Pedro González O.P. San Telmo: estudios histórico-hagiográfico de su vida y de su culto”. Editorial San Estebán – Cofradía de San Telmo Tui. Salamanca, 1991.
(2) Vila, Suso: “Corpo Santo San Telmo”. Tui, Cofradía de San Telmo, 2009.
(3) Peña Pérez, Francisco J.: “Franciscanos y dominicos en en León y Castila. Expansión de las órdenes conventuales en el siglo XIII” en http://www.vallenajerilla.com/berceo/florilegio/penaperez/franciscanosdominicos.htm
(4) Manso Porto, Carmen: “El Arte de la Orden de Predicadores en la Galicia Medieval: Conferencia pronunciada el día 11 de junio de 2016 en la iglesia de Santo Domingo de Bonaval (Santiago de Compostela), en la Jornada de celebración del 800 aniversario de la Orden de Predicadores” en http://www.academia.edu/29701625/El_Arte_de_la_Orden_de_Predicadores_en_la_Galicia_Medieval
Comentarios
Publicar un comentario