Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Camilo Bargiela

Unha cita unamuniana sobre Tui (II)

A publicación o pasado martes dun texto de Miguel de Unamuno sobre unha visita á nosa cidade e a súa contextualización ten suscitado un interese maior do esperado e varios amigos e lectores de Tudensia me facilitan diversos comentarios que enriquecen aquela primeira achega “unamuniana”. Miguel de Unamuno. Estampa anagramática do ilustrador tudense Rafael García Sánchez En primeiro lugar, Álvaro Álvarez Caramés me envía unha interesante crónica do correspondente en Tui do xornal de Pontevedra “El Progreso” que non é outro que o médico Darío Álvarez Limeses, quen describe na súa crónica con todo detalle a estadía en Tui de Miguel de Unamuno. Unha pequena alfaia xornalística que ofrecemos aos nosos lectores:   De la provincia Tuy D. Miguel de Unamuno Ayer a las nueve de la noche recibí un telegrama de D. Isidro Buceta anunciándome la llegada de D. Miguel de Unamuno a esta ciudad y pidiéndome que en nombre de la Sociedad Recreo de Artesanos de esa capital saludase al ilustr...

Camilo Bargiela e Valle Inclán, por Valentín Paz Andrade

A figura de Camilo Bargiela xa foi abordada en Tudensia co gallo da edición do seu libro “Luciérnagas” que conta cun esplendido estudo introdutorio de Emilio Gavilanes que nos ofrecía, por vez primeira, unha achega á sua traxectoria vital e literaria e que posibilita que comezamos a coñecer a súa figura literaria integrada no que vimos en denominar “xeneración do 98”. A estravagante vida de Bargiela nos seus anos de estadia en Madrid compartindo tertulias, vivencias e escritos cunha longa nómina de escritores que participaban da efervescencia literaria daqueles anos, é a principal referencia do escritor tudense. Para sobrevivir naquel Madrid finisecular Bargiela realizou numerosos traballos de tradución de obras principalmente do francés, de adaptación de libretos para obras de teatro ou de vodevil.. De tal xeito que Azorin chega a escribir referíndose á actividade de Camilo Bargiela: “¿Existe concomitancia entre Galicia e Irlanda? ¿Es el humor galaico hermano del humor irlandés?"...