Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Juan Aznar

Tui na revista "Nós"

  Galicia está a conmemorar o centenario da fundación, na cidade de Ourense, da revista “Nós” e, por extensión, da denominada xeración ou grupo Nós. Un feixe de creadores e dinamizadores da vida cultural, social e política de Galicia entre 1920 e 1936. Vicente Risco (1884-1963), Ramón Otero Pedrayo (1888-1976), Antón Losada Diéguez (1884-1929), Florentino López Cuevillas (1896-1958), Ramón Cabanillas (1876-195) e Castelao (1886-1950) son algún dos nomes máis relevantes da historia da cultura galega e os principais representantes deste grupo. En xuño de 1920 unha xuntanza deste fato de intelectuais realizada no Café Méndez Vigo, de Pontevedra, foi o xerme dun fito histórico e cultural en Galicia: o nacemento da revista Nós, o 30 de outubro dese mesmo ano na cidade de Ourense, verdadeira cerna deste grupo. A revista será impresa en Pontevedra dende 1923, ata que no número 18, coa ditadura de Primo de Rivera, suspéndese a publicación. En 1925 volvería á imprenta na Coruña e logo en ...

Francisco Sánchez, en galego na revista "Nós" en 1922

O 30 de outubro de 1920 sae do prelo o primeiro número da revista “ Nós: Boletín mensual da cultura galega, órgao da Sociedade Galega de Pubricación Nós ” e como sinala nas súas primeiras verbas: Pra ledicia de todos e para enseño de moitos”. A revista “Nós” comeza a súa andaina editada en Ourense, nos seus primeiros quince números, para continuar logo por imprentas de Pontevedra, A Coruña e, finalmente, na imprenta de Anxel Casal en Santiago de Compostela onde será editado o último número pouco antes da sublevación militar do 18 de xullo de 1936, non chegándose a distribuír ao ser queimados os exemplares (agás dous) xunto coa imprenta de Anxel Casal polos sublevados. Pero a revista mantivo sempre como lugar de procedencia e sede a cidade de Ourense. A revista “Nós” ten unha singular importancia para a cultura de Galicia. Os primeiros responsábeis de Nós foron: Vicente Risco, director; Arturo Noguerol, xerente; Xabier Prado “Lameiro”, redactor xefe; Xulio Gallego, secretario de red...