Ir al contenido principal

Parlamentarios tudenses IX: Augusto González Besada, un tudense na cima da política española

Nas eleccións de 1893 e de 1898 resultará electo polo distrito pontevedrés de Cambados o tudense Antonio Díaz de Rábago y Aguiar, que morre moi novo neste último ano. Pertenceu ao Partido Liberal y estivo sempre ligado á figura do politico galego Eugenio Montero Ríos.

Retratro de Augusto Gonzalez Besada no Salón de Plenos da Casa do Concello de Tui (1920)

Tras o seu pasamento sucédeo, en 1899, na representación pola vila de O Salnés un dos mais egrexio tudenses, Augusto González Besada y Mein. Foi un dos grandes políticos galegos da Restauración membro do Partido Conservador. “Orador metódico e persuasivo demostraba nos seus discursos a fonda preparación que dedicaba ao estudio dos grandes problemas (…) era un intelectual que pretendeu darlle á política a modernidade e fondura da que carecía”.

Fillo de Basilio González Besada Vidal, avogado, alcalde de Tui e deputado provincial en varias oportunidades, autor dunha obra moi práctica sobre os foros, era de ideas integristas como o patentiza no seu libro “Dios es la verdad” (1870).  Conforma unha familia acomodada que se integra na elite política provincial e se instala na cidade do Lérez, en Pontevedra. Vinculados politicamente á figura do político conservador José Elduayen, o seu pai Basilio foi consultor na Sociedad de Crédito y Fomento de Vigo e da Compañía construtora do ferrocarril Ourense-Vigo.

Basilio González Besada estaba casado con Dolores Mein Ibarra e tiveron catro fillos. Narciso, faleceu en Cuba aínda novo, Antonio foi médico e tamén morreu prematuramente; Moisés foi un avogado de sona en Pontevedra con afeccións literarias, entre elas a dirección da revista “Café con Gotas”, e ocupará a Secretaría da Deputación dende 1895 ata a súa prematura morte,  e Augusto.

Naceu Augusto na nosa cidade o 24 de xuño de 1865, tras estudiar os primeiros anos no Seminario tudense e o bacharelato en Pontevedra (que remata en 18809 con “nota suprema”), cursou Dereito en Compostela, licenciándose aos 20 anos con sobresaliente en todas las asignaturas e premio nos dous grupos de Dereito romano e na Disciplina eclesiástica. Daquela cultivaba a literatura e nese ano de 1885 obtén un premio do Concello compostelá por un traballo titulado “Cuadro de la literatura gallega en los siglos XIII y XIV”. Nos dous anos seguintes elabora dous volumes da “Historia crítica de la Literatura Gallega” publicados na “Biblioteca Gallega” de Andrés Martínez Salazar, e escribiu diversos traballos sobre o idioma galego. Nesa altura formaba parte dun grupo de estudantes, moitos futuros escritores, de carácter galeguista; así no 1891 asina a convocatoria dos Xogos Florais de Galicia a celebrar en Tui, xunto con Murguia, Brañas ou Cabeza de León. En Pontevedra, onde residía, formaba parte do Comité Rexionalista.

Tras o morte do seu pai cando contaba con apenas doce anos de idade, o seu gran referente será o seu tío Sabino González Besada, avogado, deputado provincial por Tui dende 1860, gobernador civil en 1884-1885 e Presidente da Deputación período 1896-1898.

Ao rematar os estudos xurídicos comeza a traballar no bufete do seu tío Sabino e con él inicia a súa carreira política como deputado provincial polo distrito de Caldas – Cambados en 1890, renovando escano aos catro anos por Ponteareas-A Cañiza. Entre 1895-1897 ocupará o Goberno Civil de Pontevedra, pero ao ano seguinte a morte tanto do seu tío Sabino como de Elduayen obrígalle a un reposicionamento profesional e político.

Tras aprobar co número un a praza de rexistrador, no 1899 coa súa elección como deputado por Cambados (representación que ostentará ata en seis ocasións e seríao tamén por Alxeciras, Almeria, Alcoi e Lugo, distrito ao que representa dende 1916 ata a súa morte) trasládase a Madrid, onde sitúase á sombra de Raimundo Fernández Villaverde, que ocupaba a dirección política deixada por Elduayen, quen o promove a altos cargos políticos. O primeiro que ocupa é de gobernador civil de A Coruña, logo será Subsecretario de Facenda, conselleiro de Instrucción Pública, presidente das Cortes e ministro.

