O amplo coñecemento de Méndez Ferrín nos ten introducido
neste interesante tema da figura de Trezenzonio e a súa relación con Tui. Unicamente
gustaría engadir algunhas notas para completar as diversas olladas que este
relato nos ofrece aos interesados na historia tudense.
O convento de San Domingos, se construíu extramuros da
cidade nas marxes do río Miño, adquirindo o “agro e viña” que lle vende
Estebaina Eáns, filla de Juan de Santiago “Carureiro” e muller que foi de
Domingo Martiz de Canicouba, veciño de Tui; este solar se atopaba xunto á igrexa e
cemiterio de San Xoán de Porto.
Esta igrexa de San Xoán do Porto, dedicada ao
Bautista, se identifica pola súa relación co porto fluvial da cidade, ao
situarse na súa proximidade. Descoñecemos a data da súa fundación e figura por
vez primeira na documentación en 1156 con carácter de parroquia e que formaba
parte dos bens episcopais.
A finais do século XV, en 1482, o bispo Diego de Muros
e o Cabido “considerando, segundo o historiador Fr. Aureliano Pardo, que
esta iglesia de San Xoán de Porto se hallaba muy abandonada y amenazando ruina,
declaráronla ermita aneja al Convento de Santo Domingo; al cual también
cedieron los diezmos de algunas viñas que los frailes poseían y labraban dentro
de los límites de la parroquia extinguida, a cambio de que la Comunidad
dominicana asistiese los primeros lunes de mes a la misa cantada de los Ángeles
que el Obispo había establecido en la Catedral, y bajo penas de una multa de
una arroba de aceite para las lámparas de la iglesia mayor, cada vez que faltase”,
segundo o historiador tudense Francisco Avila y La Cueva é neste momento cando foi
suprimida esta parroquia de San Xoán do Porto “agregando sus feligreses a la
de la catedral” aínda que os monxes conservaron unha capeliña neste lugar.
Nesta igrexa de San Xoán se conservaban, como xa recollimos,
ás reliquias de San Terzón. Para Ávila y La Cueva este santo, “vivió en Tuy,
donde acaso también nació, y aquí recibió muchas gracias y beneficios del
cielo, y murió leno de virtudes y méritos en el Señor, pero no consta el año”.
No ano 1543 o prior de San Domingos, Frei Juan Torres “mandó
tapiar la puerta lateral del brazo derecho del crucero de la iglesia que daba
vista y entrada a la capilla de san Juan Terzón” provocando unha auténtica
rebelión popular dado o veneración que as xentes de Tui tiñan ás reliquias
deste santo. Ata o punto que o Xustiza e o Rexemento da cidade (as máximas
autoridades municipais) abriron de novo a porta pola súa conta sen permiso da
comunidade dominica. Os frades presentaron unha querela contra os rexedores da
cidade por este “acto de violencia”, acordando en maio de 1544 un acto de
conciliación “de la cual dió fe el notario Andrés Ortiz, sometiendo la cuestión
al fallo del Vicario de la orden en Galicia, Fr. Vicente de Santa María; el cual,
debidamente informado, dictó sentencia en la causa con fecha 6 de mayo de 1544,
ordenando que el juez Vasco Rodríguez, los regidores Diego Álvarez de Cadaval y
Gregorio García y el procurador Cristóbal Pérez, reparasen y retejasen por su
cuenta la capilla de San Juan Terzón y cerrasen con una reja de madera la puerta
que habían mandado abrir en ella, a fin de que sin necesidad de franquearla
pudiesen los devotos del santo contemplar y venerar sus sagradas reliquias en
el altar que se colocaría en la capilla inmediata a la misma puerta; y que se
cerrasen también a su costa los arcos laterales de la capilla, en el plazo de
dos meses a contar desde la promulgación de la sentencia. Y por último dispuso
que dichos señores y demás personas que directamente habían colaborado en la
apertura violenta de la puerta, concurriesen en domingo o día festivo para
recibir la absolución de las censuras en que habían incurrido, a la puerta de
la iglesia o en el claustro del convento, oyendo a continuación misa rezada con
velas encendidas en las manos”.
