Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Juan Domínguez Fontenla

Evocando a Francisco Sánchez no IV centenario da súa morte (I): artigo de Juan Domínguez Fontenla

  En datas próximas, concretamente o 16 de novembro, celebraremos o cuarto centenario da morte, na cidade francesa de Tolosa, do pensador tudense Francisco Sánchez. Neste blog nos temos ocupado sobre a súa figura e a súa transcendencia con diversos post, o primeiro deles, de hai quince anos -necesitado, evidentemente, dalgunha actualización- segue sendo unha breve aproximación a súa vida e obra: https://tudensia.blogspot.com/2008/09/francisco-snchez-o-tudense.html Retrato de Francisco Sánchez. Estampa calcográfica de Michel Lasne, sen data Dende Tudensia queremos sumarnos ás celebración desta efeméride que ten de contribuír a revitalizar o coñecemento deste egrexio tudense do século XVI autor dunha senlleira achega ao pensamento europeo daquel tempo co seu libro Quod nihil scitur . A pesar de que a obra de Francisco Sánchez foi coñecida por importantes autores como Francisco de Quevedo ou Miguel de Cervantes, sen embargo o noso pensador careceu dun recoñecemento nos ámbito...

Juan Domínguez Fontenla, precursor da investigación sobre os xudeus tudenses e descubridor do gravado da Menorá

A rica historia tudense, herdanza dunha vida común ao longo de mais de dous milenios, ofrece aos investigadores un amplo abano de elementos de interese que progresivamente son abordados e consecuentemente divulgados polos historiadores que pescudan neste rico legado. A historia, como unha disciplina das ciencias sociais, reconstrúe o coñecemento do pasado a partir dos documentos e as evidencias (materiais e inmateriais) sometidas a unha análise critica para comprender e explicar as dinámicas sociais do pasado, respondendo ás preguntas que xorden dende o presente e as súas necesidades e inquedanzas. Por tanto, “ a historiografía -que é a historia escrita dende a indagación e a reflexión do pasado- narra, describe e explica o pasado á luz do presente ”, consecuentemente a historia é unha ciencia dinámica en constante evolución. Veñen estas reflexións previas á conto dun traballo de investigación histórica que rescatamos neste post. Trátase dun artigo publicado, en tres entregas, no xor...