Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Aloia

Rafael Areses Vidal e o monte Aloia

Unha das personalidades tudenses mais sobranceiras nos últimos cen anos foi, sen dúbida, o enxeñeiro forestal Rafael Areses Vidal. Todos ligamos a súa figura co Monte Aloia, unha das grandes alfaias do noso territorio e que foi unha realización de Areses Vidal, pero a súa traxectoria e obra abrangue moitos outros aspectos de interese e transcendencia.-  Rafael Areses Vidal, en Foto de G. Gutierrez en Vida Gallega 15.10.1917 Existen diversos traballos que abordan a biografía de Rafael Areses polo que resultaría reiterativo repetir estes datos aos que os nosos lectores poden acceder con facilidade. No ano 2000 o Parque Natural do Monte Aloia editou un libriño de 32 páxinas titulado D. Rafael Areses Vida. Biografia dun home dedicado aos bosques de Galicia. Mais recentemente o número 7 de Castelllum Tyde, revista do Instituto de Estudios Tudenses, correspondente aos anos 2020/21, publicou un traballo de Jesús Pemán García, Antonio Morcillo San Juan e Juan Picos Martín: Rafael Areses...

Novas visitas ao patrimonio tudense

Hai varios meses publicamos neste blog un breve listado de diversos elementos do noso patrimonio cultural ou natural que polo seu interese e significación pagaba a pena coñecer e, moi especialmente, visitar: http://tudensia.blogspot.com/p/visitas-ao-patrimonio-tudense.html Agora cando o tempo de verán anima ao paseo pode ser unha boa oportunidade para achegarse a novos bens integrantes do noso acervo patrimonial tantas veces escasamente coñecidos e valorados. Cama do Santo Rocha localizada no cumio do Aloia, denominada Cama de San Xiao, pois a tradición afirma que sobre esta pedra durmía o santo e foi onde repousou o corpo deste santo logo do seu martirio, e vincula esta “cama” coa fertilidade. As parellas que non lograban ter fillos acudían a este lugar e, tras xacer no mesmo, acadaban a ansiada descendencia. A pedra inmediata a esta “cama” é identificada tradicionalmente como a almofada de San Xiao. En consecuencia, se vincula este lugar coa protección dos males da cabe...