Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Manuel Murguia

Evocando a Francisco Sánchez no IV centenario da súa morte (e III): artigo de Manuel Murguia

O pasado xoves, 16 de novembro, conmemorouse o IV centenario do falecemento do médico, filósofo e humanista Francisco Sánchez co descubrimento na travesía da rúa Entrefornos, en pleno conxunto histórico, dun monólito dedicado a súa lembranza. Dende “Tudensia” vímonos sumando a esta efeméride con diversos textos dedicados á figura egrexia do pensador tudense. As actividades organizadas, polo Concello de Tui, arredor do denominado “Ano Francisco Sánchez” teñen acreditado o interese que a súa figura segue suscitando entre os investigadores e os debates que promove: o estéril debate sobre a súa nacionalidade, o lugar onde reside na súa infancia e primeira mocidade, os motivos da migración da súa familia a Bórdeos, o lugar da súa formación -especialmente a de carácter médico-, a súa posible evolución ideolóxica dende o xudaísmo ao cristianismo, a súa consideración como escéptico ou como relativista, etc. Resulta evidente a potencia do pensamento sancheciano que practicamente cunha única...

No aniversario dos Xogos Florais de Galicia de Tui

Cumprese un novo aniverario da celebración na nosa cidade dos Xogos Florais de Galicia; naquel 24 de xuño de 1891 Tui converteuse no primeiro lugar de Galicia que tivo a honra de acoller o primeiro acto público realizado integramente en lingua galega, recuperando as verbas dun idioma que levaba séculos esquecido da ágora pública. Desde os discursos de Murguía, Cabeza de León ou Brañas ao propio texto do menú do banquete oficial. A intencionalidade era ben clara: tratábase dun acto de afirmación nacionalista (rexionalista naquela altura) e revitalización lingüística, ao estilo do que un ano antes Murguía presenciara en Barcelona. O galego accedía a parcelas de prestixio ata agora vedadas. Agora cando se cumpren CXIV anos deste acontecemento é preciso reivindicar o papel de Tui no desenvolvemento da nosa cultura, da nosa conciencia como pobo, da recuperación da nosa lingua… como unha folla da alongada historia tudense que necesitamos reivindicar como un dos elementos referen...

DCCLXXXV aniversario da consagración da Catedral de Tui

Conmemórase o 30 de novembro o aniversario da consagración da Catedral de Tui no ano 1225 polo bispo Estevo Exea. Este aniversario do monumento máis sobranceiro da nosa cidade, auténtico símbolo dos tudenses, danos ocasión para recuperar un texto de Manuel Murguía sobre a nosa Catedral publicado na súa monumental obra "Galicia", editada en 1888. Trátase da introdución ao estudo pormenorizado do templo, no que Murguia aborda a continuidade histórica da ocupación do recinto histórico tudense. Ilustración na obra, pero colocada inversamente á realidade Casi todas las Catedrales gallegas ocupan un antiguo lugar sagrado, la de Tuy más visiblemente que ninguna de ellas. Asiéntase en la corona del viejo castro que se denominó en otros tiempos Castellum Tude y como si tratase de recordar eternamente su primitivo destino se presenta a nuestros ojos bajo el doble aspecto de basílica y fortaleza. Perdió la iglesia compostelana los cubos y defensas que en otro tiempo la adornaban y l...

"Un viaje a Portugal", texto de Manuel Murguia de 1861

Recollemos hoxe en Tudensia un texto de Manuel Murguia publicado na revista madrileña “El museo universal”, editada entre 1857-1869, e que recolle a crónica dunha breve visita ás cidades irmás de Tui e Valença do Minho, anos antes da construcción da ponte internacional e cando ambas localidades vivian nunha conxuntura de certo estancamento: Tui tras a perda da capitalidade provincial non lograba superar aquela crise, namentras que Valença pola sua condición de enclave militar tampouco podia desenvolver outras das suas potencialidades. Anotar, finalmente, que cómpre ler este escrito de Murguia no contexto tanto histórico como historiográfico daquel momento da segunda metade do século XIX para comprender axeitadamente as súas afirmacións. "Transbordo en Tui" en "La Ilustración Española y Americana" año XXX, nº 15, de 22 de abril de 1886 en "La Comisión española de Panamá: apuntes de un viaje" UN VIAJE A PORTUGAL Una mañana de octubre, en la que ...