Ir al contenido principal

Crónica da Guerra de Independencia en Tui (V): os preparativos do cerco


-->

Como los franceses que quedaron en Tui y otra porción grande de ellos en Vigo pedían a las aldeas de las inmediaciones raciones sin término, robaban y saqueaban quanto hallaban en ellas sin respetar lo más sagrado de los templos pues los entraban y llevaban hasta los vasos sagrados hechando por el suelo las sagradas formas, y hacían pedazos con los sables las imagenes de los santos, como yo he visto algunas en astillas: los paysanos que no podían mirar esto con indolencia trataron de sacudirse de sobre si una carga tan pesada y odiosa como lo era la presente; y hechando mano a las armas como único recurso que les quedaba se presentaron con ellas en el campo
O historiador tudense Francisco Avila y Lacueva, testemuña presencial destes feitos, relata deste xeito como os tudenses sofren os abusos das tropas invasoras extendéndose o espirito de insurrección entre as xentes da nosa terra.
Namentras, logo que Soult, coas suas tropas está xa no interior da provincia de Ourense camiño da fronteira con Portugal, os continxentes que ficaron en Tui e na súa provincia amáis de reclamar novos abastos á poboación na cidade tudense comezan un labor de fortificacion da cidade, reforzando as estructuras defensivas que estaban daquela bastante deterioradas: afortecen as portas e postigos da cidade, emprazan a súa artilleria sobre as murallas namentras que a infanteria establécese en tres cuarteles: na praza da Catedral o de artillería, na rua Trasaobra, ou actualmente Sanz e na porta da praza os de infantería.
E Tui como base do exército francés no sur de Galicia continúa recibindo novos continxentes de tropas, así o 6 de marzo de 1809 entran en Tui 1.300 franceses con 40 carros de fariña e outros xéneros, produto do saqueo ao que someteron á cidade de Pontevedra, pero o mesmo día saíron da nosa cidade para Santiago de Compostela, un batallón de infantería (cun número variable pero superior aos 400 homes) con cinco pezas de artillería e un escuadrón de cabaleiría (cuxo número non superaria os 200 soldados).
Namentras D. Mauricio Troncoso, o abade do Couto, superado os incidentes coas tropas franceses, retoma o seu labor de aglutinante das forzas dos paisanos para acometer o cerco de Tui. Recollemos o seu relato, no libro de Osuna Rey:
Retirándose el abad a su casa, insertando nuevamente oficios a todas las Justicias y Caudillos, y juntamente al General en Jefe del Reino de Portugal, D. Bernardino Freire de Andrade, de las facultades con que se hallaba del Excmo. Sr. Marqués de la Romana, inmediatamente con fecha 4 de marzo de su Cuartel General de Braga dio orden que los Gobernadores Justicias de su Reino le diesen todos los auxiliosn que el Abad del Couto pidiese, lo que inmediatamente el Corregidor de la Villa de Melgazo, y el Gobernador de la Plaza de Monzón, y el de Valencia, le suministraron con más de cincuenta y tantos cajones de municiones, y ofreciéronse con todos los auxilios de que careciese y en vista de esta determinación, reunió así mas de ocho mil hombres entre paisanos y soldados dispersos del ejército, y el 12 del mismo mes coge dicho Abad con su ejército haciendo de General a sitiar la ciudad de Tuy.
Este cerco á nosa cidade establécese a partir do oito de marzo, pero o propio nome temos de poñelo en cuestión, pois as tropas sitiadoras van estar moi olonxadas das vellas murada tudenses, os postos de avangarda dos sitiadores estarán, como mínimo, a dous quilómetros. Pero o obxectivo, dada a precariedade de tropas profesionais e de medios materiais, eran máis ben artellar un cerco que impedise os movementos das tropas francesas, a chegada de novos reforzos militares, a recepción de suministros, as súas saídas na procura de abastos para o sustento das tropas acantonadas na cidade e, especialmente, dificultar as súas comunicacións con outras prazas, nomeadamente, a de Vigo.
Este último feito será de grande importancia estratéxica e favorecerá ao cerco á que está sometida a cidade de Vigo polo Abade de Valadares e outros persoeiros, apurando así a culminación da reconquista de esta praza a finais de marzo.
Así pois hai hoxe douscentos anos os lideres populares que encabezaba Mauricio Troncoso de Lira están agrupando polas comarcas da Paradanta, do Condado, da Louriña, do Val Miño e, como non, do Baixo Miño a mozos e homes para achegarse ata Tui, a capital provincial, para establecer o sitio desta praza.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Un poema en galego de D. Basilio do ano 1957

A figura de D. Basilio, cóengo maxistral na catedral tudense e profesor durante varias décadas no Instituto San Paio, continua a ser lembrada por moitos tudenses pola súa erudición, especialmente no que atinxía á historia da nosa cidade como pola súa singular personalidade. Neste blog conmemoramos hai algúns anos o centenario do seu nacemento, o 14 de abril de 1911, ( https://tudensia.blogspot.com/2011/04/hoxe-centenario-do-nacemento-de-don.html ) reproducindo un breve artigo publicado no libro das festas de San Telmo dese mesmo ano  2011. Sinalabamos daquela que era unha persoa sumamente austera, todos o lembramos coa “teja” cubrindo a súa cabeza, a súa faciana morena, sempre vestindo unha raída sotana, fumando os “bisonte” sen boquilla que ofrecía a cantos a él se achegaban, a súa conversa sempre mesturada con referencias teolóxicas. Case todas as tardes, primeiro pedaleando na súa bicicleta, e anos máis tarde sobre a súa vella mobilette (algún día tivo de ser nova pero a miña le

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall

Emma Álvarez Besada a primeira tudense doutora en medicina

O legado dunha comunidade está conformado por un conxunto de bens materiais, que adoitamos denominar patrimonio, xunto cun amplo abano de elementos inmateriais que definen o seu carácter e a súa pervivencia no tempo. Entre estes bens intanxibles ou inmateriais ocupan un lugar non menor aquelas personalidades que ao longo do tempo teñen deixado unha pegada perdurable na memoria colectiva ou aquelas outras que, ás veces esquecidas ou non recoñecidas, expresan na súa traxectoria fitos senlleiros para a vida colectiva. Hoxe queremos recuperar dende Tudensia unha desas figuras olvidadas pero que no seu momento histórico tiveron unha pegada significativa na vida social e colectiva da nosa cidade e de alén dos seus termos xeográficos. As novas demandas sociais se expresan tamén na historiografía que investiga aos grupos sociais discriminados ou marxinados nos diferentes momentos do pasado. Retrato de Emma Álvarez Besada, foto da orla da Facultade de Medicina de Madrid, 1931 Unha revis