Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2019

O sistema amurallado tudense (e III)

Logo da época abondosa en episodios bélicos que foi a Idade Media na cidade tudense, coa chegada dos Reis Católicos ábrese unha época de estabilidade na vida de Tui que posibilita o seu desenvolvemento urbano. A monarquía dos Austrias impulsará un traballo de mellora dos sistemas defensivos do reino, encargando inspeccións aos enxeñeiros militares, realizando planos do estado da muralla e o deseño de novos elementos defensivos que solucionen a práctica indefensión da cidade que conta cun sistema amurallado basicamente de época medieval e que non responde aos novos métodos militares no caso dun ataque. O feito referencial é a unión dinástica dos reinos de Castilla e Portugal na persoa de Felipe II en 1580 ata o reinado de Felipe IV en 1640, cando se inicia a guerra da “Restauraçao” promovida pola nobreza portuguesa que finalizará en 1668. A declaración de independencia de 1640 supón o inicio das hostilidades e Tui, pola súa posición estratéxica, sufrirá dende primeira hora as