Rafael Vallejo Pousada, profesor na Universidade de Vigo, é un dos máximos especialistas na figura de González Besada e dos seus escritos recollemos as seguintes notas:

En la política madrileña, su ascenso fue fulgurante. En 1899, Fernández Villaverde le incorporó al equipo que redactó, y defendió en las Cortes, el plan de saneamiento y reforma tributaria; en 1902, le hizo subsecretario del Ministerio de Hacienda; en 1903, le nombró ministro de Hacienda y, en 1905, le llevó a la cartera de Gobernación, que —con Hacienda— era la más importante de los gobiernos de la época. González Besada llegó a ser el responsable de Hacienda más joven de la Restauración (…) En las filas conservadoras, Besada se caracterizó por ser el principal heredero del legado ideológico de Fernández Villaverde. A la muerte de aquél, en 1905, se constituyó el Círculo Villaverdista, una facción del Partido Conservador presidida por el político gallego, que disputó el liderazgo a Maura, sin éxito. En mayo de 1906, se reintegró plenamente a la disciplina del partido, manteniendo una personalidad definida. En enero de 1907, Maura le nombró ministro de Fomento. Como tal, realizó una política de intervencionismo económico deliberado, orientada por el nacionalismo económico (…) En 1908, Maura le designó ministro de Hacienda, tras reconocer en San Sebastián, el 14 de septiembre, que Besada aceptó aquella cartera “recabando la facultad de seguir la política hacendística de Villaverde”.

González Besada era un dos políticos con maior prestixio nos conservadores, pero nas disputas internas non se decantou nin por Maura nin por Dato, rexeitando incluso dirixir o partido.

En abril de 1914, fue elegido presidente del Congreso de los Diputados; contó con doscientos ochenta votos de los cuatrocientos nueve posibles, apoyo sólo inferior al que Moret había logrado en 1912. En 1915, al caer Dato, el Rey le propuso presidir el Gobierno. Que fuera una jefatura provisional y sin autorización para disolver las Cortes y convocar elecciones le llevó a declinar la invitación. Adujo, no obstante, que “aunque creo no tener enemigos, bueno es que me hayan perdonado llegar hasta la presidencia de la Cámara [...] pero si me vieran presidir un Gobierno, no sería lo mismo. La política desgraciadamente no es una cosa sentimental; carece de entrañas”.

La figura de Besada se acrecentó tras pasar por la presidencia del Congreso. Estar bien visto en Palacio también le sumó apoyos. A su alrededor se aglutinó un nutrido grupo de fieles, los besadistas, que anhelaban su llegada a la presidencia del Gobierno. Así sucedió en julio de 1917; ante las dificultades de Dato, aquéllos confiaban en que, obligado por las circunstancias, Besada presidiría pronto un “gabinete de concentración nacional” (…) En ese período de quiebra del sistema político, a cada crisis, a cada cambio de gabinete que soplase en dirección a los conservadores, el nombre de González Besada aparecía como un fijo en la quiniela de candidatos. Entre 1917 y 1919, el político gallego pasó por la mayor parte de las consultas regias para formar Gobierno. Así aconteció en marzo de 1918, a la hora de constituirse el Ejecutivo de concentración que acabó dirigiendo Maura, y en noviembre de 1918, cuando cayó ese mismo Gobierno. En el Gabinete Maura de 1918, Augusto González Besada detentó por última vez la cartera de Hacienda. Impulsado por el crecido déficit, promovió dos reformas fiscales: la de la Hacienda central y la de la municipal.

Foi tamén Presidente do Consello de Estado, do Consello de Instrucción Pública, do Consello Superior de Fomento e da Xunta Central de Colonización

A súa grande cultura e prestixio levouno a ser nomeado membro das tres grandes academias españolas: da Lingua (cuxo discurso de entrada, en 1916, dedicoullo á figura de Rosalía e Castro e a muller galega, amplamente valorado no seu momento e aínda hoxe), da de Xurisprudencia e Lexislación, que presidiu entre 1918-1919, e da de Ciencias Morais e Políticas.

Enterro de Augusto G. Besada polas rúas de Madrid

Morreu en Madrid en 1919 cando estaba consolidando a súa propia “familia” política, pois xunto con Gabino Bugallal controlaban os distritos electorais dunha ampla zona de Galicia, especialmente en Ourense, Pontevedra e Lugo. Así tiña promovido ao seu fillo Carlos González-Besada polo distrito lucense, a Leonardo Rodríguez Díaz, deputado enfeudado en Chantada, a Julio Wais San Martín, por Pontedeume, ou a Luis Rodríguez de Viguri, tamén por Lugo.

Mantivo sempre unha estreita relación con Galicia, con frecuentes estadías especialmente en Pontevedra. Dende 1913 tiña un palacete en Poio con catro construcións: a casa principal, casa do caseiros, a biblioteca e doce casa de monecas. Fixo a biblioteca coa fachada da Casa dos Churruchaos, un edificio pontevedrés do século XV, que trasladou pedra a pedra a finca de Poio, de gran extensión e con numerosas especies arbóreas. A finca foi urbanizada parcialmente e o Palacete de Besada é propiedade do Concello de Poio.

