Ir al contenido principal

Sor Lucía e Tui: unha relación escondida?

Actualmente unha das advocacións marianas máis estendida, non xa na Península Ibérica senón polo mundo enteiro, é Nosa Señora de Fátima. Hai escasos días resultaba arrepiante comprobar como as celebracións litúrxicas do 13 de maio no santuario portugués estaban sen peregrinos por vez primeira en case un século. No pasado ano 2019 foron un total de 6,3 millóns de peregrinos, maioritariamente non portugueses, os que visitaron o santuario atraídos pola devoción á Nosa Señora e pola espiritualidade que se vive naquel lugar.

Neste lugar do interior de Portugal, en Cova de Iría, tres pequenos pastoriños, de Aljustrel, tiveron no ano 1917 ata sete visións de Nosa Señora a Virxe María: Francisco e Jacinta Martos e a súa curmá Lucía de Jesús Rosa dos Santos, que contaba daquela con dez anos de idade.

A historia das revelacións marianas de Fátima, as mensaxes que a Virxe comunicou aos meniños nas súas visións, todos os procesos canónicos de verificación e a posterior difusión desta devoción mariana polo mundo enteiro exceden as pretensións deste blog, existindo innumerables publicacións ao respecto ás que nos remitimos.

Dos tres videntes, Francisco e Jacinta morreron moi novos, ao pouco tempo; no ano 1919 e 1920 respectivamente a causa da pandemia da chamada “gripe española” que se estendeu por todo o mundo. Ambos foron beatificados polo Papa Xoán Paulo II no ano 2000 e canonizados polo Papa Francisco no ano 2017 en Fátima co gallo do centenario das aparicións.

As revelacións de Fátima teñen lugar nun contexto marcado, en Portugal, pola recente implantación da República que provoca unha importante persecución relixiosa (con medidas como a expulsión de todas as órdenes relixiosas) e polo inicio da I Guerra Mundial, na que participa Portugal con máis de 50.000 mozos. Un ambiente de crise en Portugal e no mundo.

Tras comunicar ás autoridades eclesiásticas as visións e no decurso do proceso de verificación das mesmas, Lucía (que nacera en 1907) con apenas catorce anos é levada, polos responsables da diocese Leiria, ao Instituto Van Séller (coñecido como Asilo de Vilar) en Porto onde chega o 17 de xuño de 1921 e que estaba a cargo das Irmáns Doroteas. Alí recibe formación académica e a que, naquela altura, se consideraba propia da condición feminina. Non retornou a Aljustrel nin nos períodos vacacionais, recibindo si a visita da súa nai en Porto ou Braga, onde pasaba as estadías de verán na casa da familia Vasconcelos ou na Quinta do Formigueiro, propiedade do bispo de Leiria.

Aos 18 anos Lucía manifestou o seu propósito de seguir á vida relixiosa na Congregación das Irmás de Santa Dorotea de Paola Frassinetti, as “Doroteas”. Como apuntamos en Portugal non existían centros de formación para as órdenes relixiosas que foran trasladados ao exterior. As Doroteas tiñan o seu noviciado en Tui -logo da súa expulsión de Portugal coa implantación da República-, e ata a nosa cidade se traslada Lucía, chegando o 24 de outubro de 1925. Unha decisión que pretende tamén afastala da presión dos devotos e dos medios de comunicación.

O proceso de formación establece, primeiramente, un tempo de postulantado que realizará na casa que as Doroteas tiñan en Pontevedra, onde residirá dende o 25 de outubro de 1925 ata o 20 de xullo de 1926 en que regresa a Tui. O convento tudense estaba daquela no paseo da Corredoura, hoxe cuartel da Garda Civil, pois o actual convento de Martínez Padín se inicia en 1926 e tarda dous anos en construírse. Lucía tomará o hábito o 2 de outubro de 1926, pasando o seu período de noviciado completando a súa formación, realizando a súa profesión o 3 de outubro de 1928. Unha cerimonia que terá lugar xa no novo convento tudense inaugurado o 3 de abril do mesmo ano de 1928.