Resulta evidente logo da lectura da concordia, con
penas pecuniarias importantes, que a revolta popular contra a decisión dos frades
non foi un episodio menor, testemuñando a importante devoción que San Terzón
tiña entre os tudenses que ao verse privados do acceso ás súas reliquias atacan a igrexa dominica para acceder ás
mesmas.
Para Ávila y La Cueva foi neste ano 1544 (para outros
autores en anos posteriores) cando esta capela San Xoán foi demolida, colocándose
as reliquias de San Terzón na capela do brazo dereito da igrexa conventual daquela
dedicada a San Xoán Bautista, “donde se colocaron las reliquias de aquel
Santo en un nicho situado a respetable altura detrás del Altar. Mas tarde
fueron retiradas de allí las sagradas reliquias y guardadas en el depósito del
convento, donde permanecieron ocultas hasta que el Prior Fr. Juan de Silva
cerró definitivamente la puerta de referencia en el año 1721, con motivo de los
abusos a los que daba lugar una devoción indiscreta hacia el santo Ermitaño,
distribuyendo sus reliquias entre los fieles que por singular devoción las
solicitaban, excepto un hueso que se conservó en un relicario de plata. Dicha capilla
pasó a ser después de Santa Rosa de Lima y últimamente del Rosario.
Celébrase la fiesta principal de San
Juan Terzón el día 24 de junio con gran solemnidad y decíase en su honor misa
de confesor no pontífice. Siendo Obispo de la diócesis tudense D. Fr. Pedro de
Herrera (1622-1630) suscitose una controversia sobre la celebración de dicha misa,
porque el Santo no estaba beatificado, ni expresamente aprobado su culto por la
Santa Sede; pero el obispo a quien se recurrió
para que resolviese el asunto, y que sin duda no padecía empachos de
legalismo como los recurrentes, aquietó los ánimos escrupulosos decidiendo con
laudable prudencia, que nada se innovase por respeto a la tradición cristiana y
a la posesión inmemorial en que se hallaba el culto del popular Santo”
No xa referido artigo de Méndez Ferrín se comenta sobre
a festa de San Terzón, que celebraba su fiesta con gran concurso tanto de naturales
y comarcanos como de los portugueses, lo que en la mañana del 24 de junio
venían a venerar su sepulcro y a festejar al santo con romerias y disfraces,
haciendo celebrar misas y ofreciéndole otras limosnas en reconocimiento de los
milagros y prodigios que obraba Dios por su intersección, librando a sus
devotos y sanándolos de calenturas y otras enfermedades. Unhas milagres que
tamén continuaba realizando a reliquia conservada no ostensorio de prata que
era levada onda os doentes para procurar a súa sanación.
Comprobamos pois como era unha romaría existente na
Idade Media, que recolle Golparro nos seus poemiñas dos inicios do século XIII,
e que se conserva ata o século XVII con vitalidade. Gabriela Edith Striker
apunta que os namorados do poema de Golparro van á sagraçon e non á romaría
de San Terzón. A festa da sagraçon corresponde coa conmemoración da data
de consagración dun templo e non ten que corresponder coa data da romaría na honra
do santo desta igrexa. A cita por Golparro desta celebración fálanos ben da
sona que tiña a devoción a san Treeçon que chegaba á corte lusitana de D.
Dinis, onde trobaba Golparro, ou que este trobador galaico-portugués era orixinario
de Tui ou do territorio miñoto.
Posiblemente a perduración desta romaría ten que ver
coa “devoción indiscreta” da que falan os documentos. Como hipótese e
dado que a celebración da festa de San Terzón era o 24 de xuño os ritos que se
celebrasen podemos conxeturar tivesen relación coa fertilidade ou fecundidade,
ou se conservase algunha danza ou representación pois había “disfraces”
nesta celebración.
