Ir al contenido principal

Na morte de "Chonchiña" Concheiro


Contáronme que esta tardiña unha man anónima colocou na porta do caserón de San Bartolomeu onde residiron, durante varias décadas, o doutor Francisco Comesaña e a súa esposa “Conchiña” Concheiro una ramo de hortensias. O fatídico agoiro foi confirmado ao pouco tempo: “Choncha” morreu onte en México DF, onde residía dende había un par de anos. Logo de celebrar nos inicios do pasado mes de maio o seu centenario, acompañada de familiares e amigos, o paso do tempo resultou implacable.

Recordamos hoxe, con especial agarimo, a unha excepcional muller, tudense de adopción, que soubo manter ao longo da súa vida, centenaria, unha dignidade e unha grandeza de espírito, expresando unha alta lección de humanidade. 

Estas hortensias, que agromaban cada ano polos recantos daquela finca de San Bartolomeu, e que hoxe anunciábannos a nova do seu pasamento testemuñan o afecto que sementou entre tantas e tantas persoas Chonchiña ao longo da súa dilatada existencia. As hortensias son flores rexas, de cores constantes que alegran os nosos parques e xardíns, e que mesmo cando murchan, ao fin do estío, se conservan e seguen coa súa prestancia nos nosos fogares. Estas hortensias simbolizan tamén a traxectoria vital de “Choncha” Concheiro: sensible e rexa, gallarda na súa vida e que, agora tras o seu pasamento, segue alumeando como unha referencia do século XX en Galicia.

Neste blog publicamos varios post sobre a súa figura e a do seu esposo, o doutor Francisco Comesaña, que hoxe recuperamos a través dos seus enlaces.



Para a súa filla, María de los Ángeles, os seus netos e demais familia, para todos os seus amigos o noso sentimento de pesar. Descanse na Paz.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Emma Álvarez Besada a primeira tudense doutora en medicina

O legado dunha comunidade está conformado por un conxunto de bens materiais, que adoitamos denominar patrimonio, xunto cun amplo abano de elementos inmateriais que definen o seu carácter e a súa pervivencia no tempo. Entre estes bens intanxibles ou inmateriais ocupan un lugar non menor aquelas personalidades que ao longo do tempo teñen deixado unha pegada perdurable na memoria colectiva ou aquelas outras que, ás veces esquecidas ou non recoñecidas, expresan na súa traxectoria fitos senlleiros para a vida colectiva. Hoxe queremos recuperar dende Tudensia unha desas figuras olvidadas pero que no seu momento histórico tiveron unha pegada significativa na vida social e colectiva da nosa cidade e de alén dos seus termos xeográficos. As novas demandas sociais se expresan tamén na historiografía que investiga aos grupos sociais discriminados ou marxinados nos diferentes momentos do pasado. Retrato de Emma Álvarez Besada, foto da orla da Facultade de Medicina de Madrid, 1931 Unha revis...

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall...

Bo Nadal cun texto de Manuel Lago González: “Noite Boa” (1892)

Felicitamos hoxe aos seguidores de Tudensia estas festas do Nadal recuperando un breve texto, non o chamaría nin relato, sobre como se celebraba a Noiteboa nas aldeas de Tui nas últimas décadas do século XIX, nun momento en que os labregos galegos vivían nunha economía de subsistencia e nunhas moi duras condicións de vida. Anxo no capitel do arco triunfal da igrexa de San Domingos de Tui, sec. XV Trátase dun texto de Manuel Lago González publicado o 24 de decembro de 1892 no xornal tudense “La Integridad”. Daquela Manuel Lago era un presbítero que formaba parte do claustro de profesores do Seminario tudense e que tiña unha activa participación como xornalista e na vida social en Tui. Ao xornalismo entregouse Lago con verdadeira ardentía e a tarefa que se impuxo foi querer incorporar a defensa das tradicións e os intereses de Galicia ao ideario católico de signo integrista (oposto radicalmente ao liberalismo). Este texto, que non foi publicado posteriormente a súa edición en “La Int...