Ir al contenido principal

Crónica da Guerra de Independencia en Tui (VII): á Veiga do Louro primeiro escenario bélico


-->
Deixabamos no anterior relato desta crónica aos diversos elementos das tropas e paisanos sitiadores instalados nos seus respectivos campamentosm arredor do 14 de marzo, comezando de seguido as escaramuzas coas tropas francesas. O 19 de marzo o Abade do Couto recibe no seu cuartel de Entenza a dous comisionados pola Junta Central para colaborar no cerco de Tui, Pablo Morillo e Manuel Acuña y Malvar, que chegan logo dunha accidentada travesia a través de Portugal, ainda que tamén estarán presentes no cerco de Vigo.
En base ao relato de Ruibal logo recollido polo coengo Antonino Cerviño coñecemos con certo detalle os acontecementos que se suceden no campamento do monte de As Penizas, nas terras de Paramos. Osuna Rey resume así os feitos acontecidos no día 21 de marzo:
Enterado D. Felipe de la Concha, jefe de la Compañía de Tiradores del Miño, que una columna estaba avanzando por el puente de A Veiga, decidió acometerla. La compañía descendió por el este de As Penizas hasta aproximarse a las casas de A Veiga, y a cubierto de ellas se aproximaron a la vega del Louro donde estaban desplegadas los infantes franceses en número de 150 a 200, que cubrían a multitud de forrejeadores que segaban el trigo y la hierba para sus caballos. A poco fue bajando gente de As Penizas y San Caetano, y aunque los franceses disponían de cuatro cañones de a ocho y un obús (que retiraban a la ciudad al anochecer), y que estas piezas abrieron fuego sobre los españoles, viendo que estos les dirigían un nutrido fuego de fusilería, se retiraron por el puente hacia Tui, dejando muchos costales y sacos llenos de hierba, y apoderándose los españoles de ocho fusiles con sus bayonetas y correajes; según el cirujano español, las bajas propias fueron de pocos heridos y pronto estarían bien.
Pero os enfrentamentos xa eran constantes nas diversos enclaves do cerco tudense. De novo no día 22 de marzo a Compañía de Tiradores, sen dúbida os máis aventurados de todas os sitiadores, voltan sair das Penizas e atancan con objeto de sorprender y atacar a la guardia francesa en Santa Eufemia. La operación, segundo o cronista Ruibal, se realizó con toda felicidad. Los enemigos experimentaron bastantes bajas de muertos y heridos. La compañía se apoderó de once fusiles con las bayonetas correspondientes, sin que por su parte hubisen perdido un solo hombre.
Logo deste bautismo bélico o cadete Ruibal cos seus compañeiros foi protagonistas doutro sonado ataque contra os franceses. Na madrugada do día 24 de marzo Ruibal cun pequeño grupo de fusileros, pero coa protección de toda a Compañía de Tiradores do Miño e un numeroso grupo de escopeteros do campamento de As Penizas, saliron cara a Tui para apoderarse dunha “caballada” dos franceses que saia todas as mañás á pastar fora das murallas tudenses. Tras deter por sorpresa aos tres franceses que coidaban dos animais logran apoderarse de 34 cabalos e 8 mulos, que levan ao campamento de Paramos.
O comandante das tropas españolas para facilitar a retirada coloca na ponte nova doce piñeiros coas súas ponlas unidas e atadas con outras de Carballo, igualmente preparan unha trincheiras para colocar aos seus soldados. Pois como era previsible os franceses ao coñecer o furto, fan sair de Tui unha ampla columna (segundo Ruibal 2500 infantes e 400 cabalos) que atacan a ponte nova con 300 xinetes pero non logran cruzalo. De seguido a infantería volta a intentalo en dous frentes, a ponte e a zona de Guillerei resistindo as nosas tropas. Finalmente as tropas napoleónicas desisten e retornan a Tui.
Nesta acción podemos destacar quen combaten xentes de varias nacionalidades, pois xunto a españoles e portugueses, loitaron integrantes de dúas compañias de 15 rexemento francés, dous escuadráns de húsares e dous de dragón, un deles alemán, e cabaleiria italiana e bávara, amáis dun escuadrón de cazadores de Saxonia. En consecuencia, aínda que falemos a cotío de tropas francesas é moitos máis propio referirse a tropas napoleónicas pois os exercitos comandandos por Bonaparte abranguian xentes de moitas nacionalidades europeas.
En la distribución de los fusiles cogidos al enemigo, Concha recibió 45, que destinó a armar a otros tantos reclutas, el resto que eran muchísimos más, se los reservó para su gente el comandante del campamento. El armamento de la caballería se destino para el Marqués de la Romana.
No día 25 de marzo achegase un batallón portugués do Rexemento nº 21, con dous cañons de “a cuatro”. Gracias a súa intervención na noitiña dese día as tropas galegas lograron sair dunha emboscada pola cabaleiria francesa. A intervención da artilleria lusa e de dous canons que o comandante das Penizas trouxera de Salvaterra xunto ao terreo de lameiro que existia na zona da Veiga polas chuvias impediron que os xinetes napoleónicos poidesen actuar con facilidades facilitando que as tropas se escondesen nas casas de Guillarei.
Pero estos soio son anticipos do primeiro enfrontamente serio que terá como escenario as terras de Ribadelouro nos días seguintes e que tanta importancia terá para a reconquista de Vigo.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Un poema en galego de D. Basilio do ano 1957

A figura de D. Basilio, cóengo maxistral na catedral tudense e profesor durante varias décadas no Instituto San Paio, continua a ser lembrada por moitos tudenses pola súa erudición, especialmente no que atinxía á historia da nosa cidade como pola súa singular personalidade. Neste blog conmemoramos hai algúns anos o centenario do seu nacemento, o 14 de abril de 1911, ( https://tudensia.blogspot.com/2011/04/hoxe-centenario-do-nacemento-de-don.html ) reproducindo un breve artigo publicado no libro das festas de San Telmo dese mesmo ano  2011. Sinalabamos daquela que era unha persoa sumamente austera, todos o lembramos coa “teja” cubrindo a súa cabeza, a súa faciana morena, sempre vestindo unha raída sotana, fumando os “bisonte” sen boquilla que ofrecía a cantos a él se achegaban, a súa conversa sempre mesturada con referencias teolóxicas. Case todas as tardes, primeiro pedaleando na súa bicicleta, e anos máis tarde sobre a súa vella mobilette (algún día tivo de ser nova pero a miña le

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall

Emma Álvarez Besada a primeira tudense doutora en medicina

O legado dunha comunidade está conformado por un conxunto de bens materiais, que adoitamos denominar patrimonio, xunto cun amplo abano de elementos inmateriais que definen o seu carácter e a súa pervivencia no tempo. Entre estes bens intanxibles ou inmateriais ocupan un lugar non menor aquelas personalidades que ao longo do tempo teñen deixado unha pegada perdurable na memoria colectiva ou aquelas outras que, ás veces esquecidas ou non recoñecidas, expresan na súa traxectoria fitos senlleiros para a vida colectiva. Hoxe queremos recuperar dende Tudensia unha desas figuras olvidadas pero que no seu momento histórico tiveron unha pegada significativa na vida social e colectiva da nosa cidade e de alén dos seus termos xeográficos. As novas demandas sociais se expresan tamén na historiografía que investiga aos grupos sociais discriminados ou marxinados nos diferentes momentos do pasado. Retrato de Emma Álvarez Besada, foto da orla da Facultade de Medicina de Madrid, 1931 Unha revis