Ir al contenido principal

Crónica da Guerra de Independencia en Tui (VI): establécese o cerco da cidade e as primeiras escaramuzas



Arredor do oito de marzo as tropas, basicamente integradas por paisanos e al´gún militares , establecen o cerco á cidade de Tui.
O cuartel xeral deste operativo militar foi establecido en Entenza, parroquia do actual concello de Salceda de Caselas, afastado bastante quilómetros de Tui. Artellouse o cerco mediante catro campamentos ou avanzadas que controlaban as comunicacións de Tui con outras cidades e vilas, a saber:
- No monte das Penizas, en Paramos, co obxectivo de controlar o camiño cara Ourense. Esta comandado por un capitán e polo Abade de Toutón e integrado por xentes procedentes das comarcas da Paradanta, Condado e Louriña. Entre os mozos foi creada una Compañia de tiradores, dirixida polo presbítero de Ponteareas, Felipe de la Concha, que levou primeiro o nome de “Tiradores de Sobroso” e logo “Tiradores do Miño”, e estaba integrada por 260 prazas.
- Na parroquia de Ribadelouro foi instalado un segundo campamento para controlar as comunicacións con Vigo. Esta baixo o mando do Abade de Cela, Miguel Pavón, e contaba básicamente coas xentes da comarca da Louriña.
- No camiño cara a Baiona, nas posicións de Freande e de San Xulián estaban instalados dos grupos de tudenses. Un ao mando do xuiz da cidade, Cosme Rodríguez Seoane, e outro baixo a dirección do procurador xeral, Juan Ramón de la Barcia. Este campamento tiña unha avanzada no castro de Cabeza de Francos, unha posición cun gran control do val do Miño inmediato a Tui.
- Un último campamento estaba na zona de As Bornetas, en Randufe, pechaba o camiño da Guarda. Del formaban parte as xentes dos caudillatos de Tomiño e A Guarda así como algunhas compañías de portugueses que estiveron escasamente unha semana. Este campamento era o que tiña unha posición máis aberta ao carecer dun outeiro de protección.
Este cerco á cidade de Tui ficou complemante montado arredor do 12 de marzo e estaba integrado, segundo o histador J.M. Osuna Rey a quen seguimos neste relato, por unha elevado numero de homes, case 10.000 nos últimos días de marzo. Eran escasos os membros do exército que formaban parte destas tropas, a meirande parte eran labregos que armados con escopetas, fouces, ou mesmo sen armamento algún integraban estas divisións “paramilitares”.
O día 14 de marzo o Abade do Couto, D, Mauricio Troncoso, como comandante xeral das tropas dirixiuse a través dun emisario ao xeneral francés Lamartinière, como responsable da praza de Tui, esixindolle a rendición incondicional. Máis o militar napoleónico, coñecedor da situación e do aopio que tropas portuguesas prestaban aos españoles naquel xornada únicamente deixou retido ao emisario e preparou a resposta para o día seguinte.
Así o 15 de marzo Lamartinière enviou contra os sitiadores un elevado número de tropas de infanteria, cabaleiría e mesmo artilleria, é a primera escaramuza seria de combate, o “bautismo de fogo” para moitos dos nosos paisanos. A estratexia dos sitiadores será non facer fronte ás tropas napoleónicas, e así as tropas das Penizas retiraronse cara Soutelo, retornando ao dia seguinte a ocupar este monte de Paramos.
Ao día seguinte de novo os franceses realizar unha nova incursión agora contra os campalentos de Freande, e de novo os nosos paisanos retiranse agardado a volta á cidade das tropas francesas para ocupar novamente as posicións.
Cómpre reseñar a colaboración das tropas portuguesas coas forzas sitiadoras, recurridos ao escrito de Francisco Ávila y Lacueva que nos relata o seguinte: también pasaron a esta provincia de Tuy algunas partidas cortas de portugueses para ayudar a los naturales del país: más al paso que fueron útiles entre nosotros tambien causaron algunos perjuicios aquí por que por su culpa se lavantó por dos veces el cerco de Tuy, la una en el 18 de marzo y la otra el 24 del mismo mes, el motivo era por que les llamaban de Portugal qual fuese por tracción, qual por lo que ellos quisiesen suponer y se marchaban dejando a los paysanos solos y como estos tenían poca pericia militar también se retiraban temiendo alguna tracción, de que había hartas por entonces.
Estas tropas de apoio procedentes do veciño país estaban asentadas especialmente no campamento das Bornetas, para reforzar as débiles defensas daquel enclave. De seguro que por esta mesma circunstancia esta avanzada será a que manteña case diariamente tiroteos coas tropas napoleónicas e así Osuna recolle como nos días dezaoito, dezanove e vinte hai rexistradas un total de oito baixas de veciños de As Bornetas ou de Randufe nos libros parroquiais.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Un poema en galego de D. Basilio do ano 1957

A figura de D. Basilio, cóengo maxistral na catedral tudense e profesor durante varias décadas no Instituto San Paio, continua a ser lembrada por moitos tudenses pola súa erudición, especialmente no que atinxía á historia da nosa cidade como pola súa singular personalidade. Neste blog conmemoramos hai algúns anos o centenario do seu nacemento, o 14 de abril de 1911, ( https://tudensia.blogspot.com/2011/04/hoxe-centenario-do-nacemento-de-don.html ) reproducindo un breve artigo publicado no libro das festas de San Telmo dese mesmo ano  2011. Sinalabamos daquela que era unha persoa sumamente austera, todos o lembramos coa “teja” cubrindo a súa cabeza, a súa faciana morena, sempre vestindo unha raída sotana, fumando os “bisonte” sen boquilla que ofrecía a cantos a él se achegaban, a súa conversa sempre mesturada con referencias teolóxicas. Case todas as tardes, primeiro pedaleando na súa bicicleta, e anos máis tarde sobre a súa vella mobilette (algún día tivo de ser nova pero a miña le

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall

Emma Álvarez Besada a primeira tudense doutora en medicina

O legado dunha comunidade está conformado por un conxunto de bens materiais, que adoitamos denominar patrimonio, xunto cun amplo abano de elementos inmateriais que definen o seu carácter e a súa pervivencia no tempo. Entre estes bens intanxibles ou inmateriais ocupan un lugar non menor aquelas personalidades que ao longo do tempo teñen deixado unha pegada perdurable na memoria colectiva ou aquelas outras que, ás veces esquecidas ou non recoñecidas, expresan na súa traxectoria fitos senlleiros para a vida colectiva. Hoxe queremos recuperar dende Tudensia unha desas figuras olvidadas pero que no seu momento histórico tiveron unha pegada significativa na vida social e colectiva da nosa cidade e de alén dos seus termos xeográficos. As novas demandas sociais se expresan tamén na historiografía que investiga aos grupos sociais discriminados ou marxinados nos diferentes momentos do pasado. Retrato de Emma Álvarez Besada, foto da orla da Facultade de Medicina de Madrid, 1931 Unha revis