Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2021

Alberto Estévez Piña, unha lembranza

  O pasado mércores, 27 de xaneiro, na tardiña recibía a noticia, inesperada, do falecemento de Alberto Estévez Piña. Unha triste nova coñecida, por eses azares inexplicables, xusto diante da igrexa de San Domingos, á beira da súa casa familiar, no barrio homónimo a quen tamén eu estou ligado por proximidade e vivencias. Dende Tudensia, que como sinala o seu subtitulo está dedicado a ofrecer “ Notas e noticias sobre Tui e os tudenses ”, cómpre lembrar a Alberto pola súa abondosa achega, ao longo de tantas décadas, á vida tudense, onde ten sido un constante animador de múltiples iniciativas, unha prodixiosa memoria sobre a vida de Tui e os tudenses, un espléndido conversador sobre a nosa cidade, pois sabía adornar cunha elocuencia, ás veces case cunqueiriana, calquera detalle da nosa existencia colectiva... unha bagaxe que se plasmaría no seu anunciado libro sobre o chamado crime do “Mosca”, na Sombraboa. Non pretendo facer unha biografía de Alberto Estévez Piña (1937-2021) nada máis

Non deixemos de "cantalos Reises"!

Este blog dedicado a temas relacionados co territorio tudense non quere deixar pasar estas datas de final do ciclo do Nadal, coa festividade da Epifanía ou dos Reis Magos, sen lembrar nunha nova oportunidade unha alongada tradición, de grande presenza hai décadas nas parroquias tudenses, e da que paseniñamente imos perdendo á memoria. Na actualidade, as cabalgatas son a principal manifestación da celebración dos Reis,   pero estes desfiles son un costume moderno e burgués implantado ao longo do século XX nas cidades e vilas e que hoxe está consolidado como a principal expresión popular desta festividade chea de luz e ilusión. Rondalla de Malvas, 1969. Tomada do libro "Memorias dun pobo Santiago de Malvas e as súas xentes" de Raimundo Martínez Tradicionalmente a principal manifestación festiva na cultura tradicional nesta xornada eran os cantos de reis que forman parte dun ciclo festivo máis amplo. Adoitaba ser habitual nas festas do Nadal ir cantar polas casas do barrio ou