No ano 2008, co gallo da dedicación do Día das Letras Galegas, ao egrexio tudense Xosé María Álvarez Blázquez, o concello de Tui editou un libro titulado “Xosé María Álvarez Blázquez e Tui, da vella casa ao corazón aberto” no que xunto a unha semblanza dos seus intensos vínculos con Tui, á quen lle ten dedicado moitas páxinas de estudos e investigación, recollía unha serie de traballos e artigos inéditos ou escasamente coñecidos referidos á nosa cidade. Recuperamos hoxe un destes traballos que atopamos manuscrito nas múltiples carpetas que no arquivo persoal que a familia Álvarez Cáccamo nos facilitou naquela altura. Un texto que redactado no ano 1949 permaneceu inédito ata 2008 e que agora recuperamos polo seu interese. Lembrar que Xosé María Álvarez Blázquez foi un dos grandes especialistas na lírica galaico-portuguesa con obras aínda hoxe referenciais nesta materia. Unido a este coñecemento está a súa vocación literaria que o levou a componer unha obra “O Cancioneiro ...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses