Ir al contenido principal

O sistema amurallado tudense (I): a muralla medieval


Dende a pasada fin de semana comecei unha sección quincenal no diario dixital “Comarcas na rede” (www.comarcasnarede.com) onde irei ofrecendo pequenos artigos de divulgación sobre o patrimonio cultural tudense e da súa contorna co obxectivo de achegar aos lectores deste dixital ao coñecemento da nosa cidade e os seus recursos culturais e turísticos. Considerando que tamén para os lectores de Tudensia poden resultar de interese estas colaboracións introducirei neste blog estas colaboración, recollidas nunha sección que denominamos “Porta das Trabancas” en referencia ao único postigo da muralla medieval tudense aínda hoxe conservado pero fora da ollada de veciños e visitantes.

Detalle do plano de Tui de Francisco Coello de 1856, onde

Se percibe a muralla medieval e a posterior ampliación da idade Moderna


A vella acrópoles tudense posúe unha alongada historia que reclama sempre a nosa atención pois nunha continuidade histórica ben documentada, alo menos dende os tempos da invasión romana da antiga Galleciae, ofrece nas súas rúas e calellas un percorrido polas vicisitudes históricas de Galicia que neste territorio fronteirizo agroman con especial forza.
Un dos principais monumentos que podemos contemplar, no noso paseo pola cidade, é o sistema amurallado que dende 1170 por orde do rei Fernando II delimita a cidade histórica. En diversos lugares do percorrido que realicemos por Tui podemos ollar os diversos tramos deste amurallamento, que posúe tren principais etapas: a muralla medieval, a falsa braga edificada nos finais de Idade Media e sistema fortificado dos séculos XVII e XVIII que corresponde especialmente coa época das guerras con Portugal e que ampliou a superficie amurallada abranguendo novos arrabaldes no Norte e Leste.

A muralla medieval protexe unha superficie de 70.000 m2 e está conformada por once torres ou baluarte, catro portas principais e tres portas secundarias ou poxigos. Nesta fotografía do século XIX, arredor de 1880, podemos contemplar como se conservaba plenamente visible a muralla medieval nesta zona norte da cidade, con diversos cubos ou torres e a Porta do Arco así como o baluarte onde a muralla acadaba á ribeira do Miño.



Actualmente se conservan importante tramos, coas súas torres, na zona norte (especialmente unha parte que conforma o peche da horta do Convento das Clarisas, visible parcialmente dende a rúa Bispo Lago, e a torre do Xudeu integrada na "Casa Negra").



  
Outro importante treito na zona Oeste, especialmente na zona do actual patio do Colexio da Milagrosa e parcialmente visible dende a rúa Ordoñez e a súa confluencia coa Corredeira.


Son amplas superficies que pasan practicamente desapercibidas para a maioría dos visitantes e mesmo dos tudenses. Normalmente se identifica como un tramo da muralla medieval o muro de peche da horta do Convento das Clarisas na rúa Ordoñez, aínda que na súa actual configuración non corresponde cunha factura medieval senón a unha reconstrución posterior.


Das catro portas da muralla unicamente conservamos algúns restos materiais na Porta da Pía, onde podemos ollar aínda os gonzos  ou bisagras da porta e do seu rastrillo. Esta porta comunicaba cos arrabaldes de A Corredeira e Rio Muiños e era por onde chegaba a Tui o camiño real de Baiona. A súa denominación proven da existencia no seu entorno dunha gran pía, relacionada posiblemente coas funcións rituais da Sinagoga que estaba edificada naquel lugar.




As outras portas eran a Porta dos Ferreiros, na zona sur, que comunicaba co arrabalde de Freanjo, o camiño da barca a Valença e o camiño cara á Guarda. O seu nome derivaba da localización inmediata do gremio dos ferreiros, no último tramo da rúa Real (hoxe Lorenzo Cuenca).
A Porta Vergán ou Bergán, estaba no inicio da actual rúa San Telmo, e comunicaba co arrabalde do Rollo e o camiño real a Porriño. Finalmente estaba a porta do Arco, na parte baixa da cidade, comunicaba cos barrios de San Domingos e San Bartolomeu e o camiño real a Salvaterra, cuxo aspecto aínda podemos contemplar na fotografia que citamos anteriormente.



Xunto a estas portas había tres pequenos accesos, ou portas secundarias, ben documentados en época medieval. Serían a porta do Pexigo (xunto a praza do mesmo nome lamentablemente perdido no rueiro, hoxe chamada Praza da Estrela) tamén denominada porta da Ribeira pois era o acceso á ribeira do Miño. Esta porta se conserva parcialmente na actualidade dentro dunha propiedade privada. Estaba logo a porta do Canto, na rúa do mesmo nome (no actual inicio da rúa Sanz no Colexio da Milagrosa) e finalmente a “Porta das Trabancas”, que se conserva semisoterrada no muro da horta do Convento das Clarisas (na zona do Cantón de Diomedes) cunha estrutura rematada cun arco de medio punto. Debe o seu nome, segundo informa Ernesto Iglesias Alemida, á inmediata torre homónima identificada gracias a un documento do século XVI. Con similar nomenclatura existe unha porta na muralla de Pontevedra. Esta porta daba acceso á zona da Corredeira.

Do libro “Guía monumental y artística de Tui” de Ernesto Iglesias Almeida

A súa conservación débese a súa integración no ámbito do mosteiro das “Encerradas” tudenses. A orixe deste convento está en 1508 cando un grupo de dez mulleres fundan un beaterio para vivir a súa vocación relixiosa, no ano 1544 o bispo Miguel Muñoz dóalles á antiga igrexa de Santa María da Oliveira e os terreos contiguos para edificar o seu mosteiro. En tempos posteriores esta porta ao integrarse no complexo conventual quedará sen uso sendo tapiada ata a actualidade. Nas últimas décadas do século XIX os terreos onde se atopa esta porta como integrantes da falsa braga defensiva da cidade foron postos á venda, en poxa pública, polo Estado, pasando boa parte deles a propiedade privada. Esta porta agardamos mereza no futuro unha intervención arqueolóxica que a documente e a restaure.

Esta “Porta das trabancas”, hoxe oculta á nosa visión, da pois nome a esta sección na que en vindeiros días iremos recollendo outros lugares, espazos, costumes, tradicións, etc que normalmente pasan desapercibidas pero que conforman o noso patrimonio material e inmaterial. Hoxe quixemos lembrar como as murallas medievais seguen presentes, aínda que sen gran relevancia, na vida diaria dos tudenses e visitantes, reclamando para elas unha axeitada posta en valor.

A celebración, nos primeiros meses do vindeiro ano, do 850 aniversario da presenza do rei Fernando II en Tui, cando acorda conceder á cidade unha carta foral e establece o “traslado” da súa poboación dende as chairas de Santa Eufemia e San Bartolomeu ata o alto do outeiro onde xa se asentaba  a cidade, ampliando a súa superficie que ordena amurallar. Esta data de 1170 é un dos momentos fundantes da cidade de Tui, da súa configuración urbana que chega ata os nosos días. Este aniversario reclama unha celebración que contribúa á recuperación da historia tudense e dos seus recursos patrimoniais, entre eles o seu sistema amurallado que Fernando II ordenou levantar.

Como xa teño escrito: A nosa cidade precisa conmemorar este aniversario, pois o xeito como unha cidade lembra a súa historia – coas súas luces e sombras, coas súas grandezas e miserias- reflicte como se percibe a si mesma e, moi especialmente, como quere ser, que proxecto común quere construír (http://tudensia.blogspot.com/2018/10/o-850-aniversario-do-ano-1170-un-fito.html)

Rafael Sánchez Bargiela



Comentarios

Publicación populares

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall...

A lenda do túnel baixo o MIño

As lendas ou narracións populares, transmitidas oralmente, relatan xeralmente acontecementos ficticios que se teñen por reais, en moitas ocasións mesturados con feitos históricos. Pola súa capacidade de evocación, pola súa transmisión xeracional as lendas conforman un acervo do que chamamos patrimonio inmaterial que cómpre recoller e preservar. Na nosa cidade conservamos varias lendas vencelladas ao caracter histórico da nosa localidade, ao seu caracter fronteirizo e consecuentemente a súa fortificación fronte aos posibles invasores. A máis asentada no imaxinario colectivo tudense é a relativa ao “túnel” que comunica Tui coa outra beira do Miño, coas terras de Valença. Resulta moi significativa esta lenda pois testemuña como na mentalidade dos tudenses a fronteira e a súa condición de limite, de aillamento fronte ao estranxeiro era superada polas nosas xentes que a través do túnel escapaban destas “imposicións” e mantiñan a comunicación coas terras irmáns que as estructuras políticas ...

Agrarios tudenses en "El Agrario" de Buenos Aires de 1923

Fundadores da "Sociedad Agraria" de Paramos (en pose para El Agrario) De esquerza a dereita b(en pé), cidadáns Hermenegildo Gándara Estévez e Manuel Alem; sentados Simplicio Fernández Rivas, Hermenegildo Alem Rocha e Jesús Fernández Rivas Temos comentado en numerosas oportunidades neste blog o escaso coñecemento que posuímos sobre a historia mais recente do noso concello. Entre os episodios que conforman este período histórico máis recente está o movemento agrarista que na última década do século XIX e nas primeiras do pasado século mobilizou aos labregos de Galicia na procura do acceso á propiedade da terra (ata daquela os nosos campesiños eras foreiros, tiñan o usufructo inmemorial dunhas leiras que non eran súas) e consecuentemente a mellora das condicións de vida destas masas populares. Será o movemento agrarista o que adquira neste anos un progresivo protagonismo fronte ao caciquismo conservador que dominaba a vida política da comarca de Tui coa figura ...

