Ir al contenido principal

Francisco Sánchez, no "Dicionario enciclopedia do pensamento galego"



Ten chegado ás miñas más un interesante e documentado libro que baixo o titulo de “Dicionario enciclopedia do pensamento galego” analiza as biografias de 110 pensadores significativos de Galicia así como 16 monografías temáticas (dende ‘antropoloxia’ a ‘relixión’) a cargo de destacados especialistas. A obra está promovida polo Consello da Cultura Galega e Edicións Xerais de Galicia.
A curiosidade levoume de inmediato a pescudar polos nomes tudenses que figura na obra atopando os seguintes: Francisco Caldas Pereira e Castro (nado na metade do século XVI na nosa cidade e que acadou notable sona como xurista na Europa do século XVIII, aínda que é unha referencia dentro do artigo dedicado a Gómez Pereira, outro egrexio filósofo do século XVI, autor da monumental obra “Antoniana Margarita” que certos autores como o Padre Isla o declaran “galego pola graza de Deus e do bispado de Tui”), Mercedes Oliveira Malvar (1957) doutora en Pedagoxia e profesora de Ensino Medio de Filosofia e, finalmente, Francisco Sánchez.
A entrada sobre o filósofo tudense é do profesor de filosofía da Universidade de Santiago de Compostela Martín González Fernández (Salvaterra de Miño, 1958) que xe se ten ocupado do “Tudense” en diversas publicacions e que participou nas Xornadas sobre Francisco Sánchez celebradas en Tui no outono de 2006.
Sánchez o Escéptico é considerado hoxe, xunto a Michel de Montaigne e Pierre Charron como un dos máximos expoñentes e representantes do escepticismo renacentista de finais do século XVI
Un dos enigmas que envolve a obra de Sánchez é, precisamente, dilucidar o que quixo dicir con aquel Quid? Co que asina os seus traballos, sexa o Carmen de Cometa (1578), sexa o Quid (1581). Pódese lembrar como anécdota, que na documentación escolar, académica, a súa sinatura remata sempre cun signo de interrogación. Non é de estranar, xa que logo, que os seus editores, os seus fillos e o seu biografo, dispuxeran, na edición póstuma da 1636, xunto ao retrato debido a Miguel Lasns e unha lenda laudatoria, ao remate precisamente desta, de novo, o emblemático ‘Quid?’ (...) tamen hai algunos acenos de coqueteria do propio Francisco Sánchez, frustrados logo: “Por iso, como nada sabía –Sócrates, xunto cos escépticos da Antigüidade, incluido Favorino- nada quixo escribir para nós. Frecuentemente sinto eu a tentación de facer o mesmo”
Agradecemos esta nova obra que recolle unha análise do pensamento dun dos máis ilustres fillos de Tui, cunha obra de indubidable interese aínda na actualidade.
Todos os seus escritos, todo o seu traballo, de medicina, de matemáticas, de filosofía, sempre volve dalgún xeito a un punto de partida e de repouso, ás reflexións epistemolóxicas inseridas e constitutivas do Quid nihil scitur (...) Noutros lugares, nomeadamente nos seus opúsculos menores, nos seus comentarios filosóficos a Aristóteles, pero xa no prematuro Carmen de Cometa (1578) pronunciase contra a corrente filosófica neoplatónica, tan importante nos séculos XV e XVI en Europa, case que a ideoloxia triunfante do Renacemento, se se quere, que falaba da “dignidade do home”, cando non da súa “deificación ou divinización” (...) “O home, animal glorioso elévase por enriba de todas as cousas e se puidese expulsar a Deus do ceo, faríao. Entón vai ata onde pode: fínxese, crese Deus e ata se esforza (...) para que os demáis o crean como tal” (do seu libro De Divinatione per somnum, ad Aristotelem).
Sobre as conxeturas sobre a ascendencia xudía de Francisco Sánchez, o profesor González Fernández, que non entra na análise deste aspecto, sen embargo esparce polo texto notas que ratifican esta linaxe: Fronte a Montaigne e Charron, Francisco Sánchez, non é reivindicado como patrón pola “corrente libertina” do século XVII –G. Patin ou G. Naudé-. Isto marca unha diferenza. Se aqueles dous foron “católicos liberais”, en opinión de R. H. Popkin, escondra ou non o seu “fideísmo” certa indiferenza relixiosa ou incredulidade; Sánchez, bó “cristián novo”, comportase como un celoso “católico tradicional” combina o “Quid?” cos “Laus Deo Virginique Mariae!”, declárase “filósofo cristián” e fala como “nós os católicos”, menciona a calquera propósito a “Cristo”, encabeza cun “signo da cruz” as cartas, cumpre, pois, con todos os ritos do compulso converso.
Apuntes sobre a obra filosófica do Tudense, do Esceptico, que logo de mais de catro séculos segue suscintando o interese dos estudosos da filosofía e da cultura occidental, onde Francisco Sánchez ten un lugar agrexio.
Aquel rapazolo que percorreu as rúas tudense na metade do século XVI, fillo do médico do Cabido tudense, Antonio Sánchez, e que logo as presións contra os xuidazante obrigou á procura de novos lugares de vida en Burdeos, facilitando así á sua formación humanística, segue reclamando das xentes de Tui un recoñecemento non para honrar á figura de tran insigne médico e filósofo senón para honrarmos todos os tudenses de ter un fillo desta terra miñota que logo de case cinco séculos os seus escritos seguen suscitando debates, reflexións e análise dos estudos. Resulta certamente sorprendente que únicamente un dos Institutos da cidade leve o seu nome, compre dedicarlle unha rúa, colocar unha estatua, unha praca conmemorativa... para que nos dignifique a todos os tudenses.

