Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Agustín Rodríguez Vaamonde

Parlamentarios tudenses (II): a egrexia figura de Agustín Rodríguez Vaamonde

Reincorporado ao poder Fernando VII anulou as Cortes de Cádiz e a súa obra lexislativa e restaurou o absolutismo, en maio de 1814. Tras o pronunciamento de Riego en Galicia no mes de febreiro de 1820 se suman as diversas cidades e vilas, abrindose o coñecido como trienio liberal (1820-1823). A vida política tudense neste período resulta certamente convulsa, reproducindo o forte enfrontamento entre liberais e absolutistas que existía en toda España. Semanario Pintoresco Español, 1847 En Tui ao coñecerse o levantamento de 1820 créase unha Xunta absolutista presidida polo coronel Marcó del Pont, furibundo defensor do absolutismo, pero a chegada dun destacamento procedente de Vigo fai fuxir a Marcó del Pont co seu pequeno grupo militar o 27 de febreiro de 1820. Curiosamente en Tui a oposición ao réxime liberal non estará encabezada polo bispo, Juan García Benito, que adopta unha actitude moderada e que mesmo afirma nunha pastoral que “ defender la Constitución no es ponerse cont...

Parlamentarios tudenses (I): entre absolutistas e liberais

A cidade de Tui pola súa condición de capital de provincia, ata 1853, pola súa posición como sede episcopal, e como cidade que contaba cunha burguesía acomodada e un conxunto de funcionarios públicos será, perante numerosos anos, un fornecedor de parlamentarios que representarán a este distrito ou outros e que amosan as diversas circunstancias políticas polas que transitou o noso país a longo do século XIX. Vista de Tui de George Vivian, 1838 A relación que hoxe ofrecemos non é, dende logo, completa e baseámola na consulta de diversas fontes documentais e bibliográficas co que, de seguro, haberá omisións e valeiros. Coa invasión francesa iniciase o século XIX; diante da falta de poder se constitúe unha Xunta Provincial contra os invasores, que envía un represente a Xunta Superior do Reino de Galicia, con representantes das sete provincias, creada o 5 de xuño de 1808, na que a cidade tudense estaba representada por Manuel María Avalle . Aínda que evidentemente non era un...

Parlamentarios tudenses nas Cortes de Cadiz (e II): Agustín Rodríguez Vaamonde

A celebración ao longo deste ano do Bicentenario da proclamación da Constitución de 1812 ten contribuído a recuperar a memoria deste importante acontecemento e dos parlamentarios que teñen participado na elaboración da primeira constitución liberal española. Entre os parlamentarios que representan a Galicia destaca a activa participación do avogado tudense Agustín Rodríguez Bahamonde. Nace en Ponteareas sendo bautizado na súa parroquial o 10 de xuño de 1769, fillo de Don Agustín Rodríguez, cunhas orixes familiares en Valeixe, e de Dona Luisa Vaamonde, cuxos pais eran oriúndos de Santa María de Xermar (Cospeito – Lugo). Aínda que carecemos de noticias sobre a situación social da familia, esta debia ter recursos dabondo para enviar ao seu fillo a estudar tres anos de Filosofía no convento franciscano de San Antonio en Tui (1786-1788) e logo cursar Leis e Cánones na Universidade de Santiago de Compostela. Recibe o grao en Leis o 11 de xuño de 1791 “precedido para ello el riguroso examen...