Ir al contenido principal

Unha xoia descoñecida: O Pontifical tudense do sec. XIII


Os seguidores de Tudensia teñen lido en innumerables oportunidades reflexións sobre que o patrimonio cultural tudense abrangue moito máis que a nosa catedral ou o conxunto histórico coas súas igrexas e rúas, ás súas expresións intanxibles I(hai escasos días falabamos das tradicións ligadas ao ciclo do maio), pero hai tamén outros bens patrimoniais de importancia senlleira que non son tan coñecidos dos cidadáns tudenses e que necesitan ser divulgados para espallar o seu coñecemento e valoración.


Unha desas xoias escasamente coñecida é o denominado “Pontifical” tudense custodiado no Arquivo Catedralicio de Tui. Un centro que dirixe o cóengo Avelino Bouzón Gallego. Este obra é un códice realizado en pergamiño con ilustracións miniadas e iluminadas. É unha peza de finais do século XIII, realizado nun obradoiro de Roma e xunto a outro exemplar, da mesma orixe e cronoloxía da catedral de Sevilla, é unha peza única na Península Ibérica.

O “Pontifical” é un libro litúrxico empregado nas cerimonias da Igrexa. En concreto, o Pontifical é usado polo bispo pois contén todos os ritos que preside un bispo e que non se atopan no Misal. É un ritual específico para o bispo. Xeralmente conten os rituais que preside o bispo en relación a outras persoas (conformación, ordenación presbiteral, consagracións de relixiosos, etc), ou templos (consagración dunha igrexa ou dun altar) ou relacionados co calendario litúrxico (festividades, etc.).

Quen ten estudado esta singular peza é a profesora Mercedes López-Mayán, que abordou o estudo dos pontificais conservados no antigo Reino de León e Castilla na Idade Media, esta investigadora é quen ten documentado a singular importancia deste “Pontifical” pois ata a súa investigación o códice tudense pasaba inadvertido aos estudosos ao non contar cunha cronoloxía e procedencia ben documentada, agora coa súa datación arredor de 1290 queda resaltado o seu carácter excepcional na Península Ibérica.  


Dos diversos artigos e traballos publicados por esta investigadora sobre este códice tudense entresacamos varios parágrafos para sinalar a súa transcendencia. Por unha banda, a contextualización da súa produción. Estes rituais litúrxicos son un medio moi efectivo que emprega o Papado para impulsar as reformas e novos canons:
Una de las medidas más importantes, y que mayor eficacia tuvo en la consolidación de la centralización de la Iglesia y en la potenciación de la jerarquía romana, fue la reforma de la liturgia con la intención de generalizar a todo Occidente los usos característicos de la Curia papal. Ello requirió de la elaboración y difusión de nuevos libros litúrgicos, entre los que el pontifical, destinado al uso exclusivo del obispo, jugó un papel fundamental: no solo se redactó una nueva versión, el llamado pontifical de la Curia romana del siglo XIII, sino que, además, los manuscritos que la contenían fijaron una codificación visual e iconográfica que marcaría la liturgia episcopal en los siglos venideros.

Este manuscrito posúe 270 folios organizados en 26 cadernos, se conserva na actualidade encadernado, cunha cuberta “realizada en piel castaña sobre madera con decoración dorada de cadeneta y pequeñas granadas en las esquinas”.

A descrición física do códice que realiza Mercedes López-Mayán prosegue:
La ornamentación principal está constituida por 20 iniciales historiadas, que representan al obispo –y, en ocasiones, al papa– desempeñando el ritual contenido en el texto al que acompañan, tal y como es habitual en los pontificales. A ellas se añaden sendas iniciales iluminadas de modo similar a las historiadas pero solo con motivos vegetales  y una decoración secundaria integrada por iniciales de filigrana en rojo y azul de dos tamaños. También está escrito en gótica libraria italiana y contiene notación musical cuadrada sobre tetragrama. La mayoría de las iniciales del ejemplar tudense –todas, salvo la del f. 13v– acusan una fuerte influencia del estilo de la miniatura de Perugia (Italia) debida al Maestro del Misal de Deruta y a los artistas que trabajaron en su órbita. Activo en el último cuarto del siglo XIII en el contexto de eclosión artística que se produjo en Umbría paralelamente al desarrollo de las obras en la vecina basílica de Asís, dicho Maestro fue el responsable de iluminar, bajo la influencia directa del trabajo de Cimabue y de otros artistas, una gran cantidad de manuscritos.



