Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Mariano Ordoñez García

Parlamentarios tudenses (VIII): Mariano Ordoñez, a sucesión caciquil

Dende as eleccións de 1903 ata 1923, cando remata o réxime da Restauración, coa chegada da Ditadura de Miguel Primo de Rivera, repetira sempre como deputado polo noso distrito Mariano Ordoñez García , nado en Madrid no ano 1874, fillo do primeiro matrimonio de Ezequiel Ordoñez González, que foi tamén deputado polo distrito entre 1876 e 1901. Estudiou primeiramente Mariña que abandonou para cursar Dereito na Universidade de Madrid, culminando co seu doutoramento. Casou con Francisca Romero Zuleuta, filla do famoso político Francisco Romero Robledo, do Partido Conservador de Cánovas e con que traballara intensamente o seu pai Ezequiel Ordoñez. Ao residir permanentemente en Madrid tivo de apoiarse, para manter o control do distrito tudense, de modo máis notorio, na rede de influencias herdada, a que argallara o seu pai para manter o seu dominio político na comarca; un dos seus “delegados” foi Venancio Lorenzo, moitos anos Alcalde de Tui. “ Para contrarresta-los ataques que La Integridad...