Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como musica

Unha nota sobre a música na Catedral de Tui

Fagot e obóe no Museo Catedralicio de Tui Neste mes de descanso as festas populares enchen as parroquias de Galicia e tamén na nosa bisbarra son numerosos os festexos que reúnen a veciños e visitantes arredor de romarías de grande sona. Pero a cidade de Tui celebra a festividade da Asunción de Nosa Señora, advocación que da nome a nosa Catedral, sen que esta festividade posua relevancia algunha. Recurrimos ao egrexio historiador tudense Manuel Fernández-Valdés Costas que na súa sección do “Calendario folklórico” do Boletín do Centro de Iniciativas e Turismo de Tui de agosto de 1961 publicaba o texto que de seguido reproducimos. O seu maior interese é rememorar unha vella tradición musical da nosa Catedral coa que se conmemoraba esta festividade: La fiesta de la Asunción El día 15 de agosto celebra la Iglesia la Asunción de Nuestra Señora que es la excelsa patrona de la Catedral de Tui. Al romper el día, la orquesta de Capilla, desde los pico (almenas) de la Catedral tocaba un him...