Ir al contenido principal

Unha nota sobre a música na Catedral de Tui


Fagot e obóe no Museo Catedralicio de Tui

Neste mes de descanso as festas populares enchen as parroquias de Galicia e tamén na nosa bisbarra son numerosos os festexos que reúnen a veciños e visitantes arredor de romarías de grande sona. Pero a cidade de Tui celebra a festividade da Asunción de Nosa Señora, advocación que da nome a nosa Catedral, sen que esta festividade posua relevancia algunha.

Recurrimos ao egrexio historiador tudense Manuel Fernández-Valdés Costas que na súa sección do “Calendario folklórico” do Boletín do Centro de Iniciativas e Turismo de Tui de agosto de 1961 publicaba o texto que de seguido reproducimos. O seu maior interese é rememorar unha vella tradición musical da nosa Catedral coa que se conmemoraba esta festividade:

La fiesta de la Asunción

El día 15 de agosto celebra la Iglesia la Asunción de Nuestra Señora que es la excelsa patrona de la Catedral de Tui. Al romper el día, la orquesta de Capilla, desde los pico (almenas) de la Catedral tocaba un himno con las chrimías, que se repetía varias veces en el transcurso de la jornada.

Las chirimías eran unos instrumentos de madera semejantes al oboe. El primitivo trio fues sustitutido por un quinteto formado formado por una flauta, un clarinete, un fagot y dos chrimias. El himno de Tui lo oyó Vesteiro Torres en su época estudiantil, dice que así era la marcha imperial de Carlos V, conocido por “La Prusiana”.

Las chrimías eran un insrumento tipico y se tocaba en todas las grandes festividades, entradas de obispos, proclamación de soberanos, etc.

Esta noticia sobre a interpretación desta peza musical no cume da Catedral na festa da súa patrona resulta certamente de grande interese pois testemuña a importante presenza que a música tiña, en tempos pasados na nosa Catedral e, consecuentemente, na nosa cidade. A Catedral nos tempos medievais e modernos era un activo foco de cultura que atopaba na música unha das súas principais manifestacións.

O cronista oficial da cidade, Ernesto Iglesias Almeida ten escrito sobre as testemuñas musicais vecenlladas á nosa Catedral e os seus usos litúrxicos:

“Sabemos que se tocaba el órgano en el siglo XV. En 1420 se le pagan 20 maravedís a un fraile que arreglaba los órganos. Desde aquel entonces varios han sido los que han existido. Las cajas actuales se remontan a mediados del siglo XVIII.

Las exigencias del culto, sin duda, debidas al Concilio de Trento, aumentan a partir del siglo XVI. En 1528, el obispo Diego de Avellaneda, crea una cátedra de canto llano, contrapunto y canto de órgano. Se conoce un contrato realizado el 12 de abril de 1600 por el Fabriquero de la Catedral con los ministriles Joam Pérez, Álvaro y Alonso Martínez, Pedro Duarte y Joam Fernández para tañer las chrimias de la Catedral en los días festivos que se determinaban por la cantidad de 12 ducados anuales cada uno.

Conocemos los nombres de los maestros de capilla a partir de Tomás Portillo (1652). Importantes personajes de la música española pasaron como tales maestros en la Catedral, entre los cuales figuran los nombres de Matías García Benayas, Juan Antonio Basterra, Gaspar Schmidt, Manuel Rábago Ballesteros, Manuel Martínez Pose y otros.

Las actas capitulares están repletas de notas referentes a la música en la Catedral: los niños de coro, que dependían de los maestros de capilla, de los músicos y de los organistas que a través de los siglos fueron sucediéndose en la Catedral, incidiendo sobre sus numerosos problemas, en su mayoría de índole monetaria, que tenían.

Sabemos también los instrumentos musicales que se tocaban e incluso su indumentaria que poco debía diferir de la de otros asistentes a coro: sotana negra que, con el tiempo se va a los calzones con medias, frac, corbata, todo negro. Hasta que finalmente y por cuestiones económicas se autorizan los pantalones corrientes negros de los tiempos modernos.

La orquesta a mediados del siglo XVIII estaba compuesta de “baxete” y bajón, varias flautas, dos trompas, dos violines, un violonchelo, un violón y un contrabajo, además de los dos órganos mayores de la catedral y las ya mencionadas chirimías” (Iglesias Alemida, Ernesto: “La música en la Catedral de Tui (un apunte)” en Porta da Aira, nº 10, Ourense, 2004).

Como evidencia desta tradición musical a Catedral conserva os seus órganos barrocos, cuxas caixas foron realizadas por Domingo Rodríguez do Pazo no ano 1714 e que conforman un conxunto único na Península. No Museo Catedralicio podemos contemplar tamén dúas pezas excepcionais e que formaban parte do instrumental da orquestra catedralicia: un fagot e un óboe do século XVIII. Esta última peza é identificada normalmente como unha chirimia e así figura en numerosas publicacións. Sen embargo, cando fun realizar a fotografía que acompaña a este “post” o amigo José Ramón Fernández, experto coñecedor da nosa Catedral, me informa que recentemente un pretixioso músico que protagonizaba un concerto na Catedral ficou sorprendido por esta peza, que el identificou coma un obóe, de procedencia inglesa, afirmando que é unha peza excepcional con moi escasos paralelos en Europa.

