Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2023

A presencia en Tui do peregrino Gian Lorenzo Buonafede Vanti en 1717

A literatura odepórica, sobre viaxes, é unha das principais fontes que posúen os historiadores para documentar a historia das peregrinacións a Santiago de Compostela ao longo dos séculos. Estes relatos ademais do interese que posúen polas impresións que os diversos autores recollen da propia peregrinación, das súas motivacións asi como das cidades e lugares que percorren, teñen o valor substancial recoller as rutas ou camiños que os peregrinos percorrían no seu itinerario ata a Catedral de Santiago de Compostela. Xunto a documentación histórica, procedente especialmente dos rexistros dos hospitais de pobres e peregrinos, estes relatos son elementos básicos para documentar a historicidade das rutas xacobeas. Recollemos hoxe un novo relato datado nos inicios do século XVIII, que corresponde a Buonafede Vanti, frade franciscano do convento de Castel San Pietro, provincia de Bolonia. Peregrinou a Santiago de Compostela no Ano Santo de 1717 e deixou un relato da súa peregrinación, o V