Actualmente unha das
advocacións marianas máis estendida, non xa na Península Ibérica senón polo
mundo enteiro, é Nosa Señora de Fátima. Hai escasos días resultaba
arrepiante comprobar como as celebracións litúrxicas do 13 de maio no santuario
portugués estaban sen peregrinos por vez primeira en case un século. No pasado
ano 2019 foron un total de 6,3 millóns de peregrinos, maioritariamente non
portugueses, os que visitaron o santuario atraídos pola devoción á
Nosa Señora e pola espiritualidade que se vive naquel lugar.
Neste lugar do interior de Portugal, en Cova de Iría, tres pequenos pastoriños, de Aljustrel, tiveron no ano 1917 ata sete visións de Nosa Señora a Virxe María: Francisco e Jacinta Martos e a súa curmá Lucía de Jesús Rosa dos Santos, que contaba daquela con dez anos de idade.
A historia das revelacións marianas de Fátima, as mensaxes que a Virxe comunicou aos meniños
nas súas visións, todos os procesos canónicos de verificación e a posterior
difusión desta devoción mariana polo mundo enteiro exceden as pretensións deste
blog, existindo innumerables publicacións ao respecto ás que nos remitimos.
Dos tres videntes,
Francisco e Jacinta morreron moi novos, ao pouco tempo; no ano 1919 e 1920
respectivamente a causa da pandemia da chamada “gripe española” que se estendeu
por todo o mundo. Ambos foron beatificados polo Papa Xoán Paulo II no ano 2000
e canonizados polo Papa Francisco no ano 2017 en Fátima co gallo do centenario
das aparicións.
As revelacións de Fátima teñen lugar nun contexto marcado, en Portugal, pola recente implantación da República que provoca unha importante persecución relixiosa (con medidas como a expulsión de todas as órdenes relixiosas) e polo inicio da I Guerra Mundial, na que participa Portugal con máis de 50.000 mozos. Un ambiente de crise en Portugal e no mundo.
Tras comunicar ás
autoridades eclesiásticas as visións e no decurso do proceso de verificación das
mesmas, Lucía (que nacera en 1907) con apenas catorce anos é levada, polos
responsables da diocese Leiria, ao Instituto Van Séller (coñecido como Asilo de
Vilar) en Porto onde chega o 17 de xuño de 1921 e que estaba a cargo das Irmáns
Doroteas. Alí recibe formación académica e a que, naquela altura, se
consideraba propia da condición feminina. Non retornou a Aljustrel nin nos
períodos vacacionais, recibindo si a visita da súa nai en Porto ou Braga, onde
pasaba as estadías de verán na casa da familia Vasconcelos ou na Quinta do
Formigueiro, propiedade do bispo de Leiria.
Aos 18 anos Lucía
manifestou o seu propósito de seguir á vida relixiosa na Congregación das Irmás
de Santa Dorotea de Paola Frassinetti, as “Doroteas”. Como apuntamos en Portugal non
existían centros de formación para as órdenes relixiosas que foran trasladados
ao exterior. As Doroteas tiñan o seu noviciado en Tui -logo da súa expulsión de
Portugal coa implantación da República-, e ata a nosa cidade se traslada Lucía,
chegando o 24 de outubro de 1925. Unha decisión que pretende tamén afastala da
presión dos devotos e dos medios de comunicación.
O proceso de formación establece, primeiramente, un tempo de postulantado que realizará na casa que as Doroteas tiñan en Pontevedra, onde residirá dende o 25 de outubro de 1925 ata o 20 de xullo de 1926 en que regresa a Tui. O convento tudense estaba daquela no paseo da Corredoura, hoxe cuartel da Garda Civil, pois o actual convento de Martínez Padín se inicia en 1926 e tarda dous anos en construírse. Lucía tomará o hábito o 2 de outubro de 1926, pasando o seu período de noviciado completando a súa formación, realizando a súa profesión o 3 de outubro de 1928. Unha cerimonia que terá lugar xa no novo convento tudense inaugurado o 3 de abril do mesmo ano de 1928.