Con outras compañeiras profesas continúa na casa tudense das Doroteas ata realizar a súa “profesión perpetúa” o 3 de outubro de 1934. Aos poucos días é destinada de novo á casa de Pontevedra onde permanecerá ata que, unha vez máis regresa a Tui, en maio de 1937. Do convento da rúa Martínez Padín xa non sairá ata que, en maio de 1946, se lle ordena retornar a Portugal. Visita por vez primeira, dende 1921, os lugares das aparicións, en Cova de Iria, e a súa terra natal de Aljustrel, dun xeito case anónimo. É destinada á Casa de Sardão, en Vila Nova de Gaia, cerca de Porto. Pero aos dous anos, renovando os seus desexos de retiro e soidade, o Papa Pío XII concédelle ingresar no Carmelo de Santa Tereixa de Coimbra, onde chega o 25 de marzo de 1948, profesando como carmelita descalza o 31 de maio de 1949. Neste convento redactou os dous últimos volumes das súas Memorias e os “Llamamientos del Mensaje de Fátima”. Retornou unicamente a Fátima, en 1967, coa visita de Paulo VI e no 1982 e no 2000 nas visitas de Xoán Paulo II, participando nesta última data na beatificación de Francisco e Xacinta. No Carmelo de Coimbra  permanecerá en vida de oración ata a súa morte o 13 de febreiro de 2005.

Na súa estadía en Galicia Sor Lucía tivo diversas visións, tanto en Pontevedra como en Tui. Na nosa cidade viviu unha experiencia mística de singular relevancia.

Poco se habla de su estancia en la ciudad fronteriza, que sin duda fue -literalmente- trascendental. Allí, el 13 de junio de 1929, la hermana Lucía tuvo una visión de la Santísima Trinidad y del Inmaculado Corazón de María, durante la cual la Virgen le comunicó que "había llegado el momento de participar a la Santa Iglesia su deseo de consagración de Rusia y la promesa de su conversión"

Estando a solas Lucía, la capilla se iluminó y sobre el altar apareció una Cruz iluminada (Dios-luz del mundo) que llegaba hasta el techo. En otra luz más clara, sobre la parte superior (de la Cruz-Redención) se veía un rostro de un hombre con cuerpo hasta la cintura (Dios-Padre-fuente de Gracia y Misericordia); sobre el pecho una paloma (Espíritu Santo), y un hombre crucificado (Jesucristo-Encarnación).

Un poco más abajo de la cintura se veía un cáliz y una Hostia (Eucaristía) que desprendía gotas de sangre que resbalaban por el rostro del Crucificado y de la herida de su costado y que caían en el cáliz (sacrificio de la Santa Misa). Debajo del brazo derecho de la Cruz estaba A Nossa Senhora con su Inmaculado Corazón en la mano izquierda. Debajo del brazo izquierdo de la Cruz, unas letras grandes escritas con agua cristalina vertidas sobre el altar bordaban las palabras "Gracia y Misericordia". Continua o relato “entendí que era el Misterio de la Santísima Trinidad que se me enseñó, y yo recibí luces acerca de este misterio que no se me permite revelar. Completa a súa narración co petición expresa da Virxe para que o Papa e todos os bispos “consagren a Rusía a mi corazón, prometiendo salvarla por este medio”. Su confesor le aconsejó escribir todo lo que había percibido en esa visión sobrenatural para ponerlo en conocimiento del Papa.

A teofanía tudense de Sor Lucía posúe una singular carga teolóxica ao recoller os principais misterios do cristianismo, a Encarnación e a Redención que Deus obra a través do seu fillo, Xesús… para transmitir ao mundo unha mensaxe certa, o xuizo de Deus para os homes é “gracia e misericordia” de aí a insistencia dos pastoriños da Fátima na conversión persoal e colectiva para participar da gracia e da misericordia amorosa de Deus.

A mensaxe de Fátima agroma nun momento de crise e turbulencia, nun tempo de grandes transformacións no mundo, é certamente esperanzadora, de confianza, pois o que triunfa, o que permanece é a gracia e a misericordia de Deus para todos os homes. Unha mensaxe actual tamén para os nosos tempos cheos de incertidumes, onde sobresae a certeza da fe, da "gracia e misericordia", do amor incondicional de Deus polo home e a humanidade.

Sor Lucía residiu en Tui máis de dezasete ano no convento das Doroteas, co nome de “Sor Dolores” que tomou ao vestir o hábito, participando na vida da comunidade relixiosa e como, moitas das súa compañeiras doroteas, colaborando en diversas tarefas apostólicas nas parroquias do entorno, especialmente como catequista de nenos e nenas nas parroquias de Tui e Rebordáns. Lembro como miña nai comentaba que compartira con Sor Lucía estas labores catequéticas, que mantiña unha especial discreción na súa actividade, asumida tamén por todos os que coñecían a súa identidade colaborando esta discreción, pois ninguén facía referencia algunha a súa condición de vidente de Fátima. Tamén no convento tudense redactou parte das súas memorias, en concreto catro volumes, escríbelle ao Papa, segue en relación coa Igrexa de Portugal, recibe contadas visitas (como a de Josemaría Escrivá de Balaguer, fundador do Opus Dei, que nunha estadia co seu amigo e bispo de Tui, Fr. José López Ortiz, visita á vidente de cara á implantación da súa organización en Portugal), vive, en definitiva, con sinxeleza e discreción case anónima.

