Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como sobredo

Cen anos dos Mártires de Sobredo

  Este luns 28 de novembro cúmprense cen anos dos tráxicos sucesos de Sobredo – Guilarei, un loitoso fito na loita do movemento agrario que protagonizou a vida socio-política de Galicia nas primeiras décadas do pasado século. En Tudensia temos abordado en diversas oportunidades a significación deste evento histórico e as súas repercusión na dinámicas sociais daquel momento: Novembro 27, 2008 Os mártires de Sobredo, "froreceu unha rosa que agoira Libertade" http://tudensia.blogspot.com/2008/11/os-mrtires-de-sobredo-froreceu-unha.html Maio 09, 2012 Agrarios tudenses en "El Agrario" de Buenos Aires de 1923 http://tudensia.blogspot.com/2012/05/agrarios-tudenses-en-el-agrario-de.html Novembro 18, 2013 Notas sobre o agrarismo tudense e os "Mártires de Sobredo" http://tudensia.blogspot.com/2013/11/notas-sobre-o-agrarismo-tudense-e-os.html Novembro 18, 2020 "Sobredo" un poema de Alfredo Guisado http://tudensia.blogspot.com/2020/...

O centenario do Congreso Regional Agrario de Tui, 28-30 de xullo de 1922

A dilatada historia tudense abrangue destacados episodios onde os nosos devanceiros tiveron especial protagonismo e deixaron singulares feitos que son testemuñas das dinámicas sociais e da achega que dende este territorio miñoto se ten realizado, en moitos casos cunha singularidade que cómpre non esquecer. Na historia contemporánea tudense, un capítulo de especial relevancia é o relacionado co movemento agrarista que nas primeiras décadas do século XX coloca a situación do campo galego e os seus habitantes no centro do debate social, resaltando especialmente a problemática dos foros, unha forma de explotación da terra que impedía aos labregos o acceso á unha propiedade que viña ocupando dende séculos pero sobre a que debía pagar unha renda, en moitos casos especialmente gravosa. Os procesos desamortizadores non deron acceso ao campesiñado á propiedade da terra senón que unicamente cambiaron de rendeiros, en lugar dos mosteiros e abadías, agora son os fidalgos e profesionais que adqui...