O certo é que a festa de San Terzón non se atiña ás
normativas canónicas e por conseguinte os diversos intentos da comunidade
dominicana pola súa supresión. En primeiro lugar, deixando arruinarse a capela
de San Xoán do Porto e finalmente clausurándoa o que provoca a reacción
violenta dos veciños e das autoridades municipais, debendo admitir a reconstrución
da capela e a continuidade do culto na mesma. O seguinte capítulo é dedicar a
capela da igrexa conventual ao mesmo titular, San Xoán Bautista, coa mesma data
de festividade que San Terzón, para incidir na reorientación do culto a un santo
canónico. Ese será o seguinte intento de rematar coa devoción, non ser un santo
declarado oficialmente pero o bispo tampouco se atreve ao existir unha “tradición
inmemorial” . Será finalmente o derrube da igrexa de San Xoán do Porto e a
reinstalación das reliquias de san Terzón definitivamente na igrexa conventual
o que acabe paseniñamente con esta devoción, ata que se ocultan as súas
reliquias da vista dos fieis, que seguen acudindo ata que os dominicos reparten
as reliquias entre os devotos, que ao desaparecer os restos físicos de San
Terzón da igrexa de San Domingos non hai xa motivo de culto neste lugar e
consecuentemente nada que celebrar ou festividade algunha a conmemorar e
pérdese esta romaría na segunda ou terceira década do século XVIII.
Unha pervivencia devocional que acredita a súa
implantación nas tradicións populares tudenses e miñotas nun amplo período
temporal. Descoñecemos, por mágoa, mais datos sobre esta figura de San Treeçon
o Terzon que permitan afondar neste interesante aspecto da nosa historia.
Tampouco sabemos se o manuscrito de Trenzonio está na
orixe do culto a San Treeçon ou este é previo e o manuscrito recolle as lendas ou
tradición existentes en torno a esta personaxe e se elabora para a súa difusión
e promover a chegada dun número máis amplo de peregrinos e romeiros en torno ás
reliquias de este monxe “viaxeiro” que logo da súa estadía no alén repousa na
igrexa de San Xoán do Porto.
Manuel Cecilio Diaz y Díaz, o maior sabio en
documentación altomedieval, realiza unha hipótese tamén de interese. Na
actualidade se conservan dous manuscritos orixinarios do mosteiro de Alcobaça
(Portugal) que corresponde o máis antigo a mediados do século XIII. O relato de
Trenzonio, segundo Díaz y Díaz, tras analizar as características do mesmo estaría
redactado no século XI, probablemente no primeiro cuarto. Díaz plantexa como
hipótese que o texto foi elaborado por encargo da diocese tudense para realizar
unha reclamación de dereitos dos bispos tudenses nos territorios da diocese de Iria
que tiñan asignados namentres a ocupación árabe, pois os topónimos citado no
relato de Trenzonio (Faro, xunto con Nendos, Bergatiños e Soneira) son reintegrados
por Ordoño II no ano 915 á diocese iriense tras telas posuído os bispos de Tui,
pois nesa mesma data é restaurada a sede tudense co bispo Hermoxio (este bispo
tudense foi apreixado polos árabes na batalla de Valdejunquera no 921, entregando
logo como refén namentres xestionaba un rescate ao seu sobriño Paio, logo
martirizado e convertido nunha das advocacións mais estendidas no reino de
León).
Ordoño II - códice da Catedral de León
O documento de Ordoño II de 915 supoñen a restauración
da sede da diocese na cidade de Tui, pois dende a ocupación árabe os nosos
bispos estaban instalados nas terras de Iria xa citadas, ao estimar que o territorio
tudense estaba pacificado e con capacidade para o mantemento do bispo e a súa
sede e nalgún caso mesmo se afirma unha posible construción dunha muralla
defensiva. O certo é que a cidade e a súa contorna estará afectada de continuas
razzias musulmanas e de ataques viquingos que o levan, tanto ao bispo Hermoxio como
ao seu sucesores, a buscar refuxio en mosteiros como Labruxa ou Ribas de Sil...
unha inestabilidade de máis dun século ata que en 1024 e á vista da devastación
deste territorio o rei Alfonso V agrega a diocese tudense á de Santiago,
desaparecendo a sede tudense. No diploma en que se adoita este acordo se describe
á cidade de Tui como disrutam, sordibis contaminata e ab episcopali
ordine eiectam (destruída
fisicamente, suxa e esnaquizadas as institución episcopais -catedral e
residencia do bispo e canónica- que impiden a súa residencia na cidade).