En Tui Sor Lucía ten unha das experiencias místicas máis singulares e fondas. Na capela do convento tudense na noite do 13 de xuño de 1929 – cumpriremos en menos dun mes o seu XCI aniversario- tivo lugar un extraordinario acontecemento protagonizado pola Irmá Lucía: a visión da Trinidade que se deixa coñecer por esta relixiosa.

Posiblemente, mantendo o espírito de Lucía, as relixiosas Doroteas tudenses nunca promoveron ou potenciaron especialmente este lugar certamente singular, en contraste, por exemplo, con Pontevedra onde existe unha Capela ou Santuario das Aparicións e cuxo culto é amplamente difundido. Certo que acollen con hospitalidade e simpatía a cantos se achegan  ata a capela tudense lembrando á memoria da Irmá Lucía e a súa visión.

En outubro de 2005 a asociación cultural “Civitas Tudensis” en colaboración co Concello de Tui colocou unha placa na fachada do convento das Doroteas de Tui lembrando este acontecemento, única sinal, aínda hoxe,da presenza de Lucía en Tui e da súa visión.

Anualmente son moi numerosos os grupos de peregrinos, especialmente estranxeiros, que acoden ata este lugar atraídos pola lembranza da visión daquel 13 de xuño de 1929. Quen subscribe, por exemplo, acompañou o pasado ano a un grupo de case 150 peregrinos procedentes de Rusia, Letonia e Georgia que iniciaban en Tui o seu Camiño de Santiago visitando este lugar mariano ligado á historia dos seus países.

Remato este post reivindicando a valorización deste singular acontecemento acaecido en Tui hai 91 anos, especialmente pola súa dimensión espiritual pero tamén, en segundo lugar, pola súa dimensión turística. Resulta sorprendente que esa visión trinitaria de Lucía en Tui sexa amplamente coñecida por todo o mundo e siga sendo moi escasamente coñecida polas xentes de Tui.

Unha alta porcentaxe dos peregrinos que realizan o Camiño Portugués teñen unha motivación espiritual que se enriquecería cunha visita e atención relixiosa neste lugar da visión da irmá Lucía. Paralelamente, resulta de interese promover a presenza de Tui no amplo mundo dos peregrinos a Fátima que, lembremos, acadou os 6,5 millóns no pasado ano 2019. Unha difusión desta manifestación teofánica tudense entre os peregrinos a Fátima e a creación das necesarias condicións de acollida para estes grupos abre unha nova vía de actuación no ámbito do turismo relixioso que Tui non debe deixar de explorar, incorporando a visita á nosa cidade nos circuítos deste tipo de turismo relixioso no futuro.

Comentarios

Publicación populares

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall...

A lenda do túnel baixo o MIño

As lendas ou narracións populares, transmitidas oralmente, relatan xeralmente acontecementos ficticios que se teñen por reais, en moitas ocasións mesturados con feitos históricos. Pola súa capacidade de evocación, pola súa transmisión xeracional as lendas conforman un acervo do que chamamos patrimonio inmaterial que cómpre recoller e preservar. Na nosa cidade conservamos varias lendas vencelladas ao caracter histórico da nosa localidade, ao seu caracter fronteirizo e consecuentemente a súa fortificación fronte aos posibles invasores. A máis asentada no imaxinario colectivo tudense é a relativa ao “túnel” que comunica Tui coa outra beira do Miño, coas terras de Valença. Resulta moi significativa esta lenda pois testemuña como na mentalidade dos tudenses a fronteira e a súa condición de limite, de aillamento fronte ao estranxeiro era superada polas nosas xentes que a través do túnel escapaban destas “imposicións” e mantiñan a comunicación coas terras irmáns que as estructuras políticas ...

Agrarios tudenses en "El Agrario" de Buenos Aires de 1923

Fundadores da "Sociedad Agraria" de Paramos (en pose para El Agrario) De esquerza a dereita b(en pé), cidadáns Hermenegildo Gándara Estévez e Manuel Alem; sentados Simplicio Fernández Rivas, Hermenegildo Alem Rocha e Jesús Fernández Rivas Temos comentado en numerosas oportunidades neste blog o escaso coñecemento que posuímos sobre a historia mais recente do noso concello. Entre os episodios que conforman este período histórico máis recente está o movemento agrarista que na última década do século XIX e nas primeiras do pasado século mobilizou aos labregos de Galicia na procura do acceso á propiedade da terra (ata daquela os nosos campesiños eras foreiros, tiñan o usufructo inmemorial dunhas leiras que non eran súas) e consecuentemente a mellora das condicións de vida destas masas populares. Será o movemento agrarista o que adquira neste anos un progresivo protagonismo fronte ao caciquismo conservador que dominaba a vida política da comarca de Tui coa figura ...

