Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Florencio Rodríguez Vaamonde

Parlamentarios tudenses (IV): Lorenzo Cuenca San Juan e de novo Florencio Rodríguez Vaamonde

Rematabamos a anterior entrega desta serie nas eleccións celebradas logo da revolución de 1846 que, en Galicia, encabeza o Partido Progresista e incluso sectores do partido moderado, en oposición á “ditadura” de Narváez e, sobre todo, un grupo de intelectuais encabezado por Antolín Faraldo que propugnaban unha autonomía para Galicia. A cidade de Tui pronunciase o 10 de abril formándose unha Xunta presidida polo avogado Esteban Areal, realizado unha proclama na que afirman “El león de España, si bien adormecido, puede sufrirlos (a los tiranos) algún tiempo, al despertar es terrible”. Ao día seguinte dos fusilamentos de Carral, o 27 de abril o xeneral José Gutiérrez de la Concha restitúe o goberno en Tui e controla o paso da fronteira, que tiñan cruzado para fuxir ao exilio moitos dos protagonistas do levantamento en Galicia. Logo do levantamento de 1846, no mes de decembro hai de novo eleccións parlamentarias, agora de novo por distritos, recuperando deste xeito a nosa cidade un r...

Parlamentarios tudenses (III): Florencio Rodríguez Vaamonde, Antonio Arias Seoane, Esteban Areal, Bartolomé Hermida e Laureano Sanz

Entre 1833 e 1868, que corresponde co reinado de Isabel II, España vive un tempo histórico dominado pola consolidación do réxime liberal con diversos avatares propios das loitas políticas entre as diversas opcións políticas de moderados e progresistas e a irrupción do carlismo e a súa oposición armada ao réxime isabelino. Nas eleccións celebradas o 24 de xullo de 1839 resulta elixido pola provincia de Pontevedra o tudense Florencio Rodríguez Vaamonde , fillo de Agustín Rodríguez Vaamonde. Este avogado tudense, daquela era fiscal na nosa cidade, inicia neste ano a súa andaina política que o levará a ocupar importantísimos postos no Goberno e no Estado. Político e xurista, reitor da Universidade Central de Madrid, membro do Consello de Estado e presidente da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas. Foi unha das grandes personalidades dos anos centrais do século XIX, sendo Ministro de Gracia e Xustiza, en 1847, e de Gobernación en 1863-1864. Sobre a figura de Florencio Rod...

Florencio Rodríguez Vaamonde, politico e xurista tudense do século XIX

A historia contemporánea de Tui, especialmente no século XIX, agocha numerosos nomes de egrexias personalidades que realizaron importantes achegas á vida política e social do pais. Nomes como Augusto González Besada, Ezequiel Ordoñez ou o seu fillo Mariano, aínda posuen unha lembranza entre os nosos veciños, pero existen senlleiras figuras que fican no esquecemento colectivo, únicamente obras como o libro de Manuel Fernández-Valdés sobre as familias antigas de Tui nos aportan datos para o seu coñecemento. Hai pouco chego ás miñas máns un pequeno opúsculo, de 12 páxinas, editado en Madrid no ano 1886 e titulado “Necrologia del Excmo. Sr. D. Florencio Rodríguez Vaamonde, presidente de la Real Academía de Ciencias Morales y Políticas, leída en sesión ordinaria de 26 de octubre de 1886 por el Excmo. Sr. Conde de Torreánaz, individuo de número de la misma”. Este libriño recolle pois un discurso laudatorio realizado en lembranza de Florencio Rodríguez logo do seu pasamento. A semblanza q...