Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2019

Corenta anos da primeira Corporación Municipal da democracia

Conmemoramos neste días os corenta anos da celebración en toda España das primeiras eleccións democráticas no ámbito municipal, concretamente o 3 de abril de 1979; cando se aproximan de novo estes comicios lembrar este aniversario é unha oportunidade para reivindicar o funcionamento democrático da vida local e lembrar como os municipios teñen experimentado ao longo destas catro décadas unha inxente transformación: o amplo abano de servizos que hoxe oferta calquera concello e a calidade dos mesmos supoñen unha espectacular mellora na vida dos cidadáns. En Tui   daquela era alcalde Alejo Núñez Pascual que fora nomeado polo Gobernador Civil de Pontevedra o 17 de setembro de 1973. Cabe reseñar que daquela Corporación Municipal, formaba parte a primeira muller que ocupara una posto como edil en Tui, a mestra Julia González Rodríguez, popularmente coñecida como Doña Julita. Houbo que agardar ata a segunda corporación municipal da democracia, en 1983, para que fora electa por Alianza