Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Foros

VIII kalendas aprili (24 de marzo): 850 anos dos privilexios á cidade de Tui por Fernando II

Este 24 de marzo cúmprese o 850 aniversario dun acontecemento histórico de gran relevancia para a historia de Tui. Nesa data, VIIII kalendas aprili Era MCCVIII , o rei Fernando II estando na nosa cidade concédelle á cidade de Tui e aos seus habitantes diversos privilexios e reordena o espazo territorial da cidade, unha decisión que marcou o devir da nosa cidade para sempre. Fernando II e Urraca (Tombo de Toxos Outos) O proceso de independencia do reino de Portugal afecta directamente a nosa cidade que entra nos obxectivos estratéxicos do reino galaico-leonés e do nacente reino portugués. Estes enfrontamentos entre os reis galego-leoneses e os condes portucalenses nos primeiros anos do século XII e as conseguintes invasión do territorio tudense polas tropas portuguesas temos de consideralos dentro do proceso de independencia do condado portucalanse: invasión de Tereixa en 1121 (ao ano seguinte o seu fillo Afonso Henriques, futuro rei portugués, será armado cabaleiro na nosa ...

O 850 ANIVERSARIO DO ANO 1170: un fito da historia tudense, unha oportunidade para repensármonos

A historia de Tui posúe na súa alongada traxectoria algunhas datas especialmente significativas e que conforman os principais fitos da nosa andaina colectiva que cómpre lembrar e sinalar no noso calendario. Fernando II. Tumbo A da Catedral de Santiago O ano 1170 é unha desas datas. Nos principios daquel ano o rei de Galicia e León, Fernando II, concede á cidade de Tui unha carta foral e establece o seu “traslado” da súa poboación dende as chairas de Santa Eufemia e San Bartolomeu ata o alto do outeiro onde xa se asentaba  a cidade, que amplia e ordena amurallar. Certamente podemos afirmar que esta data de 1170 é un dos momentos fundantes da cidade de Tui, da súa configuración que chega ata os nosos días. En datas futuras analizaremos polo miudo, dende este blogue, o contido dese momento histórico, da súa relevancia e significación. Apuntaremos hoxe varias notas que sirvan de contextualización e introdución aos acontecemento que vive Tui naquel 1170. Cabe lembrar que n...