Rafael Sánchez Bargiela

Comentarios

Entradas populares de este blog

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall...

Emma Álvarez Besada a primeira tudense doutora en medicina

O legado dunha comunidade está conformado por un conxunto de bens materiais, que adoitamos denominar patrimonio, xunto cun amplo abano de elementos inmateriais que definen o seu carácter e a súa pervivencia no tempo. Entre estes bens intanxibles ou inmateriais ocupan un lugar non menor aquelas personalidades que ao longo do tempo teñen deixado unha pegada perdurable na memoria colectiva ou aquelas outras que, ás veces esquecidas ou non recoñecidas, expresan na súa traxectoria fitos senlleiros para a vida colectiva. Hoxe queremos recuperar dende Tudensia unha desas figuras olvidadas pero que no seu momento histórico tiveron unha pegada significativa na vida social e colectiva da nosa cidade e de alén dos seus termos xeográficos. As novas demandas sociais se expresan tamén na historiografía que investiga aos grupos sociais discriminados ou marxinados nos diferentes momentos do pasado. Retrato de Emma Álvarez Besada, foto da orla da Facultade de Medicina de Madrid, 1931 Unha revis...

Bo Nadal cun texto de Manuel Lago González: “Noite Boa” (1892)

Felicitamos hoxe aos seguidores de Tudensia estas festas do Nadal recuperando un breve texto, non o chamaría nin relato, sobre como se celebraba a Noiteboa nas aldeas de Tui nas últimas décadas do século XIX, nun momento en que os labregos galegos vivían nunha economía de subsistencia e nunhas moi duras condicións de vida. Anxo no capitel do arco triunfal da igrexa de San Domingos de Tui, sec. XV Trátase dun texto de Manuel Lago González publicado o 24 de decembro de 1892 no xornal tudense “La Integridad”. Daquela Manuel Lago era un presbítero que formaba parte do claustro de profesores do Seminario tudense e que tiña unha activa participación como xornalista e na vida social en Tui. Ao xornalismo entregouse Lago con verdadeira ardentía e a tarefa que se impuxo foi querer incorporar a defensa das tradicións e os intereses de Galicia ao ideario católico de signo integrista (oposto radicalmente ao liberalismo). Este texto, que non foi publicado posteriormente a súa edición en “La Int...