Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Bombeiros Voluntarios

O Bombeiros Voluntarios de Tui

Ao longo deste ano 2019 os Bombeiros Voluntarios de Valença celebran o centenario da súa creación e o Concello de Tui, xunto ao Confraría de San Telmo, se teñen sumado a esta efeméride con senllos actos de recoñecemento o pasado novembro. Casco dos "Bombeiros de Tui" no Museo do Bombeiro de Valença Os bombeiros valencianos están intimamente ligados á memoria  colectiva dos tudenses que atoparon sempre neste corpo o auxilio preciso, superando as fronteiras administrativas e patentizando a perenne interrelación que existe entre valencianos e tudenses. Xa no ano 1934 a Liga de Amigos de Tui, que impulsaba Rosendo Troncoso, homenaxeou aos bombeiros de Valença polos “abnegados” servizos prestados. Trinta anos despois, en 1964, a homenaxe é máis ampla ao proceder dos concellos de Tui, O Porriño, Oia, Salceda de Caselas, Tomiño e O Rosal que xuntamente coas cidades de Vigo e Pontevedra expresan a súa gratitude e admiración polos altruístas bombeiros de Valença. Finalme...