Haberá que agardar ao reinado de Garcia e Urraca, que
no ano 1067 ou 1068 restablece, co bispo Xurxo, a sede tudense, acreditando a
recuperación da vida social e económica na cidade; o novo bispo que se asenta
no mosteiro de San Bartolomeu.
Suso Vila baralla a hipótese dun scriptorium en Tui
onde fose elaborado este relato de Trezenzonio: O relato de Trezenzonio tería
orixe nunha parroquia que se atopaba entre a catedral de Santa María e a
catedral e mosteiro de San Bartolomeu, os dous grandes centros relixiosos do
territorio con capacidade para ter un scriptorium que redactase ese relato. Se aceptamos a data de
redacción no primeiro cuarto do século XI, que sinala Díaz y Díaz, nunca puido
realizarse en Tui pois xustamente neste tempo é cando a situación tudense é tan
dramática que ata cómpre suprimir a súa condición episcopal entre 1024 e 1067.
Tampouco antes de 1024 poderíamos atopar condicións pois como xa citamos todo o
século X Tui sofre unha grave inestabilidade. Sen embargo, curiosamente,
estariamos cerca dos trescentos anos que se establecen como duración da estadía
de Trezenzonio na illa do Paraíso.
Como as datas de redacción que ofrece Díaz y Díaz sinalan
que o texto foi realizado como o máis tarde no século XI, aínda cabería que o
bispo Hermoxio, un século antes en torno ao 915, ben conectado coa corte e
integrante dunha importante familia aristocrática, encargase a creación deste
relato en apoio das súas demandas fronte a diocese de Iria. Un bispo Hermoxio
importante para Tui ata a punto que foi incorporado ao santoral tudense,
celebrándose a súa festa o 27 de xuño ao día seguinte do seu sobriño Paio.
Ou quizais a redacción deste relato de Trezenzonio non
sexa para reclamar uns dereitos da sede tudense nas terras de Iria, como
apuntaba Díaz y Díaz, logos dos séculos de estadía dos nosos bispos naquel
territorio entre a ocupación árabe e o 915, senón para xustificar a supresión,
en torno a 1024, da sede tudense que fica integrada a todos os efectos na diocese
de Santiago onde xa estiveran residindo os prelados tudenses. Pero todas estas hipóteses non deixan de ser
especulacións sen unha base sólida.
Unha evidencia é certa,
estamos diante dun relato, que segundo Díaz y Díaz, non chega completo. En segundo lugar, autor
ou autores pertencen a una elite culta daquela sociedade medieval, pois posúe
un coñecemento das “Etimilogias” de San Isidoro, pois como é o falar do
Faro Brigantium (Torre de Hércules) acredita o coñecemento das lendas de
Breogán e de Hércules que mestura no relato, pois dado que estamos nun texto do
século XI non puido recoller estas lendas da Estoria de Espanna de
Alfonso X el Sabio que é posterior.
As realidades históricas deixan normalmente a súa
pegada na documentación, nos restos materiais e, ás veces, tamén nas lendas e
tradicións. Existe unha lenda recollida nas ribeira portuguesa da foz do Miño
ben curiosa. Relatase que nas noites de san Xoán desaparece unha barca
misteriosamente, que é levada polas meigas, e navega a toda velocidade ata unha
illa no medio do océano. As semellanzas con relato de Trezenzonio ata a “Magna
insula Solistitionis” son máis que evidentes, e apoian, de novo, a procedencia
tudense deste relato. Un relato que encaixa con outras tradicións atlánticas e
célticas que ligan a santidade á desprazamentos naúticos, e que te a súa principal expresión na tradición,
tamén xurdida neste mesmo espazo temporal, da chegada do apóstolo Santiago en
Galicia nunha barca dende Palestina as terras de Iria, noutra navegación oceánica
e milagrosa.
Sexa o que for, o certo é que Tui está directamente
relacionada coa creación deste relato de Trezenzonio, vinculado á figura de San
Xoán Terzón o San Treeçon, de gran implantación no territorio tudense e que
protagoniza un dos poemas da lírica galaico-portuguesa do trobador Golparro,
que ben podería ser tudense.
Recuperar para a memoria local esta peza literaria do
século XI é unha obriga que, a pesar das moitas incertezas que suscita,
enriquece a nosa historia.
Comentarios
Publicar un comentario