Pese a todo, la intervención de una segunda mano en la decoración del pontifical de Tui –en la inicial del f. 13v– hace pensar que no se trata de un manuscrito realizado en Perugia.  Creemos que la cercanía iconográfica de los ejemplares de Tui y Sevilla, unida a su datación también a finales del siglo XIII, hacia 1290, en función de la similitud estilística con otros manuscritos de esa época, permite incluir estos dos pontificales de Castilla entre los primeros ejemplos conservados de la ilustración del pontifical de la Curia romana”.

Para quen queira coñecer máis polo miúdo o estudo de Mercedes López-Mayán pode acceder a un dos seus traballos neste enlace: https://minerva.usc.es/xmlui/bitstream/handle/10347/14841/lopez-mayan_aea_339.pdf?sequence=1&isAllowed=y

A seguinte cuestión que resta por responder é como chegou ata Tui este singular libro Pontifical, a unha diocese pequena no “finisterrae” de Europa. Noutros traballos Mercedes López-Mayan conxetura que a súa chegada ten relación co traslado do Papado dende Roma a Avignon, no século XIV, levando consigo a súa biblioteca. López-Mayán pensa que foi algún bispo tudense que se achega ata Avignon e o trouxese para o uso na súa sede ou cátedra.

Tendo en conta o momento da súa realización e que o Papado estará establecido na cidade francesa de Avignon entre 1309 e 1377 as posibilidades de chegada a Tui desta importante obra non son moi amplas.

Os principais bispos deste período son Juan Fernández de Soutomaior (1286-1323), pertencente a este importante liñaxe nobiliar e cunha importante presenza na corte de Castela. O seu sucesor, será Bernardo Gui (1324-1324) de quen nos ocupamos recentemente neste blog, aínda que non chegou a visitar Tui era unha persoa moi próxima ao Papa Xoan XXIII residente en Avignon. Finalmente, Avila y La Cueva sempre ben documentado documenta como o bispo Don Gómez Prego (1348-1351) estivo na corte do Papa en Avignon e sinala que “acaso dice el M. Flórez  se consagró allí como obispo pues en 20 de abril de 1349 despachó en aquella ciudad una presentación del Beneficio de La Guarda”. A presenza desta bispo, de orixe tudense (fóra cóengo e deán na nosa catedral) en Avignon podería xustificar a presenza deste Pontifical, e que fora el quen adquirise ou recibise este libro “Pontifical” que trae á catedral de Tui. É unha verosímil hipótese, pero tamén os seus predecesores Fernández de Soutomaior ou Bernardo Guí puideron ser responsables da adquisición desta prezada obra.

Este “Pontifical” participou no ano 2012 na exposición “Códices” na Cidade da Cultura que recollía as 12 pezas codicolóxicas medievais procedentes das catedrais de Galicia, sendo o noso códice obxecto dunha restauración con este motivo.

Con estas liñas esperamos contribuír ao coñecemento desta importante peza do noso patrimonio documental, pero non a única que conserva o Arquivo Catedralicio tudense, noutro momento teremos de ocuparnos do “Pasionario” outra excepcional obra tamén do século XIII.

Comentarios

Publicación populares

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall...

A lenda do túnel baixo o MIño

As lendas ou narracións populares, transmitidas oralmente, relatan xeralmente acontecementos ficticios que se teñen por reais, en moitas ocasións mesturados con feitos históricos. Pola súa capacidade de evocación, pola súa transmisión xeracional as lendas conforman un acervo do que chamamos patrimonio inmaterial que cómpre recoller e preservar. Na nosa cidade conservamos varias lendas vencelladas ao caracter histórico da nosa localidade, ao seu caracter fronteirizo e consecuentemente a súa fortificación fronte aos posibles invasores. A máis asentada no imaxinario colectivo tudense é a relativa ao “túnel” que comunica Tui coa outra beira do Miño, coas terras de Valença. Resulta moi significativa esta lenda pois testemuña como na mentalidade dos tudenses a fronteira e a súa condición de limite, de aillamento fronte ao estranxeiro era superada polas nosas xentes que a través do túnel escapaban destas “imposicións” e mantiñan a comunicación coas terras irmáns que as estructuras políticas ...

Agrarios tudenses en "El Agrario" de Buenos Aires de 1923

Fundadores da "Sociedad Agraria" de Paramos (en pose para El Agrario) De esquerza a dereita b(en pé), cidadáns Hermenegildo Gándara Estévez e Manuel Alem; sentados Simplicio Fernández Rivas, Hermenegildo Alem Rocha e Jesús Fernández Rivas Temos comentado en numerosas oportunidades neste blog o escaso coñecemento que posuímos sobre a historia mais recente do noso concello. Entre os episodios que conforman este período histórico máis recente está o movemento agrarista que na última década do século XIX e nas primeiras do pasado século mobilizou aos labregos de Galicia na procura do acceso á propiedade da terra (ata daquela os nosos campesiños eras foreiros, tiñan o usufructo inmemorial dunhas leiras que non eran súas) e consecuentemente a mellora das condicións de vida destas masas populares. Será o movemento agrarista o que adquira neste anos un progresivo protagonismo fronte ao caciquismo conservador que dominaba a vida política da comarca de Tui coa figura ...