Con outras compañeiras
profesas continúa na casa tudense das Doroteas ata realizar a súa “profesión
perpetúa” o 3 de outubro de 1934. Aos poucos días é destinada de novo á casa de
Pontevedra onde permanecerá ata que, unha vez máis regresa a Tui, en maio de 1937. Do
convento da rúa Martínez Padín xa non sairá ata que, en maio de 1946, se lle
ordena retornar a Portugal. Visita por vez primeira, dende 1921, os lugares das
aparicións, en Cova de Iria, e a súa terra natal de Aljustrel, dun xeito case
anónimo. É destinada á Casa de Sardão, en Vila Nova de Gaia, cerca de Porto.
Pero aos dous anos, renovando os seus desexos de retiro e soidade, o Papa Pío
XII concédelle ingresar no Carmelo de Santa Tereixa de Coimbra, onde chega o 25
de marzo de 1948, profesando como carmelita descalza o 31 de maio de 1949.
Neste convento redactou os dous últimos volumes das súas Memorias e os
“Llamamientos del Mensaje de Fátima”. Retornou unicamente a Fátima, en 1967, coa visita de
Paulo VI e no 1982 e no 2000 nas visitas de Xoán Paulo II, participando nesta
última data na beatificación de Francisco e Xacinta. No Carmelo de Coimbra permanecerá en vida de
oración ata a súa morte o 13 de febreiro de 2005.
Na súa estadía en
Galicia Sor Lucía tivo diversas visións, tanto en Pontevedra como en Tui. Na
nosa cidade viviu unha experiencia mística de singular relevancia.
Poco se habla de su
estancia en la ciudad fronteriza, que sin duda fue -literalmente- trascendental.
Allí, el 13 de junio de 1929, la hermana Lucía tuvo una visión de la Santísima
Trinidad y del Inmaculado Corazón de María, durante la cual la Virgen le
comunicó que "había llegado el momento de participar a la Santa Iglesia su
deseo de consagración de Rusia y la promesa de su conversión"
Estando a solas Lucía,
la capilla se iluminó y sobre el altar apareció una Cruz iluminada (Dios-luz
del mundo) que llegaba hasta el techo. En otra luz más clara, sobre la parte
superior (de la Cruz-Redención) se veía un rostro de un hombre con cuerpo hasta
la cintura (Dios-Padre-fuente de Gracia y Misericordia); sobre el pecho una
paloma (Espíritu Santo), y un hombre crucificado (Jesucristo-Encarnación).
Un poco más abajo de la
cintura se veía un cáliz y una Hostia (Eucaristía) que desprendía gotas de
sangre que resbalaban por el rostro del Crucificado y de la herida de su
costado y que caían en el cáliz (sacrificio de la Santa Misa). Debajo del brazo
derecho de la Cruz estaba A Nossa Senhora con su Inmaculado Corazón en la mano
izquierda. Debajo del brazo izquierdo de la Cruz, unas letras grandes escritas
con agua cristalina vertidas sobre el altar bordaban las palabras "Gracia
y Misericordia". Continua o relato “entendí que era el Misterio de la
Santísima Trinidad que se me enseñó, y yo recibí luces acerca de este misterio
que no se me permite revelar. Completa a súa narración co petición expresa da
Virxe para que o Papa e todos os bispos “consagren a Rusía a mi corazón,
prometiendo salvarla por este medio”. Su confesor le aconsejó escribir todo lo
que había percibido en esa visión sobrenatural para ponerlo en conocimiento del
Papa.
A teofanía tudense de Sor Lucía posúe una singular carga teolóxica ao recoller os principais misterios do cristianismo, a Encarnación e a Redención que Deus obra a través do seu fillo, Xesús… para transmitir ao mundo unha mensaxe certa, o xuizo de Deus para os homes é “gracia e misericordia” de aí a insistencia dos pastoriños da Fátima na conversión persoal e colectiva para participar da gracia e da misericordia amorosa de Deus.
