Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Eurocidade

137 anos da inauguración da Ponte Internacional

  Se celebran hoxe, 25 de marzo, 137 anos da inauguración da Ponte Internacional sobre o río Miño que dende aquel comunica as cidades de Tui e Valença constituíndose como a imaxe perenne da relación entre estes territorios transfronteirizos. Este acontecemento foi un auténtico fito na vida de Galicia e toda a prensa da época prestoulle importante atención. Recollemos hoxe o artigo publicado no diario “La Gaceta de Galicia” editado en Santiago de Composela. Este xornal de tendencia liberal aliñado coa actividade política de Eugenio Montero Ríos, recolle no seu número de 29 de marzo de 1886 a seguinte columna: ESPAÑA Y PORTUGAL   Después de multitud de perjuicios y de luchas por intereses que está llamado a satisfacer el Puente internacional sobre el Miño, que ha de servir de lazo de unión entre dos naciones hermanas por su origen, por sus desgracias, por sus glorias y por el papel que están llamadas a representar en el mundo, llegó por fin el día en que pudieron estre...

Historia da eurocidade, a veciñanza de tudenses e valencianos no tempo

O 10 de febreiro de 2012 os municipios de Tui e Valença, representado polos seus rexedores daquela Moisés Rodríguez e Jorge Mendes, asinaron o protocolo de creación da eurocidade marcándose o obxectivo de afondar nun traballo conxunto en diversos ámbitos de actuación, que expresase, tamén no nivel institucional, o que dende sempre é a vida normal de valencianos e tudenses que comparten un territorio, convivindo con intensidade, que posúen unha mesma identidade na que caben as normais diferenzas das súas diversas adscricións institucionais que sinala a fronteira que nos limita. Un concepto este de fronteira ligado para a xeneralidade ao concepto de “límite”, de “excentrididade”, mesmo de afastamento. Especialmente asentado este concepto nos estados centralistas –característicos dos últimos séculos tanto en España como en Portugal, e que mesmo chegaron a prohibir no caso tudense o asentamento de industrias en previsión posibles ocupacións-.  Pero para os que vivimos na fronteira es...

A Eurocidade Tui-Valença, herdeira da veciñanza baixomedieval

Valença e Tui no Livro das Fortalezas de Duarte D'Armas  O pasado venres, 10 de febreiro, o Alcalde de Tui xunto ao Presidente de Cámara Municipal de Valença asinaron oficialmente o protocolo de creación da eurocidade Tui-Valença ou Valença-Tui. Unha vella aspiración das administracións locais valenciana e tudense que finalmente foi acadada. A creación desta entidade de cooperación resposta a unha histórica necesidade de ambas poboacións que, a pesares de atoparse na máis antiga fronteira europea, nunca se sentiron afastadas e historicamente comprobamos como a interrelación entre ambas comunidades locais foron de sempre intensas. A posición periférica de ambas cidades favoreceu que as directrices gobernamentais, emanadas das capitais do Estado, chegasen ata estas ribeiras cunha reducida efectividade. Di o historiador Carlos Barros que esta fronteira mantivo un caracter medieval, non tanto pola súa conformación no século XIII, senón porque sempre conservou unha mobilidade social, ...