A Semana Santa tudense e as súas posibilidades

Xa na noite do Venres Santo xorde de novo unha reflexión sobre a Semana Santa tudense, pois quizais na nosa cidade non chegamos albiscar as súas potencialidades como elemento que forma parte do noso acervo patrimonial que temos a responsabilidade de conservar, sen privala da súa dimensión relixiosa, e dende esta valorización é tamén un posible recurso turístico para Tui, pois poucos lugares de Galicia teñen unha riqueza similar nestas xornadas. Neste mesmo blogue temos sinalado que inmediata celebración das festas patronais de San Telmo distorsiona a visión destas xornadas de celebración do misterio pascual de Xesús, configuradas como un preludio das festas e, consecuentemente, infravaloradas non xa na súa dimensión espiritual senón na súa significación cultural. Cómpre valorizar as actividades litúrxicas ou para-litúrxicas destas datas, pois, independentemente da súa significación relixiosa ou espiritual, conservan requintadas expresións da nosa historia colectiva da que somos...

"A Trapa" a segunda cova granítica máis grande de Europa descoberta en Ribadelouro

O pasado sábado 9 de abril nunha conferencia pronunciada en Tui Clube Espeleolóxico “Maúxo” presentou un descubrimento certamente importante: “A Trapa” a segunda cova granítica máis grande de Europa, que se atopa na parroquia de Ribadelouro nas abas do Monte Aloia. Un descubrimento de especial relevancia para a xeoloxia e para a arqueoloxia da nosa terra, e que incrementa o valor que sa posuía esta zona inmediata ao Parque Natural do Monte Aloia. Cómpre agora impulsar o proxecto de ampliación territorial deste Parque abranguendo a Serra do Galiñeiro –por certo, ameazada na actualidade pola prevista instalación dun parque eólico-. Felicitamos ao Clube Espeleolóxico “Maúxo” polo seu labor e por aportarnos este relevante descobrimento. Achegamos un artigo publicado no día de onte na edición Galicia de “El País” como información sobre este achado. Una trampa de 1.200 metros Expertos descubren la segunda cueva más grande de Europa en O Galiñeiro SARA VILA - Santiago - 21/04/2011...

Ricardo Blanco Cicerón

O pasado martes 15 de decembro foi inaugurada no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, unha exposicion que co titulo de “Olladas dunha época” recolle unha escolma das fotografias do chamado “Fondo Blanco-Cicerón” que se custodia no devandito Museo. Como podemos comprobar na portada do catálogo que acompaña a este “post” a cidade de Tui é unha das protagonistas desta mostra que amosa unha selección das fotografías que conformaban a colección de Ricardo Blanco-Cicerón (Tui 1844 – Santiago 1926). Son na súa meiranda parte instantáneas da época do cambio de século, entre 1890-1910, e que respostan ao interese coleccionista de D. Ricardo que conformou ao longo da súa vida a, posiblemente, a máis ampla colección de caracter cultural que teña existido en Galicia: obxectos prehistóricos, artísticos, etc. que nutren hoxe en boa medida os museos da nosa terra. Esta mostra organizada conxuntamente polo Museo do Pobo Galego e o Centro Galego de Artes da Imaxe poderá ser visitada ...

Yzquierdo Durán, ilustrador tudense. Breve noticia.

Jose Yzquierdo Durán foi un popular ilustrador que radicado en Madrid realizou, nas primeiras décadas do século XX unha prolífica producción en todo tipo de publicacións, tanto periódicas como en libros. Son moi escasas as noticias sobre a súa traxectoria que poidemos acadar non así imaxes da súas obras, que ocupan as portadas de numerosas edicións das segunda e terceira décadas do pasado século. O erudito Manuel Fernández-Valdés no seu excepcional libro “Familias antiguas de Tuy” nos informa que Jose Izquierdo Durán era fillo do avogado tudense José Izquierdo Sarmiento, que foi secretario do Concello tudense, e de Concepción Durán Mera, dunha familia de longa tradición na cidade. Tiveron tres fillos, Celso, que foi crego ocupando, entre outras, a parroquia de Piñeiro, Pilar, que foi directora moitos anos do “Hogar Rosendo Salvado” dependente do Auxilio Social nos anos da ditadura, e José, de quen hoxe nos ocupamos. José Izquierdo Durán naceu en Tui no anos 1890 e desenvolveu en Madrid...