Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2021

Tui na revista "Nós"

  Galicia está a conmemorar o centenario da fundación, na cidade de Ourense, da revista “Nós” e, por extensión, da denominada xeración ou grupo Nós. Un feixe de creadores e dinamizadores da vida cultural, social e política de Galicia entre 1920 e 1936. Vicente Risco (1884-1963), Ramón Otero Pedrayo (1888-1976), Antón Losada Diéguez (1884-1929), Florentino López Cuevillas (1896-1958), Ramón Cabanillas (1876-195) e Castelao (1886-1950) son algún dos nomes máis relevantes da historia da cultura galega e os principais representantes deste grupo. En xuño de 1920 unha xuntanza deste fato de intelectuais realizada no Café Méndez Vigo, de Pontevedra, foi o xerme dun fito histórico e cultural en Galicia: o nacemento da revista Nós, o 30 de outubro dese mesmo ano na cidade de Ourense, verdadeira cerna deste grupo. A revista será impresa en Pontevedra dende 1923, ata que no número 18, coa ditadura de Primo de Rivera, suspéndese a publicación. En 1925 volvería á imprenta na Coruña e logo en Sant

Visitas ao patrimonio tudense menos coñecido

Hai poucos días nunha conversa informal comentando estes tempos difíciles que estamos vivindo, de restricións pola pandemia, comentabamos que unha das alternativas de lecer posibles é camiñar, realizar paseos polo noso territorio, cinguidos exclusivamente, claro está, ao noso municipio. No decurso da charla xurdiu que publicase en Tudensia lugares de interese, e non moi coñecidos, para visitar nestes paseos que tantos e tantos facemos nestas xornadas. Dada a insistencia dos interlocutores ofrezo de seguida diversos lugares de interese patrimonial para visitar. Lugares menos coñecidos, e sobre todo menos visitados, pola maioría dos nosos conveciños Non é unha lista exhaustiva nin o pretende, senón unha serie de lugares nas parroquias tudenses que xustifican unha camiñada. Tampouco ofrecerei unha análise dos valores de cada lugar senón unhas liñas que xustifiquen a visita. Non hai outra pretensión que convidar aos seguidores de Tudensia a achegarse a este lugares e coñecer o amplo pa