A Semana Santa tudense e as súas posibilidades

Xa na noite do Venres Santo xorde de novo unha reflexión sobre a Semana Santa tudense, pois quizais na nosa cidade non chegamos albiscar as súas potencialidades como elemento que forma parte do noso acervo patrimonial que temos a responsabilidade de conservar, sen privala da súa dimensión relixiosa, e dende esta valorización é tamén un posible recurso turístico para Tui, pois poucos lugares de Galicia teñen unha riqueza similar nestas xornadas. Neste mesmo blogue temos sinalado que inmediata celebración das festas patronais de San Telmo distorsiona a visión destas xornadas de celebración do misterio pascual de Xesús, configuradas como un preludio das festas e, consecuentemente, infravaloradas non xa na súa dimensión espiritual senón na súa significación cultural. Cómpre valorizar as actividades litúrxicas ou para-litúrxicas destas datas, pois, independentemente da súa significación relixiosa ou espiritual, conservan requintadas expresións da nosa historia colectiva da que somos...

"A Trapa" a segunda cova granítica máis grande de Europa descoberta en Ribadelouro

O pasado sábado 9 de abril nunha conferencia pronunciada en Tui Clube Espeleolóxico “Maúxo” presentou un descubrimento certamente importante: “A Trapa” a segunda cova granítica máis grande de Europa, que se atopa na parroquia de Ribadelouro nas abas do Monte Aloia. Un descubrimento de especial relevancia para a xeoloxia e para a arqueoloxia da nosa terra, e que incrementa o valor que sa posuía esta zona inmediata ao Parque Natural do Monte Aloia. Cómpre agora impulsar o proxecto de ampliación territorial deste Parque abranguendo a Serra do Galiñeiro –por certo, ameazada na actualidade pola prevista instalación dun parque eólico-. Felicitamos ao Clube Espeleolóxico “Maúxo” polo seu labor e por aportarnos este relevante descobrimento. Achegamos un artigo publicado no día de onte na edición Galicia de “El País” como información sobre este achado. Una trampa de 1.200 metros Expertos descubren la segunda cueva más grande de Europa en O Galiñeiro SARA VILA - Santiago - 21/04/2011...

Ricardo Blanco Cicerón

O pasado martes 15 de decembro foi inaugurada no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, unha exposicion que co titulo de “Olladas dunha época” recolle unha escolma das fotografias do chamado “Fondo Blanco-Cicerón” que se custodia no devandito Museo. Como podemos comprobar na portada do catálogo que acompaña a este “post” a cidade de Tui é unha das protagonistas desta mostra que amosa unha selección das fotografías que conformaban a colección de Ricardo Blanco-Cicerón (Tui 1844 – Santiago 1926). Son na súa meiranda parte instantáneas da época do cambio de século, entre 1890-1910, e que respostan ao interese coleccionista de D. Ricardo que conformou ao longo da súa vida a, posiblemente, a máis ampla colección de caracter cultural que teña existido en Galicia: obxectos prehistóricos, artísticos, etc. que nutren hoxe en boa medida os museos da nosa terra. Esta mostra organizada conxuntamente polo Museo do Pobo Galego e o Centro Galego de Artes da Imaxe poderá ser visitada ...

Yzquierdo Durán, ilustrador tudense. Breve noticia.

Jose Yzquierdo Durán foi un popular ilustrador que radicado en Madrid realizou, nas primeiras décadas do século XX unha prolífica producción en todo tipo de publicacións, tanto periódicas como en libros. Son moi escasas as noticias sobre a súa traxectoria que poidemos acadar non así imaxes da súas obras, que ocupan as portadas de numerosas edicións das segunda e terceira décadas do pasado século. O erudito Manuel Fernández-Valdés no seu excepcional libro “Familias antiguas de Tuy” nos informa que Jose Izquierdo Durán era fillo do avogado tudense José Izquierdo Sarmiento, que foi secretario do Concello tudense, e de Concepción Durán Mera, dunha familia de longa tradición na cidade. Tiveron tres fillos, Celso, que foi crego ocupando, entre outras, a parroquia de Piñeiro, Pilar, que foi directora moitos anos do “Hogar Rosendo Salvado” dependente do Auxilio Social nos anos da ditadura, e José, de quen hoxe nos ocupamos. José Izquierdo Durán naceu en Tui no anos 1890 e desenvolveu en Madrid...