Xunto co Marqués de Riestra participou na compra da illa da Toxa e na construción da ponte, promoveu a mellora de estradas, portos e servizos públicos na provincia, asi como a compra da illa de Cortegada para construír unha residencia veraniega ao rei Alfonso XIII. O obxectivo era converter as Rías Baixas nun dos centros de veraneo do monarcas, xunto a San Sebastián, e con elo das elites políticas e aristocráticas de España, en definitiva, a promoción turística deste territorio. Pero o proxecto non chegou a concretizarse.

Casara en Madrid, en 1891, con Carolina Giráldez y Fagúndez Losada, coa que tivo catro fillos: Carlos, Moises, Augusto e María Teresa.

Augusto González-Besada salientou polo seu carácter culto, moderno e aberto que pretendía levar aire fresco á vida política española.

Promoveu, entre outras moitas accións, a Gran Exposición Rexional de Galicia (Santiago 1909), a creación da Cátedra de Galego-Portugués na Universidade Central, que ocupou Said Armesto, e estivo sempre atento a problemática de Galicia.


Augusto G. Besada, por X. R. Corredoira (Museo de Pontevedra)

Mantivo sempre unha estreita relación con Tui que motivou que no mes de setembro do ano 1915 se realizase unha ampla homenaxe na que participou toda a cidade e que agradeceu sentidamente. O 29 de setembro o concello presidido, accidentalmente, por Manuel Cela acordou, por unanimidade, que se denomina calle Augusto González Besada a la actual de Colón, comprendida entre las calles de Elduayen y Martínez Padín y el Pilar.

O xornal tudense “La Integridad” (oposto sempre politicamente a Besada) ao recoller o enterro de González Besada apunta: El señor Besada ha dejado escasa fortuna. Todos reconocen su honradez intachable. Recuérdese que acaso fue el único político que no quiso aprovecharse de las remuneraciones y de los negocios que se presentan a los hombres de su prestigio.

Aos dous anos da súa morte, o 26 de xullo de 1921, o rei Alfonso XIII concedeulle a súa viúva, en recoñecemento aos servizos á Coroa de Augusto G. Besada, o marquesado de González-Besada.

 


Comentarios

Entradas populares de este blog

Un poema en galego de D. Basilio do ano 1957

A figura de D. Basilio, cóengo maxistral na catedral tudense e profesor durante varias décadas no Instituto San Paio, continua a ser lembrada por moitos tudenses pola súa erudición, especialmente no que atinxía á historia da nosa cidade como pola súa singular personalidade. Neste blog conmemoramos hai algúns anos o centenario do seu nacemento, o 14 de abril de 1911, ( https://tudensia.blogspot.com/2011/04/hoxe-centenario-do-nacemento-de-don.html ) reproducindo un breve artigo publicado no libro das festas de San Telmo dese mesmo ano  2011. Sinalabamos daquela que era unha persoa sumamente austera, todos o lembramos coa “teja” cubrindo a súa cabeza, a súa faciana morena, sempre vestindo unha raída sotana, fumando os “bisonte” sen boquilla que ofrecía a cantos a él se achegaban, a súa conversa sempre mesturada con referencias teolóxicas. Case todas as tardes, primeiro pedaleando na súa bicicleta, e anos máis tarde sobre a súa vella mobilette (algún día tivo de ser nova pero a miña le

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall

Emma Álvarez Besada a primeira tudense doutora en medicina

O legado dunha comunidade está conformado por un conxunto de bens materiais, que adoitamos denominar patrimonio, xunto cun amplo abano de elementos inmateriais que definen o seu carácter e a súa pervivencia no tempo. Entre estes bens intanxibles ou inmateriais ocupan un lugar non menor aquelas personalidades que ao longo do tempo teñen deixado unha pegada perdurable na memoria colectiva ou aquelas outras que, ás veces esquecidas ou non recoñecidas, expresan na súa traxectoria fitos senlleiros para a vida colectiva. Hoxe queremos recuperar dende Tudensia unha desas figuras olvidadas pero que no seu momento histórico tiveron unha pegada significativa na vida social e colectiva da nosa cidade e de alén dos seus termos xeográficos. As novas demandas sociais se expresan tamén na historiografía que investiga aos grupos sociais discriminados ou marxinados nos diferentes momentos do pasado. Retrato de Emma Álvarez Besada, foto da orla da Facultade de Medicina de Madrid, 1931 Unha revis