Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Antonio Hernández Matias

Lembranza de D. Antonio Hernández Matias

Hoxe me van a permitir os lectores deste blog que dedique unha lembranza emocionada a D. Antonio Hernández Matias, presbítero, que acaba de finar en Vigo logo dunha dilatada e fecunda vida. Como publica na necrolóxica da diocese de Tui-Vigo, “hizo de todo y se deshizo en todo”, quen quere coñecer a súa traxectoria pode achegarse a este enlace: https://www.diocesetuivigo.org/ha-fallecido-mons-antonio-hernandez-matias/ . Non é a miña intención facer unha semblanza de D. Antonio pois nin me corresponde nin estou capacitado para resumir unha ampla personalidade e traxectoria de tantas décadas ao servizo da diocese dende un traballo constante coa súa modestia, sobriedade e discreción. Quería dedicarlle unha liñas a D. Antonio pola relación persoal que mantiven con él, dende que alá polo ano 1987 fun contratado como “persoal en práctica” no Museo Diocesano e Catedralicio de Tui, comezando desta forma a miña vida laboral. Naquel momento D. Antonio Hernández Matias ocupaba pro...