A música das chirimias tudenses, que andando os anos serían reemprazadas posiblemente por obóes e/ou violíns, resoaría polo templo catedralicio nas grandes festas litúrxicas: Nadal, Corpus, Santiago, Asuncións e nalgunhas vésperas, en total nunha vintena de celebracións anuais. A marcha que interpretaban as chirimias da Catedral tudense está recollida por Casto Sampedro que sinala que “podería remontarse ao século XV ou XVI, pero probablemente é algo posterior. A finais do XIX, o entón mestre de capela Manuel Martínez Pose trascribiuna e envioulla ás personas que lla solicitaran, entre elas Xoán Montes e Casto Sampedro. Nunha carta a este último, o mestre tudense pregúntase se a marcha da Catedral de Lugo, practicamente idéntica á de Tui, non será unha copia desta: En Lugo también se ejecuta (...) pero no sé si esto se hará desde tiempo inmemorial, como aquí, porque hará cosa de 20 años que Montes me la pidió y desde aquí se la envié ¿Sería para confrontarla o para establecerla allí?. Lo ignoro.

Casto Sampedro incluíu esta marcha no seu Cancioneiro Musical de Galicia, a pesar de non ter orixe popular. O mesmo fixeron Torner e Bal y Gay que tamén a recolleron no seu Cancioneiro Gallego compilado a comezos dos anos 30” (En Rivera Armero, Richard e García González, Ana: Itinerarios históricos-musicais Tui. Sarria, Ouvirmos, 2009).

A Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense ten gravado a “Marcha de chirimias da Catedral de Tui” no seu disco “Himnos e marchas procesionais de gaitas”, que figura no CD que acompaña ao libro que vimos de citar sobre a música en Tui. Resulta imposible rematar esta nota sen apuntar unha pequena ilusión, recuperar a interpretación dalgunhas pezas do rico acervo musical da nosa Catedral (que foi obxecto de estudo en senllas publicacións: Trillo, Joam e Villanueva, Carlos: La música en la Catedral de Tui. A Coruña, Diputación, 1987 e Rey Olleros, Manuel: La música de los libros cantorales en la Catedral de Tuy: catalogación e interpretación. Fundación Ignacio Larramend, 2006) para as principais festas litúrxicas do ano. A colaboración cos músicos locais ou co Conservatorio tudense podería ser unha vía a explorar para tentar esta recuperación dunha parte do noso patrimonio.

Para facermonos unha idea aproximada podemos contemplar o seguinte video que recolle o “Canto das chrimias da Catedral de Santiago” interpertada por Brañas Folk e a Coral de Ruada






Comentarios

Entradas populares de este blog

Emma Álvarez Besada a primeira tudense doutora en medicina

O legado dunha comunidade está conformado por un conxunto de bens materiais, que adoitamos denominar patrimonio, xunto cun amplo abano de elementos inmateriais que definen o seu carácter e a súa pervivencia no tempo. Entre estes bens intanxibles ou inmateriais ocupan un lugar non menor aquelas personalidades que ao longo do tempo teñen deixado unha pegada perdurable na memoria colectiva ou aquelas outras que, ás veces esquecidas ou non recoñecidas, expresan na súa traxectoria fitos senlleiros para a vida colectiva. Hoxe queremos recuperar dende Tudensia unha desas figuras olvidadas pero que no seu momento histórico tiveron unha pegada significativa na vida social e colectiva da nosa cidade e de alén dos seus termos xeográficos. As novas demandas sociais se expresan tamén na historiografía que investiga aos grupos sociais discriminados ou marxinados nos diferentes momentos do pasado. Retrato de Emma Álvarez Besada, foto da orla da Facultade de Medicina de Madrid, 1931 Unha revis...

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall...

Lembranza agradecida a Xabier Añoveros

Onte á tarde, nos comezos de setembro, cando xa as horas diúrnas minguaron, o aire nos anticipa a proximidade do outono e as conversas se centraban nestas intranscendencias, recibín a triste noticia do falecemento, no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, de Xabier Añoveros Trías de Bes, navarro de berce, barcelonés de vida e traxectoria e tudense de corazón.   “ Tuy (con i grego como adoitaba a escribir pois con este arcaísmo semellaba reflectir mellor a antigüidade da nosa cidade) es una ciudad de la que estoy enamorado desde hace muchos años ” e, como é propio dun noivo, a esta vella cidade lle ten dedicado horas, estudos, e moi especialmente un agarimo permanente centrado na súa querida “Casa da Canicouba”. O seu noivado e posterior matrimonio con Julia García-Valdecasas Salgado, filla da tudense Julia Salgado Peñarredonda, o ligou dende 1968 a este outeiro pétreo sobre o Miño, que é Tui. Non sei se foi a longa tradición tudense da familia de Julia, o rico arquivo da Casa da Ca...