Ir al contenido principal

Centro de Interpretación "Tui, porta do camiño portugués"








Onte foi presentado aos medios de comunicación o Centro de Interpretación “Tui, porta do camiño portugués” que o Concello de Tui ten instalado no antigo edifício do convento de San Domingos, para promover o coñecemento deste itinerário xacobeo e a súa valorización. Este novo equipamento enriquece a oferta cultural da nosa cidade.

Damos noticia en “Tudensia” desta apertura echagando unhas imaxes do mesmo e copia da nota de prensa enviada pólo Concello de Tui sobre este centro.


O ANTIGO CONVENTO DE SAN DOMINGOS ACOLLE O “CENTRO DE INTERPRETACIÓN, TUI PORTA DO CAMIÑO PORTUGUÉS A SANTIAGO”


A Concelleria de Cultura do Concello de Tui presentou a instalación no antigo convento de San Domingos do centro de interpretación “Tui, porta do camiño portugúes a Santiago” coa finalidade de promover entre peregrinos, visitantes e os propios veciños de Tui o coñecemento da historia e do patrimonio vencellado na nosa cidade oa camiño de peregrinación a Compostela.

Neste mañán do mércores 9 de xuño o concelleiro de cultura presentou aos medios de comunicación este novo equipamento promovido polo Concello de Tui para remarcar a condición da nosa cidade como a histórica porta de entrada do camiño portugués en Galicia ao abeiro da celebración do Ano Santo Compostelano.

Nestre centro os visitantes poden coñecer, mediante diversos paneis informativos en varios idiomas, os diversos aspectos que, dende os inicios do fenómeno das peregrinacións xacobeas, ligaron á cidade de Tui a este camiño de Santiago. Así existe información sobre: O hospital para peregrinos, o culto xacobeo na catedral tudense, os máis egrexios peregrinos cuxo paso está documentado na cidade, e os principais enclaves do camiño portugués ao seu paso polo concello de Tui. Completa os equiopamentos deste centro de interpretación unha instalación de caixas de luz que abrangue o percorrido do camiño portugués dende Valença do Minho ata Santiago de Compostela con imaxes de gran formato sobre os principais enclaves; os visitantes poden contemplar unha espectacular maqueta do conxunto histórico tudense, da autoria de José Martínez Clotet e cedido por D. Alejandro Pardo, así como unha imaxe de San Roque cos atrabutos de peregrinos, e outros obxectos vencellados ao fenómeno xacobeo na nosa cidade.

Moisés Rodríguez Pérez, concelleiro de cultura de Tui, comentou no decurso desta presentación, que este Centro de Interpretación “Tui, porta do camiño portugués” é unha aposta do Concello tudense pola posta en valor do camiño de Santiago ao seu paso por Tui e pola divulgación desta ruta de peregrinación. Tui foi históricamente o lugar de Galicia onde confluian os diversos roteiros do camiño portugués, que cruzaban o Miño entre as localidades de Valença e Tui, como queda acreditado na documentación histórica conservada pois só excpecionalmente había peregrinos que non percorrian esta ruta e optaban por outras alternativas.

Hoxe compre reivindicar este caracter histórico do camiño portugués como o principal valor deste ruta xacobea, recoñecida como itinerario cultural europeo dende 1987, pois garante a autencidade deste roteiro percorrido ao longo dos séculos por numerosos peregrinos de innumerables paises. É este caracter histórico do camiño portugués ao seu paso por Tui unha das principais reivindicacións do concello tudense e o principal reclamo que a nosa cidade pode ofrecer a peregrinos e visitantes.

A apertura deste centro, xunto co inmediato inicio do acondicionamento do resto do edificio como albergue provisional para este ano santo, a edición de folletos informativos en varios idiomas, a creación dun perfil en facebook que se achega xa os 2.200 siareiros, etc son algunhas das medidas abordadas dende o Concello tudense para a promoción deste camiño portugués. Amosaba o concellerio tamén a súa satisfacción polo incremento constante que se experimenta no número de peregrinos que pasan por Tui ou inician na nosa cidade o camiño de Santiago.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Emma Álvarez Besada a primeira tudense doutora en medicina

O legado dunha comunidade está conformado por un conxunto de bens materiais, que adoitamos denominar patrimonio, xunto cun amplo abano de elementos inmateriais que definen o seu carácter e a súa pervivencia no tempo. Entre estes bens intanxibles ou inmateriais ocupan un lugar non menor aquelas personalidades que ao longo do tempo teñen deixado unha pegada perdurable na memoria colectiva ou aquelas outras que, ás veces esquecidas ou non recoñecidas, expresan na súa traxectoria fitos senlleiros para a vida colectiva. Hoxe queremos recuperar dende Tudensia unha desas figuras olvidadas pero que no seu momento histórico tiveron unha pegada significativa na vida social e colectiva da nosa cidade e de alén dos seus termos xeográficos. As novas demandas sociais se expresan tamén na historiografía que investiga aos grupos sociais discriminados ou marxinados nos diferentes momentos do pasado. Retrato de Emma Álvarez Besada, foto da orla da Facultade de Medicina de Madrid, 1931 Unha revis...

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall...

Lembranza agradecida a Xabier Añoveros

Onte á tarde, nos comezos de setembro, cando xa as horas diúrnas minguaron, o aire nos anticipa a proximidade do outono e as conversas se centraban nestas intranscendencias, recibín a triste noticia do falecemento, no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, de Xabier Añoveros Trías de Bes, navarro de berce, barcelonés de vida e traxectoria e tudense de corazón.   “ Tuy (con i grego como adoitaba a escribir pois con este arcaísmo semellaba reflectir mellor a antigüidade da nosa cidade) es una ciudad de la que estoy enamorado desde hace muchos años ” e, como é propio dun noivo, a esta vella cidade lle ten dedicado horas, estudos, e moi especialmente un agarimo permanente centrado na súa querida “Casa da Canicouba”. O seu noivado e posterior matrimonio con Julia García-Valdecasas Salgado, filla da tudense Julia Salgado Peñarredonda, o ligou dende 1968 a este outeiro pétreo sobre o Miño, que é Tui. Non sei se foi a longa tradición tudense da familia de Julia, o rico arquivo da Casa da Ca...