A Semana Santa tudense e as súas posibilidades

Xa na noite do Venres Santo xorde de novo unha reflexión sobre a Semana Santa tudense, pois quizais na nosa cidade non chegamos albiscar as súas potencialidades como elemento que forma parte do noso acervo patrimonial que temos a responsabilidade de conservar, sen privala da súa dimensión relixiosa, e dende esta valorización é tamén un posible recurso turístico para Tui, pois poucos lugares de Galicia teñen unha riqueza similar nestas xornadas. Neste mesmo blogue temos sinalado que inmediata celebración das festas patronais de San Telmo distorsiona a visión destas xornadas de celebración do misterio pascual de Xesús, configuradas como un preludio das festas e, consecuentemente, infravaloradas non xa na súa dimensión espiritual senón na súa significación cultural. Cómpre valorizar as actividades litúrxicas ou para-litúrxicas destas datas, pois, independentemente da súa significación relixiosa ou espiritual, conservan requintadas expresións da nosa historia colectiva da que somos...

"A Trapa" a segunda cova granítica máis grande de Europa descoberta en Ribadelouro

O pasado sábado 9 de abril nunha conferencia pronunciada en Tui Clube Espeleolóxico “Maúxo” presentou un descubrimento certamente importante: “A Trapa” a segunda cova granítica máis grande de Europa, que se atopa na parroquia de Ribadelouro nas abas do Monte Aloia. Un descubrimento de especial relevancia para a xeoloxia e para a arqueoloxia da nosa terra, e que incrementa o valor que sa posuía esta zona inmediata ao Parque Natural do Monte Aloia. Cómpre agora impulsar o proxecto de ampliación territorial deste Parque abranguendo a Serra do Galiñeiro –por certo, ameazada na actualidade pola prevista instalación dun parque eólico-. Felicitamos ao Clube Espeleolóxico “Maúxo” polo seu labor e por aportarnos este relevante descobrimento. Achegamos un artigo publicado no día de onte na edición Galicia de “El País” como información sobre este achado. Una trampa de 1.200 metros Expertos descubren la segunda cueva más grande de Europa en O Galiñeiro SARA VILA - Santiago - 21/04/2011...

Ricardo Blanco Cicerón

O pasado martes 15 de decembro foi inaugurada no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, unha exposicion que co titulo de “Olladas dunha época” recolle unha escolma das fotografias do chamado “Fondo Blanco-Cicerón” que se custodia no devandito Museo. Como podemos comprobar na portada do catálogo que acompaña a este “post” a cidade de Tui é unha das protagonistas desta mostra que amosa unha selección das fotografías que conformaban a colección de Ricardo Blanco-Cicerón (Tui 1844 – Santiago 1926). Son na súa meiranda parte instantáneas da época do cambio de século, entre 1890-1910, e que respostan ao interese coleccionista de D. Ricardo que conformou ao longo da súa vida a, posiblemente, a máis ampla colección de caracter cultural que teña existido en Galicia: obxectos prehistóricos, artísticos, etc. que nutren hoxe en boa medida os museos da nosa terra. Esta mostra organizada conxuntamente polo Museo do Pobo Galego e o Centro Galego de Artes da Imaxe poderá ser visitada ...

Yzquierdo Durán, ilustrador tudense. Breve noticia.

Jose Yzquierdo Durán foi un popular ilustrador que radicado en Madrid realizou, nas primeiras décadas do século XX unha prolífica producción en todo tipo de publicacións, tanto periódicas como en libros. Son moi escasas as noticias sobre a súa traxectoria que poidemos acadar non así imaxes da súas obras, que ocupan as portadas de numerosas edicións das segunda e terceira décadas do pasado século. O erudito Manuel Fernández-Valdés no seu excepcional libro “Familias antiguas de Tuy” nos informa que Jose Izquierdo Durán era fillo do avogado tudense José Izquierdo Sarmiento, que foi secretario do Concello tudense, e de Concepción Durán Mera, dunha familia de longa tradición na cidade. Tiveron tres fillos, Celso, que foi crego ocupando, entre outras, a parroquia de Piñeiro, Pilar, que foi directora moitos anos do “Hogar Rosendo Salvado” dependente do Auxilio Social nos anos da ditadura, e José, de quen hoxe nos ocupamos. José Izquierdo Durán naceu en Tui no anos 1890 e desenvolveu en Madrid...