A mensaxe de Fátima agroma nun momento de crise e turbulencia, nun tempo de grandes transformacións no mundo, é certamente esperanzadora, de confianza, pois o que triunfa, o que permanece é a gracia e a misericordia de Deus para todos os homes. Unha mensaxe actual tamén para os nosos tempos cheos de incertidumes, onde sobresae a certeza da fe, da "gracia e misericordia", do amor incondicional de Deus polo home e a humanidade.
Sor Lucía residiu en Tui máis de dezasete ano no convento das Doroteas, co nome de “Sor Dolores” que tomou ao vestir o hábito, participando na vida da comunidade relixiosa e como, moitas das súa compañeiras doroteas, colaborando en diversas tarefas apostólicas nas parroquias do entorno, especialmente como catequista de nenos e nenas nas parroquias de Tui e Rebordáns. Lembro como miña nai comentaba que compartira con Sor Lucía estas labores catequéticas, que mantiña unha especial discreción na súa actividade, asumida tamén por todos os que coñecían a súa identidade colaborando esta discreción, pois ninguén facía referencia algunha a súa condición de vidente de Fátima. Tamén no convento tudense redactou parte das súas memorias, en concreto catro volumes, escríbelle ao Papa, segue en relación coa Igrexa de Portugal, recibe contadas visitas (como a de Josemaría Escrivá de Balaguer, fundador do Opus Dei, que nunha estadia co seu amigo e bispo de Tui, Fr. José López Ortiz, visita á vidente de cara á implantación da súa organización en Portugal), vive, en definitiva, con sinxeleza e discreción case anónima.
En Tui Sor Lucía ten
unha das experiencias místicas máis singulares e fondas. Na capela do
convento tudense na noite do 13 de xuño de 1929 – cumpriremos en menos dun mes o
seu XCI aniversario- tivo lugar un extraordinario acontecemento protagonizado
pola Irmá Lucía: a visión da Trinidade que se deixa coñecer por esta relixiosa.
Posiblemente, mantendo o espírito de Lucía, as relixiosas Doroteas tudenses nunca promoveron ou potenciaron especialmente este lugar certamente singular, en contraste, por exemplo, con Pontevedra onde existe unha Capela ou Santuario das Aparicións e cuxo culto é amplamente difundido. Certo que acollen con hospitalidade e simpatía a cantos se achegan ata a capela tudense lembrando á memoria da Irmá Lucía e a súa visión.
En outubro de 2005 a
asociación cultural “Civitas Tudensis” en colaboración co Concello de Tui
colocou unha placa na fachada do convento das Doroteas de Tui lembrando este
acontecemento, única sinal, aínda hoxe,da presenza de Lucía en Tui e da súa
visión.
Anualmente son moi numerosos os grupos de peregrinos, especialmente estranxeiros, que acoden ata este lugar atraídos pola lembranza da visión daquel 13 de xuño de 1929. Quen subscribe, por exemplo, acompañou o pasado ano a un grupo de case 150 peregrinos procedentes de Rusia, Letonia e Georgia que iniciaban en Tui o seu Camiño de Santiago visitando este lugar mariano ligado á historia dos seus países.
Remato este post reivindicando a valorización deste singular acontecemento acaecido en Tui hai 91
anos, especialmente pola súa dimensión espiritual pero tamén, en segundo lugar, pola súa dimensión turística. Resulta sorprendente que esa visión trinitaria de Lucía en Tui sexa amplamente coñecida por todo o mundo e siga sendo moi escasamente coñecida polas xentes de Tui.
Unha alta porcentaxe dos peregrinos que realizan o Camiño Portugués teñen unha motivación espiritual que se enriquecería cunha visita e atención relixiosa neste lugar da visión da irmá Lucía. Paralelamente, resulta de interese promover a presenza de Tui no amplo mundo dos peregrinos a Fátima que, lembremos, acadou os 6,5 millóns no pasado ano 2019. Unha difusión desta manifestación teofánica tudense entre os peregrinos a Fátima e a creación das necesarias condicións de acollida para estes grupos abre unha nova vía de actuación no ámbito do turismo relixioso que Tui non debe deixar de explorar, incorporando a visita á nosa cidade nos circuítos deste tipo de turismo relixioso no futuro.
Comentarios
Publicar un comentario